11 feb 2007

OLEGUER XXIII "EL SABIO". BREVE INTRODUCCIÓN Á SÚA OBRA POÉTICA E FILOSÓFICA. polo xogador de chica


Non fai falta recordar que o Barça é indiscutibelmente “mès que un club”, e que na fábrica da Masía preocúpanse, ademáis de pola formación futbolística dos rapaces, igualmente pola educación persoal das futuras estrelas do plantel blaugrana. Sen embargo, esta doble misión está a acadar un éxito sen precedentes coa figura de Oleguer Presas. Este individuo, ademáis de ter un pelasso espectacular que recorda a Doríforo, vale para un roto e para un descosido; capaz de “secar” a Cassano (coma calquera persoa que non teña o torresmo como alimento base da dieta), non se queda ahí, senón que é capaz tamén de formular principios filosóficos indiscutibles, e de regalarnos algúns dos pasaxes máis belos da Historia da Literatura Universal (inalcanzábeis ata para o gran Tresillo). O home que comparou a andaina dos pupilos de Rijkaard cara a Intercontinental coa peregrinación de Ulises cara Ítaca, segue a sorprendernos con novas citas autenticamente revoluconarias dentro do pensamento mundial. Por certo, lástima que o noso heroe non poidese conseguir o títolo, sendo derrotado polo poderoso Cíclope de terribel alento a caipirinha. Outra vez será. Volvendo á cuestión, quen ousa fixarse na beleza insulsa de Deivid XXIII “el Guapo” (que nestes días resurxe cual Cid ou Ave Fénix), podendo admirar o atractivo espartano e extraordinaria materia gris do defensor catalán...? Nin aguanta comparación!!! A súa evolución segue a sorprendernos; da literatura intimista dos seus inicios, o central blaugrana pasou recentemente á literatura “protesta”, "de combate", vindo máis ou menos a declarar que o etarra De Juana Chaos é un mártir da causa revoluconaria, e que o sistema xudicial espaÑol é absolutamente duro, oscuro e excesivamente rigoroso (encarcelar a alguén por matar xente, pero se só ten un cariño “criminal” pola súa nacóm... a ver, que clase de delito é ese? Fai o que faría calquer bo patriota...). Ai, cando teremos aquí algún coma el!? Tarasido??? En fin... É simplemente unha das moitas perlas que nos deixou este elemento, un fora de serie capaz das comparacións máis imaxinativas: por exemplo, comparar os goles de Etoo que deron o campionato de Liga ós barcelonistas, cos tanques dunha futura e hipotética consecución da independencia catalana (¡!!¿¿¿???); ou calificar o asasinato de Carrero Blanco como "un concurso de salto de altura". Brillante!!! Finalmente, a marca deportiva Kelme acabou por retirarlle o patrocinio ó xogador-pensador en base ás súas polémicas declaracións sobre o problema vasco; pobres ilusos!!! Non saben que Oleguer é un home de esquerdas e os millóns tíranlle do pipí??? É un tipo totalmente á marxe do noso vomitivo mundo consumista!!! Simplemente, seguen dando pé para que o noso gurú espiritual siga alumbrándonos acerca da imbecilidade humana.

Dende aquí propoño unha candidatura ó Nobel deste xenio polas súas “Obras Completas: Como mear fuera de tiesto y otros cuentos” (en catalán, claro). (Por certo, outra posible candidatura é a de Lilian Thuram pola súa obra “Hay que cambiar el mundo pero sin tocar mis 400 millones de nómina.” Ou tamén emerxe con forza a do madridista Guti. H, autor da inolvidabel “Estamos con los parados gallegos a los que les ha afectado... la movida esta” –referíndose ó Prestige; xa está a punto de chegar a súa continuación, “No sé leer ni un comunicado”).

En todo caso, que sepades que o "Camí d´ Ítaca" do gran Oleguer está xa á venda! Todos ó asalto das librerías!!!

3 comentarios:

que_me_importa_a_min dijo...

Pode que teñas moita razón en todo o que dís. En canto ao contido do que este "furgolista" mediocre poida expresar nos seus artigos, libros e discursos. Aínda que non lin nada do que expresou, os titulares do mesmo son, cando menos que, lamentables. Agora ben, a min paréceme xenial que calquera futbolista ou deportista en xeral exerza plenamente a "liberdade de expresión" (co alcance e límites inherentes á mesma) por moi incongruente, contradictorio ou absurdo que sexa o contido do expresado. E é que un xa está farto de que certos personaxes da vida pública (os deportistas sono) silencien as súas opinións ou mesmo condicións (sexuais por exemplo) por motivos de imaxe (a súa ou a do club) ou por motivos de censura da empresa á que se deben (máis grave se cabe). Eu creo que calquera manifestación da liberdade de expresión nun eido tan cerrado coma este e síntoma de "boa saúde democrática"...agora ben, tamén son obxecto de dura crítica coma a que ti exercitas en clave sarcástica.
Seguramente, estou certo, de que ti opinas o mesmo. Pero o lamentable é que como consecuencia aos feitos que ti describes, certos medios de comunicación (de un e outro lado) puxeron o "grito no ceo" non sobre o contido do que dixo, senón do feito mesmo de dicilo ou escribilo. Creo, neste caso, que Laporta soubo saír ben do tema, recoñecendo que todo "membro" do clube ten dereito a expresar libremente as súas opinións políticas e que a institución non está en poder de censurar ningún tipo do comentario, excepto, claro está, naquelo que afecte a órbita dos intereses do propio clube, que de xeito estricto, non poden ser outros que os meramente deportivos. Penso que estamos demasiado acostumados ao "borreguismo" do deportista e esto consitue unha xeneralización inxusta; pois cabe recordar que tamén neste mundo hai personas con opinións e condicións moi diversas que teñen cabida no mundo que vivimos, sexan dignas de eloxio ou obxecto de crítica. De xeito que creo que opinións lamentables como esta poden ser expresadas por Oleguer ou por Ibarretxe, de igual xeito que as de Salva Ballesta poden ser expresadas tamén por Inestrillas.

Un Saudo Revoluconario...TRESILLO

Anónimo dijo...

Tes razón en case todo, Tresillo.
Paréceme ben que calquera personaxe público aproveite os micrófonos para dar opinións. Fomentar o debate é sano e o dereito á expresión é tan lícito para un albañil como para un futbolista; e tes razón en que por desgracia predomina o "borreguismo".

Agora ben, se o champion este di cousas susceptibles de crítica, entonces non hai que quedar calado. E se reinterpreta a historia como lle dá a gana (en clave naconalista, máis ben) para presentar unha CataluNYa víctima de tódolos males of the world, ou fala do asesino este como un mártir do estado centralista, e aínda por riba fai negocio con iso (ese estupendo libro), pois leeeeeeeeeña!!! Eu non lle critico o seu dereito a expresarse; critico as mamonadas que dice!!!

Por outra parte (e esta opinión quizáis sexa máis discutible), creo que vivindo nun iate en Miami ou indo a restaurantes de 500 euros/plato, como seguro que van xogadores do Barça ou Madrid (e nin pagan), un ten que ter coidado co que fala... Non lles nego a esta xente o dereito a expresarse; nin falo de que lles falte formación. Pero vivindo esas vidas, é bastante fácil que podas perder un pouquiño a perspectiva. É o caso de Alejandrito Sanz, que falaba polos codos de política española desde a súa mansión nos Unait Steits, emitindo uns xuízos ben pouco realistas, ou de Guti cando quixo quedar ben cos afectados da marea negra do Prestige e nin sequera recordaba o nome do chalano das narices. Vive esa xente nun mundo á parte (que diría Hotman)??? A isto me refería cando falaba do propio Guti ou de Thuram, non a Oleguer, que aínda non é unha estrela.

Poder expresarse é un dereito fundamental; agora ben, cando un emite un xuízo, ten que ter un pouco de coidado co que di; máis se cabe se es unha persoa con proxección social e podes crear opinión. Que lle pregunten a Fede, que en menos de nada móntanos unha Guerra Civil.

Anónimo dijo...

Rapaces, nesta ocasión e sen que sirva de precedente, estou dacordo en todo.
Tan só quería propoñer un novo personaxe para esa lista de intelectuais dos que se falou. Este sería o ilustrísimo Raúl Bravo. Non me lembro agora das súas declaracións exactas... pero ten tela o chaval. Faille un seguemento Xogador de chica.