5 feb 2007

PORQUE FORON SUPERFUERTES. xogador de chica


Gracias polo turno de réplica, meu ben prezado Arroz con Pito. Como se quera igualar a túa categoría é complicado (que temazo de David Hasselhoff, canta erudición musical!!!), decidín que debía recurrir ós máis grandes... Porque que non se recoñeza a este pilar imprescindible da música espaÑola dos 80-90 que foi Platón... é sintomático do estado das cousas no panorama artístico actual do Estado rancio e centralista!!!

Como non darse conta da súa excelencia; dos seus marabillosos pelasos (rubio e moreno, como vedes, tódolos cabos ben atados, nada improvisado), dos seus nomes especialmente elixidos para a gloria (Michelle e Chuxxxxs)... Como non apreciar o inalcanzable son, a extraordinaria posta en escena (tocar a guitarra, cantar e peinarse ó mesmo tempo), a calidade das letras superprofundas (claras implicacións filosóficas dende o nome...)
Como este é o país no que os xenios son reconocidos só cando morren, os nosos heroes decidiron logo de apagarse a chama do seu éxito “Mira que has hecho de mi vida”, marchar a México buscando o calor e aplausos que sen dúbida merecían. E ahí optaron (coma outros artistazos indiscutibles, como Viceversa ou Locomía)... por reinventarse!!! E, como se nada, pasaron do pop para quinceañeras ó chunda chunda para a discoteca “Casting Araguaney”!!! Só os músicos dun calibre fora de serie poden presumir de tal variedade de recursos. E desta nova etapa de dance exquisito saquei este pedazo de single, que se titula “Siempre serás tú.” O fácil sería presentar ese temazo que é “Mira que has hecho de mi vida” (do seu disco “Locura sin partitura”), pero como son fan total e coñezo o seu inigualable repertorio, optei por esta canción.

Que dicir do vídeo... literalmente, mete medo. Para non perderse nin un segundo da súa calidade suprema, revelo algunhas claves para disfrutar mellor desta obra de arte:

00:56. Impagable Chuxxxs peinándose mentres toca a guitarra (isto é un dicir), e Michelle atrona coa súa voz e señálate... a ti!!!
00:58. Marabilloso xogo de voces dos nosos superguapísimos co verso inesquecíbel de “Tú, distinta, tú...”.
01:20. Aiiiiiiiii... Que sonrisas!!! Es que me da un yuyu.
01:52. Primeiro plano extraordinario dos nosos chicos favoritos.
01:59. Que voces, que interpretación, que miradas penetrantes...
02:18. Emocionante persecución de Chuxxxs e Michelle a unha chorbi tremebunda a bordo dunhas poderosas motazas.
02:52. O Dúo desátase e empeza a darlle á cacha... O que faltaba, encima bailan ben.
03:24. Inolvidábel falsete de Chuxxxs.
04:11. Un final estremecedor, criminaaaal; péinanse de novo, volven a señalarte... Im-presionante.


http://www.youtube.com/watch?v=vIeZrYNTMLM


Bueno, ahí o deixo; espero que disfrutedes de tan magno talento... un saúdo, melómanos e melómanas do “A mí que me importa, membrillo!!!”

5 comentarios:

Anónimo dijo...

Xogador de Chica, ahora me explico o teu coidado pelasso imitando os teus ídolos de infancia. Lástima que as chorbis non sepan apreciar o teu estilazo coma fai a que aparece no video, por certo que está criminal. Elas so perden.
A este ritmo, xa logo podemos sacar un recopilatorio para o verán: "Du yu rimenber dis" e facernos douro.

¡¡Impresionante!!

CHINOSUKE

que_me_importa_a_min dijo...

En duas palabras ¡¡im prezionante!.E decir que non habia en España xente que encandilara a quinceañeras ata a chegada de Enriquito Iglesias ou o Superbisbi,con estes dous elementos xa terian as bragas na cabeza!
Cando veremos a hotmen con eses pelasos e esa sonrrisa cantando por bulerias e poñendo as picaras o borde dun ataque orgasmico!.
Teño que baixar o disco que necesito desta musicaaaaaaaa!jejejejejejejejej!

O HIPER

que_me_importa_a_min dijo...

Inco a rodilla ante tal lección de música, grupos coma platon son os que fan falta agora mismo no noso panorama musical, por eso desde aqui quero facer a proposta de reinventar os platon pero reencarnados en vinteañeros, perfectamente poderían ser xogador de chica e tresillo, con esos pelasos, e ir de pabellon en pabellon, ou de festa de pobo en festa, cantandonos e contandonos historias de amor e desamor vividas e por vivir, chegandonos a ialma hasta que nos caia o lagrimon e saquemos o chisqueiro uns e as bragas outras e enchendolles o escenario de peluches, sostens e derivados, así que desde aqui animovos a introducirvos nese mundillo.
Xogador de chica de verdad unha lección de música maxistral.
Arroz con pito al escondite

que_me_importa_a_min dijo...

Outra gran aportación a cultura musical do final dos oitenta e comezos dos noventa foron os magníficos LOCOMÍA. Que dicir deses pelasos, desas hombreras imposíbels, deses traxes imberosímeles con chorreras e eses zapatos de puro design que nin os "Manolos" máis caros...a música é o de menos, porque a eternidade do grupo expraiarase máis alá de todo tempo...os Abanicos e o seu movemento no ar e toda unha expresión de vangarda; en calquera caso, esos graves son dignos de Barry White cos collos apretados por unha pinza e as letras...en fin, Para mostra un botón:

Locomía:
http://www.youtube.com/watch?v=GUAO7OaGKxU

Masama Mambo:
http://www.youtube.com/watch?v=DyWA1GcDz9s

Locovox:
http://www.youtube.com/watch?v=L4UJulqwSCs

Obsesiva:
http://www.youtube.com/watch?v=HlLgNIPqL-w

Pero non vos perdades estas:

http://www.youtube.com/watch?v=l4zEcuxZ8-o

http://www.youtube.com/watch?v=jryVeVTPZe0


Tresillo

Anónimo dijo...

Pois si foron moi fuertes, pero quiza habia que añadir algo. Quizais moitos non vos lembredes pero ahi vai un apuntamento.

Corría o ano 1983, por aquel entón parchis comezaba a decaer, desmembrándose pouco a pouco con cambios de membros, cando despois de desaparecer Tino (ficha vermella) e David (ficha Branca ou dado, estes vense sustituidos polos aclamados ídolos de xogador de chica, si eles mesmos.

Chus. Jesús Gómez Cambronero. Madrid, 14 de maio de 1969. A nova ficha vermella.
Michel. Miguel Angel Gómez Cambronero. Hamburgo (Alemania), 8 de septembro de 1966. A nova ficha Branca ou dado.

Dicir ademáis que no banquillo como suplente tiñan nin mais nin menos que ó líder de heroes del Silencio. Ahora pódese entender o desequilibrio mental de donde ven.

Bueno, ahi vos deixo un video donde Chuss e Michel xa revelaban maneiras:

http://www.youtube.com/watch?v=bKjb9Bg8FX0

Esto si que é do máis Bizarre.

un saúdo a todos e a ver cando me toca ir porahi.