10 feb 2007

JOSEPH MARY by Doríforo-perfect body-


Señores e señoras,amigos e amigas,seres deste entolecido mundo ,compañeiros de viaxe por esas oscuras e estreitas congostras ,téñovos que confesar un segredo...Tou acoxonado,petrificado,estupefacto, en fin ,que teño os huevecillos e o pipi como se acabara de sair de darme un baño en Cubelas.O POR QUÉ!?a actitude dos meus amigos do PP,dos seus ultras e dos seus medios de difusión plurais e de centro.

Dende que perderan as eleccións lexítimamente (esas que non acaban de aceptar como tal, e si, coma un golpe de Estado levado a cabo polo PSOE e os etarras)non fan máis que levar unha artimaña política sucia ,de verdades a medias,de mentiras absolutas, de crispación continua,co único fin de recuperar o poder.De recuperar ese trono que deslexitimamente lles foi arrebatado polos rojos e independentistas...lamentábel.

Convencidos desa estratexia politica, de descalificacións continuas,maniféstanse continuamente afirmando cousas como... ,que si se está traicionanando ás víctimas de E.T.A ,que si o Estatut é anticonstitucional e divide a esta a nosa ESPAÑA;UNA,GRANDE Y LIBRE!!!COOOÑOOO!!(Cando non tiveron problema en aprobar outros Estatutos similares...véxase Andalucía),que si Zapatero non fai nada pa que non entren unhos negriños que prefiren perder a vida a vivir no seu pais...etcétera,etcétera..Supoño que xa sabedes a que tipo de manifestacións me refiro.

Pero,sen dúbida o que máis me indigna,máis que Acebes,o home das duas líneas de investigación,ou que SOLARIUM MAN,salgan día tras día esbardalla que te esbardalla,foron as últimas declaracios do home que queda con Bush pa falar con Deus.

Este elemento,nos últimos días declarou un par de cousas que me encabronaron tremendamente.
1ª-Este home co seu pelassso,comentou que nos tiñamos todos que manifestar na calle contra aqueles que sucumben ante os terroristas e se poñen a negociar con eles, en clara alusión ó goberno actual.Eu aboio!!!pero si era este mesmo home ,cun pelasso máis recatado, eso si,,o que dicia que autorizara os contactos co..MOVEMENTO VASCO DE LIBERACIÓN...que xeta....

2ª-Fai uns días nunha reunión cos seus fanáticos ultras,en Pozuelo,chegou a dicir,cun movemento de gafas e pelassso,propio dun artista,que resulta que el tiña a desgracia de non ser tan listo pa saber que Irak non tiña armas de destrucción masiva.Que caradura!!!.
Non vou facer ningún comentario,porque pouco hai que dicir,só me vou apropiar das palabras do coordinador de I.U. ,o señor LLamazares ;"Dios nos libre de estes gobernantes".

17 comentarios:

Anónimo dijo...

Si señor, Doríforo!!! JoseMari é moito. Este home representa perfectamente a nosa filosofía "quemeimportaamin";
que me importa a mín que non haxa armas de destrucción masiva? que me importa a mín que haxa manifestacións multitudinarias contra a guerra? que me importa a min que os borrachuzas dos estudiantes non queiran a L.O.U.? que me importa a min o que diga a xente se o do Prestige son catro "hilillos"...? que me importan a min os obreiros tras tanta privatización? que me importa a min o fundamento da democracia?

Porque, como di a grande ranchera de José Alfredo, su palabra es la ley!!! e é, como diría o recentemente premiado humorista... perdón, periodista, da cadena COPE, o noso amigo Fede:

ES EL MEJOR GOBERNANTE DE LA HISTORIA DE ESPAÑA... e punto!


P.D. e saíndo do tema. Amarillo S., parece mentira en ti que un especialista do porno do teu calibre non fixera referencia á morte de Ana Belén... Ana Michelle ... Ana Nicole... a das boias.

Anónimo dijo...

ANDA! PERO SE ZAPATERO TAMÉN SEGUE A VOSA FILOSOFÍA!
QUE ME IMPORTA A MIN SE O 11M FOI UN ACCIDENTE...

que_me_importa_a_min dijo...

Querido anónimo sen pelotas para poñer o nome...está claro que hai indicios de sobra para atribuirlle o atentado do 11-M a unha superconspiración xudeo-masónica entre zapatitos, os moros de merda, os franchutes e ETA...pois como dixo Piter Jei no diario no in-MUNDO: ¿como se xustifica que na fragoneta renol cangú aparecera unha cinta dos Chichos ao par que a dos versos coránicos? (pobra irrefutable, os moros non escoitan aos chichos senón a Hakim, o Manolo Escobar moro...os chicos forman parte da cultura abertzale), ou ¿como se xustifica o ácido bórico, matarratas que mezclado con Jonhy Walker é un explosivo creminal?...todas estas cuestións e algunhas máis deben darnos a clave de que Ansar é unha víctima dos fillos de p...dos rojos de merda, da morería (non lles chegou coa conquista) e dos vascorras de mer..Menos mal que nos queda Pedro Jei, Ximénez Los Saint, Caesar Vital e Natxo Villae para abrirnos os ollos; pero a filosofía que me importa a min non é propia da COPE senón máis ben dos TITIRITEROS borrachos culturetas idólatras de ZP, KIN BALL GZ, PUIGCERCÓS e o grande filósofo KSAVIER BARDEM...ala, a escoitar las MAÑANAS DE LA COPE.

TRESILLO

Anónimo dijo...

Sen pelotas estou de acordo pero si con dúas tetas moi ben postas.
Era a Pianista

Anónimo dijo...

Pero por que falar de ZP, misterious men??? Xa criticaremos do PSOE o que haxa que criticar. Agora toca darlle brasa a Ansar, entérate, e deféndeo se tes huevos (deberías ter un carro deles para facelo). Nos temos dous, prestámosche un para a causa e outro para poñer un nick.

Veña, dinos que tamén foi para ti...

EL MEJOR GOBERNANTE DE LA HISTORIA DE ESPAAAAAÑÑAAAAA... LE PESE A QUIEN LE PESE, COÑÑOOOO!!!

Anónimo dijo...

Hostia, canto tarda esto en actualizarse, jijiji.

Anónimo dijo...

Pianista: estupefacto me deixas cos teus eruditos comentarios apoiados en razoamentos irrefutables. A melodía que emites é propia dun cortello de frustrados, para que molestarse en rebatirche algo.
Doríforo: o dito o sábado entre zumes de melocotón e red bulls,xa sabes o que opino sobre personalidades deste calibre. Non entendo como alguén que ten unha responsabilidade social tan elevada se permite o luxo de mostrar e defender unha postura tan superficial. Como se se tratara de un feito cotiá que calquer cidadán realiza por fin recoñece que se equivoca, "Ei, tranquis, tan só foi un malentendido eh?, coño, é que mo dixera un colega e deixeme levar". Nin responsabilidades políticas, nin penais, nada. E millóns de anormais seguen levantando pancartas e axitando ridículas bandeiriñas favor dunhas decisins, opinións, de posturas que parten dunha forma de entender as cousas que nos degrada, que saca o máis baixo e chabacano das persoas para non opinar, axudar ou reformar, senón para perseguir o interese propio. Fillo de puta, él e a élite dos seus.

Anónimo dijo...

Simplemente falei de Zapatero porque me deu a santísima gana, váleche? E se non che vale pois é o que hai. Desde un primeiro me momento dixéstedes que aquí cada un poñía o que quería pois non hai nada máis que falar. Por certo, non me fai falta un huevo teu pa poñer un nick porque xa o puxen, pero se non o tivera creo que hai outros mellores que me servirían de algo máis.
A P-I-A-N-I-S-T-A
Enterácheste xa?

Anónimo dijo...

Gracias Pianista, realmente necesitaba que me deletreases o teu artístico nick para enterarme. Cousas da lentitude de internet, cando escribín aínda non me aparecía o teu segundo comentario, co que por fin te identificaches coma a xente. Disculpe as molestias.

Por outro lado, aboio coa túa resposta; así que cada loco con su tema!!! Trátase de rajar a gusto, sen censura, pero dentro dunha lóxica; nos propoñemos tema e vos falades. Vamos a ver se nos entendemos; nos criticamos a Ansar, e a túa resposta é rajar de ZP? Pos vale, pero "que me importa a min ZP"?... e que esta é unha páxina oficial do Partido Socialista? que me pías? Se queres, fai unha entrada de Zapatitos e despáchate a gusto, ó mellor coincidimos contigo...

Polo que vexo sulfúracheste bastante; pero de defender a JoseMari, nada... Sóltate muller, se o que se dixo non che gustou, dinos en que nos equivocamos.

Calar é de cobardes...

que_me_importa_a_min dijo...

De verdade pianista, asómbrame a túa categoría intelectual. A túa retórica e propia das máis altas figuras políticas da historia (o Alcalde de Negreira, Paco el Pocero, Jesús Gil ou mesmo Cachuli). Certo que caes con frecuencia nun barroquismo excesivo á hora de expresar de forma escrita os teus contidos (a metáfora das "tetas ben postas" e o sarcasmo "dos güevos que máis te satisfan" é digno do mellor Quevedo), pero seguro que é de forma intencionada, como dubidar da túa formación "filolóxica".
Só unha pequena crítica, sen ánimo de ofender, por suposto; soes poñer o nick cando se establece un proceso do método mayeutico entre ti e "nós". Eu supoño, con gran consideración hacia ti dende logo, que o fas para xenerar discusión, acelerar e potenciar o coñecemento a través da dialéctica máis crítica. En calquera caso, o feito de saber quen esta detrais de cada disertación sería un enorme estímulo para nós. A miña resposta inicial ao teu magnífico primeiro comentario variaria sustancialmente en tono, modo e contido...xa sabes do meu aprecio intelectual e estético pola túa figura e obra.
De verdade, con toda a sinceridade e xenerosidade que temos compartido nas tertulias máis variopintas, espero que sigas a manifestar as túas ideas desa forma tan convicente, fundamentada e flemática como viñeche facendo ata agora. Este é un foro libre onde a liberdade de expresión dignifícase coa túa participación.

Un saúdo atento,

TRESILLO

que_me_importa_a_min dijo...

Doríforo-perfect body-


Estimada Pianista.En primeiro lugar felicítote ,xa que non te escondes e mostras a túa opinión a multitude de artículos que neste blog se escriben.E é de agradecer, xa que fai que este magnífico invento sexa un pouco máis dinámico e plural e polo tanto máis divertido.E por eso che agradezo de maneira persoal que participes.

En segundo lugar,tamén me gustaría que te animaras a participar mediante artículos propios e non só a través de comentarios a artículos de outros.O anterior tamén o quero extender a outra xente que sei que participa de maneira pasiva,esto é,unicamente vendo os comentarios ou como moito contestando a algún.Creo que unha participación maior, faría que este blog fose máis dinámico e divertido.

Xa por último,estimada Pianista,tamén me gustaría que nas túas opinións te expresases con máis propiedade e convicción,caracteres propios da capacidade intelectual e académica que seguro que tes, pero que creo que non demostras.Esto me permitería polemizar contigo dunha maneira más sana.

unha aperta.(Ansar é un caradura!!)

que_me_importa_a_min dijo...

Doríforo-perfect body-


Estimada Pianista.En primeiro lugar felicítote ,xa que non te escondes e mostras a túa opinión a multitude de artículos que neste blog se escriben.E é de agradecer, xa que fai que este magnífico invento sexa un pouco máis dinámico e plural e polo tanto máis divertido.E por eso che agradezo de maneira persoal que participes.

En segundo lugar,tamén me gustaría que te animaras a participar mediante artículos propios e non só a través de comentarios a artículos de outros.O anterior tamén o quero extender a outra xente que sei que participa de maneira pasiva,esto é,unicamente vendo os comentarios ou como moito contestando a algún.Creo que unha participación maior, faría que este blog fose máis dinámico e divertido.

Xa por último,estimada Pianista,tamén me gustaría que nas túas opinións te expresases con máis propiedade e convicción,caracteres propios da capacidade intelectual e académica que seguro que tes, pero que creo que non demostras.Esto me permitería polemizar contigo dunha maneira más sana.

unha aperta.(Ansar é un caradura!!)

Anónimo dijo...

boas rapaces.

Anónimo dijo...

Pianista: Procura basear os teus comentarios en algo máis que tecido graso mamario. Sen dúbida as túas tetas son argumentos de peso, pero incluso eses enormes obxectos de dominación masculina resultan insuficientes para defender comportamentos tan miserables como os do repulsivo Ansar.

Estou totalmente dacordo co comentario do Metodista. Non se poden tomar tan á lixeira certas decisións, “porque yo lo valgo”. Por culpa deste señor morreron un importante número de persoas, e el contesta cunha sonrisa: E eu que sabía, eu pensei que..... Home por Dios, estes impresentables deberían asumi-las consecuencias das súas decisións. O xusto sería que estivesen no cárcere e non por ahí contando as súas fazañas, intentando atemorizar á xente, e crispando o ambiente político.

Algo que a min tamén me hincha as pelotas de forma soberana é que teñan a pouca vergonza de criticar ó actual goberno por cousas que eles mesmos fixeron e que seguirían facendo se continuaran no poder. ¡A min caeríame a cara de vergonza!
Outro tema que me irrita profundamente é a súa obsesión co do terrorismo. Veña meterlle medo á xente (igualiño que Bush en EE.UU.). Veña con ETA ás voltas. Todo o discurso o basean en esto. Eu creo que están rezando para que ETA non desapareza nunca porque, ¿con que ían vir ladrando entón?

Por último, un tema que me agrada e me preocupa ó mesmo tempo: Quero pensar que coa postura de extrema dereita que estes fascistas están mantendo ultimamente, os seus votantes “de centro” estarán algo asustados e decantaranse por unha opción máis racional. Sendo así probablemente non recuperarán o poder mentras sigan mostrándonos os seus verdadeiros principios (ou ausencia deles). Pero sen embargo, miro as enquisas e resulta que seguen tendo un enorme apoio social. Entón eu pregúntome: ¿Ésta xente sabe realmente o que está apoiando? ¿Comparte un 40 ou un 35 % dos españoles a súa actual ideoloxía de extrema dereita? ¿Fagan o que fagan nunca van baixar entón deste nivel de votantes? ¡¡¡¡¡Póñenseme os pelos de punta!!!!!

PD: ¡¡Ata os collóns da ruptura de España!!

Anónimo dijo...

E aquelo dos " cas que ladran seu rencor polas esquinas" ainda ouveo...

Anónimo dijo...

Iso das ideoloxías está hoxe moi disperso, Faragullix. A xente vota máis que nada candidatos; e os criterios de escolla son que teña carisma, que aparente non ser un ladrón... incluso que sexa guapo!!! A maioría da xente nin le detidamente os periódicos nin atende ós telediarios, nin sequera le os programas dos partidos... e iso que so hai que facelo so cada catro anos!!! Fundamentalmente, a xente non quere que lle tomen o pelo; Ansar fíxoo claramente e iso pasoulle factura (recordemos o punto álxido, aquel "quien niegue que ha sido ETA es un miserable" de Acebes, intres despois do 11-m, horas antes do "bueno, vale, de acuerdo, hay dos líneas de investigación."). Os peperos parecen agora lembrar cal foi a estratexia que os levou ó poder (aquel "Márchese, Sr. González", axudado pola corrupción existente daquela no PSOE); é dicir, crispar, desprestixiar, asustar á poboación, meter cizaña de calquera das maneiras posibles...
Porque saben que hai certos votantes (tanto de dereita coma de esquerda) que non moverán o seu voto; pero que hai outros moitos votantes (e eses deciden eleccións), que están indecisos, que non saben se chove ou quenta o sol. E poñen énfase niso chamándolle a ZP ladrón, terrorista, cexixunto se fai falta. É a súa maneira de reclutar ese electorado. Polo resto, sí, teñen un amplo apoio; porque defenden a Igrexa Católica, porque son o único partido que engloba a nivel estatal á dereita e ó nacionalismo español... e porque hai obreiros que... en fin, eles saberán.
Agora ben, eu non confiaría demasiado nas enquisas, que a cagan demasiado a miúdo; penso -é simplemente unha opinión-, que a están cagando con esa estratexia porque esa masa indecisa está empezando a quedar ata os collóns (ovarios), e que como o PSOE non teña de aquí ás eleccións errores de bulto, vai gobernar de novo. E menos mal!!! Porque sexas socialista, de CiU ou dos verdes, creo que hai unha diferencia clara; agora temos un gobernante que, facéndoo mellor ou peor, nin se encumbra como un Deus nin nos trata de gilipollas a diario. E se estou no certo e os socialistas seguen catro anos máis... que roan!!!


P.D. Isto último non me quedou moi democrático, pero quen da cúpula do PP podería darnos leccións de democracia: Acebes o mentiroso??? JoseMari o déspota??? Tarifaplana o cizañas??? Dona Espe e os seus Tamayos???

Anónimo dijo...

A iso me refería, a que esa masa indecisa que decide as eleccións ten que estar un pouco abraiada coas posturas tan radicais que este grupo político está defendendo nos últimos tempos. A min persoalmente non me parece unha estratexia intelixente pero... que sigan así (a cara descuberta).
Agardemos simplemente que a xente sexa suficientemente intelixente como para darse conta da lamentable actitude que os principais dirixenres deste partido están mantendo, e reciban o seu merecido (polo menos en canto a resultados electorais se refire).

PD: O de sempre para o/a anónimo: Lámbeteeee!!!!