
31 oct 2007
LUMATRON ON LINE...by Cerveciñasfrias

24 oct 2007
Un mes no estranghero==> Sr. Blanco
Xa levo un mes aquí. Un mes sen escoltar berros castróns nin o maldito “oíches”. Nestas liñas tentarei facer unha crónica do que ten sido este mes.
Como todo, o comezo no foi especialmente agradable. Desembarquei na estación de Gante, un pouco desubicado, bueno moito para ser sincero. Chamo á coordinadora para dicirlle que xa estou na estación e resulta que non pode vir a buscarme e por riba non teño residencia ata dentro dunha semana. Collo un taxi e rumbo a un albergue xuvenil, o cal non sei onde está; o taxista é todo vontade pero non consigo facerlle entender a onde quero ir, nin sacando o carné de alberguista; chamada a coordinadora e que lle diga a dirección ó taxista; xa van polo menos 6€ de móbil. Entre conversación sque me recordaban un tanto ó gran Sandino, ubícame o barrio roxo, fundamental en Gante (a día de hoxe aínda non conseguín saber onde está).
O albergue está ben pero a miña habitación é demencial; un japo que non fala e case non fala inglés, e un grego que non lle entendo nada nese inglés ateniense que so consigue comprender o japo; serei eu o raro?.
Tras máis de dous días comendo en McDonald´s a miña cabeza empeza voltarse tola, xa me parece entender ó grego. Na comida dunha desas hamburguesas consigo distinguir a lingua de Cervantes entre tanto Ja, Neen, Dat klpot.....Ahí comezou realmente para min esta aventura erasmus, e sacoume do inferno do albergue. Coñecín a decenas de españois, xa empezo a estar ata o cu, das unha patada a unha pedra e saen corenta españois, pero moita desa xente merece a pena. Por fin, xa tiña “amigos”. Nesa mesma noite estiven ata altas horas interrelacionándome do xeito máis doado; cunha cervexa de por medio. Falando ese castellano con acento neutro (o de la meseta) conseguín gañarme algún reproche; -Tío egque no hablas como si cantaras, todos los gallegos lo hacen- Que lle vamos facer, un que ten don de linguas.
Os días pasaron entre o albergue e as saídas nocturnas (algún que outro papeleo tamén fixen) e por fin botáronme do albergue. Estaba na rúa durante as noites do sábado e do domingo, así que cal mendigo empecei a buscar un aloxamento. Unha alma caritativa (catalana, para que despois digan que son agarrados) deume cama durante esas dúas noites. O día 1 de outubro recibía miña residencia.
Cando recibín as chaves da miña residencia fun directamente a vela. Penso que Ortega Lara estaba en mellores condicións de habitabilidade. Nunca viran un antro tan cheo de merda e ruinoso. Para ir ó baño tiña que pasar por un patio de luces e mollarme todo. E po riba eran 300€/mes. Decidín poñerme a buscar piso pola miña conta; así que estiven 2 días buscando piso en internet e pateando a cidade; co meu inglés de freixulfe conseguín concertar algunhas citas para ver pisos. Pero a sorte deparábame outro destino. No mesmo piso do catalán que me acolleu quedaba unha habitación valeira. Cojonudo.
Agora vivo no centro da cidade, nun edificio que somos 10 personas (8 belgas fantasmas ós que nunca vexo) que compartimos 3 cuartos de baño e 1 cociña. A habitación non é moi grande pero está ben (si queredes vir, vide de 2 en 2 como máximo).
Este mes pasou bastante rápido; conseguín unha bici (nesta cidade é fundamental ter unha bici para moverte, o peor e volver con ela de marcha; aínda non me estroselei pero puco falta) xa teño conta bancaria; falei con matías prats e xa me deu a miña conta naranxa do ING e estou rexistrado como cidadán de Gante (Gantiano, Gantés, ?¿?¿?¿?), xa teño plenos dereitos.
O mes e os cartos fóronse principalmente en saír de martes a sábado; aquí os mércores e os xoves son demenciais; estilo Santiago pero sen entender nada do que che dicen. Teñen centos de clases de cervexas, e todas están riquísimas, ata xa non boto de menos a estrella (xa empezo a blasfemar). A anécdota ca que máis flipei foi con un galego que coñecín un día de marcha:
- Ei tío que pasa; ¿eres gallego?
- Si, de cervo.
- Ostias tío yo soy de Portonovo.
- Estudias aquí?
- Que va tío llevo 3 años aquí, esto es la hostia, los belgas tienen fiesta todos los días.
- Entonces traballas aquí?
- Que va tío, soy hijo de narco (con unha naturalidade brutal), le digo a mi viejo que mande dinero y fiesta.
- Ah vale.
- Bueno te dejo que voy hacer unos negocios por aquí, tu ya me entiendes.....
Bueno creo que xa me extendin de máis, así que cando teña novas noticias xa as irei publicando no blog. Se queredes vir ver esto (porque sei que virme ver a min impórtavos un carallo) xa sabedes, mail ou telefono(o meu móbil belga é 32487600573)
P.D. Os belgas case non se duchan e comen todo precociñado, pero teñen unha cervexa..................
P.D.2. Jonny a 13€ no super, non esta nada mal.....
HAPPY CUMPLE XOGADOR DE CHICA!! hotman

20 oct 2007
TRAGHEDEA DE AMOLLLLLL. cap. 3. Rácing de Santander & Kiko Bótalle o Veneno.

Para el amante, ese era el momento preciso de encauzar la conversación hacia el amolllllllllll y sus sentimientos hacia Yurisleidy. "Tu risa es la música que acaricia mi alma", dijo, después de que la chica sonriese al contarle él el infalible chiste que explicaba por qué los focos miran hacia arriba. Luego de apurar su chupito, prosiguió. "No dejes de reírte ni cuando estés dormida," le susurró. Cuando la muchacha comenzaba a suspirar con los ojos brillantes y ansias de un intenso y loco placelllll, Efluvio pensó que era el instante de rematar la faena: "ti vienes duchar comigo???", le espetó. Luego de un instante de intrigante silencio, Yurisleidy, loca de amollllllll, le respondió con un lambe lambe. Después, Efluvio pidió permiso para ir al baño porque, según él, tenía la vejiga como un balón de playa, aunque en realidad tenía ganas de asegurar la situación y rememorar uno por uno todos los pasos de la estrategia.
Mientras se miraba al espejo repitiéndose "soy un chingador, soy un chingador...", se dió cuenta de que se había olvidado de algo fundamental: el preservativo. Le dijo a Yurisleidy que esperase, que tenía que ir a buscar algo, y corrió por la siudad buscando alguna farmacia abierta. En 25 minutos de carrera no lo consiguió, así que intentó sacar el preciado objeto de una máquina expendedora de condones. Contó el dinero, pero le faltaban diez céntimos. Cual yonki, buscó ayuda en un viandante: "oye, tio, tienes unos centimitos, que no es pa comer, que es pa follar, joder...". Obtenido el crédito y el condón, caminó hacia el Hour Point, donde había quedado con Yurisleidy, quien mientras tanto había fundido sus ahorros en el bingo. La chica también había hablado (por decir algo) con Ryan Manuel, que no daba el pié ni la mano después de doce tequilas, y que, indignado, le echaba la puñeta al cielo para vengar la afrenta de su mala suerte con Yurisleidy. De la conversación, la muchacha sólo había entendido un extraño tasssss cjriminal...
TO BE CONTINUED IN THE KLËIN BUT...CON QUEN SERÁ?...WHO...WHO...QUEMEIMPORTAAMIN...
TROLLS>>Amarillo S.

19 oct 2007
18 oct 2007
17 oct 2007
AVISO A NAVEGANTES por Tresillo

Como membro fundador e creo que en nome de todo o resto de membros e colaboradores asiduos, desprezamos, rexeitamos, asqueamos e, por suposto, condeamos calquera comentario de índole personal que pretenda atacar á dignidade e integridade moral de calquera. Condea máis contundente sobre todo se quen emite tales despectivos, baleiros e vergonzosos comentarios o fai COBARDEMENTE dende o anónimato. Non podemos admitir tales feitos, pois non cabe confundir ironía, sarcasmo e provocación (producto da intelixencia e da razón) con inxurias, repito, inxurias contra ninguén (o merdán ou merdeira que as escribiu pode ir buscando no diccionario o que significa unha inxuria e tamén pode mirar o que conlevan nun Código Penal).
Ata agora a participación no blogue a xeito de comentario foi totalmente libre. Dende o principio asumimos este risco pois, máis alá de que nos consideren e nos "autocalifiquemos" coma sectarios, cremos profundamente na liberdade de expresión e no dereito de todo o mundo a opinar e facer consideracións sobre calquera tema que plantexemos neste foro. Pero coma todo exercicio de liberdade todo ten límites e o límite é o respeto á citada dignidade e integridade moral (física xa non se diga) das persoas. Non admitiremos pois, ningún comentario máis que manifeste tan aberto e temerario desprecio cara a persona e personalidade de calquera colaborador, membro ou seguidor do Que me importa a min. Neste senso, se advertimos outra intervención na liña de comentarios que pretenda atentar contra os valores mínimos pero esenciais deste blogue, limitaremos a participación só aos "suscritos" ao "gmail" que estean plenamente identificados. Non queremos, por nada do mundo, ter que incurrir nestas medidas propias da censura doutros foros politicamente tendenciosos; de xeito que, esperamos o respeto ou, cando menos, a indiferencia dos que teñan en mente utilizar este blogue como instrumento da súa mezquindade e cobardía.
Sen outro particular máis, só cabe darlle, en nome propio e no de todos nos, o noso incondicional e desinteresado apoio e cariño á nosa estimada Pequena Retadora. Calquera que se considere verdadeiro participe deste blogue seguro que compartirá comigo que a túa presenza, a través dos teus comentarios e entradas, resulta moi constructiva e entretida e, dende logo, é un valor que non queremos perder. Ánimo para seguir nesta particular aventura "sectaria-cervecense" e absoluta indiferencia para os que queren manchar este blogue tan amado por uns e, gracias a House, odiado por moitos.
15 oct 2007
14 oct 2007
"De tu querida presencia comandante Che Guevara..."
12 oct 2007
11 oct 2007
Sexualmente por Tresillo

"Me parto, me mondo y me río..." como diría outro "activo" do sexo chamado Hotman. Agora a presentadora con aires de monxiña tírase da moto e ponse a escribir o "piltrasutra" do século XXI. A "arquitecta técnica" metida a presentadora saca as súas dotes de escritora, cual Ana Rosa en "Amor de Hiel", para dar consellos, sobre todo ás mulleres, de como un ten que levar, ao longo da súa vida, o tema do sexo.
Parece ser que o fenómeno literario do 2007 narra esta trepidante aventura en primeira persona. Aínda que este é un libro para "las mugueres liberadas de nuestra y otras gueneraciones", está claro que tamén quere abrir mercado entre os pajilleros do mundo mundial. Segundo as súas propias verbas en "El Hormiguero" (Cuatro, Luns, 8 de outubro de 2007) nárrase unha historia lésvica e tamén un "aquí te pillo aqui te la enguiño sin palabras" nunha piscina (o consentimento disque era tácito), todo, como digo, en primeira persona (teño que apurar que o baño espérame).
O que máis me chamou a atención e me xenerou arcadas foron dúas estupideces, propias da imbecilidade progre (que non de esquerdas) do noso tempo. En primeiro lugar, a rapaza dixo que "el sexo es lo que nos iguala a todos, nos hace de la misma condición, tengamos un pensamiento u otro, porque todos lo practicamos en mayor o menor medida, es tremendamente democrático"...si señor, mira ti en que se proxecta o principio de igualdade; nada, nada, o que nos fai personas de igual condición e dignidade é que todos "fodamos", máis ou menos, que carallo!!! Claro está, nesta lóxica absurda da erudita presentadora, canto menos fodas, máis indigno eres...pringao e feo. E sobre esto último, o comentario frívolo e superficial "las mujeres preferimos acostarnos con una mujer antes que con un hombre feo, eso es lo que nos distingue de los hombres"...a tomar por culo!!! primeiro fala de igualdade e logo arrea soltando merda pola boca. Efectivamente si eso é así o que se demostra é que, as mulleres son egoistas, insolidarias e tendencialmente lesbianas, mentras os homes somos altruístas, sexa, benefactores do sexo.
Pero non pensedes que esto quedou aquí...que va!!houbo barca pa'seguir!!!A nova Marquesa de Sade largou, sen contemplacións, que "la infedelidad es algo natural". Sease, a "tomar por culo los valores", "para que la razón", "viva el instinto cual mono desbocado". Claro, agora acusaranme de facha, reaccionario, conservador e ta, ta, ta, ta..."Que no hombre, que todos, casados, parejas de hecho, novios, concubinos, etc.. tenemos que follar lo que se nos ponga delante...si no hacemos daño a ninghién (mientras no lo sepa), la conciencia es una puta mierda porque, en definitiva, todo depende del ojo con que se mire, si puede ser, el del culo mejor". Según a pretendida sicóloga a cornamenta hai que poñela con respecto, é dicir, ou follar co gañán tratandoi de "usté" ou, como mantivo a ghuapisma "factora X", cunha persona descoñecida para o teu marido, sen que o pobre do calzonazos se entere e non máis de cinco veces co mismo tipo. Eso é o que se chama compromiso, amor e todas esas paxareadas románticas que nos venden para manter unha relación estable. Ai pero si te collen!...non cabe un "lo siento...jamás", "la culpa es tuya que me tenias desatendida, me sentía sola...yo soy la que te tiene que perdonar...inútillll!".
En definitiva, mulleres casadas ou emparelladas formalmente ou de feito do mundo, a "follar" que son dos días con todo o que se poña por diante (o que leva facendo o macho hispánico "desde que el mundo es mundo") pois, en síntese, según esta gran científica valenciana, poñerlle os cornos ao home, ademais de ser natural, é síntoma do teu carácter democrático e da túa profunda convicción sobre a igualdade das personas nun plano horizontal (vertical se o tipo esta un pouco mazas)...eso sí, a poder ser fóllate guaperas e senón comelle o chumino a unha amiga (por eso das infeccións) cachónda, porque "la igualdad tiene sus límites y, un feo es un feo".
P.D Pese a que non teño porque xustificar a miña máis que demostrada "mesoghénea", rogo entendades o porque da presenza feminina, de xeito particular, neste artigo...é que disque o libro vai dirixido ás mulleres que aínda non se liberaron das súas cadeas...o libro ofrécevos un camiño, o da deslealtade, a hipocresía, a dobre moral, a frivolidade e o materialismo máis abxecto...Vós diredes o que opinades, se credes certamente que a loita pola igualdade materializase a través destes panfletos (xunto coa Vale, Ragazza, Woman, Cosmopolitan, etc..) ou se a vosa igualdade depende doutros factores.
10 oct 2007
TELETIENDA QUEMEIMPORTAAMIN PRESENTS... (xogador de chica)

Que é acérrimo de Ratzinger Z? Non se preocupe!!! Eliminaremos a Darwin e demáis farsantes, toda a historia da ciencia quítase de en medio coma se nada!!! Imaxina o que é atopar unicamente a teoría da creación católica, así, Como Deus Manda? Marabilloso!!!... Que é fan de Don Francisco, alias Caudillo de España por la Gracia de Dios (que era un cachondo)? Pois nada, joder, xa verá como poñemos á República a parir nun periquete... Se é que aquelo era un caos, unha orgía!!! Ah!!! Sentencias de morte Paquito??? Pero que me vienes contando, pavo chorbo... aquí o único asasinato que houbo foi o xenocidio de Paracuellos!!! Non é impresionante? Para os PePeros por convicción, especial sobre JoseMari, el mejor presidente de la historia de EspaÑÑa, coÑÑÑo... Que sabe naide do Prestige e da Guerra de Irak e quemeimportaaminonepotivo? Para elaborar este apartado, nin máis nin menos que contaremos co gran experto CAESAR VIDAL...
Pero cuidao, que en la variedad está el gusto...
Vota vostede socialista? Nada, home!!! Felipe???... buffff!!! case case comunista... GAL? quen era ese?
É liberal??? Imaxine: as desigualdades sociais que provoca o capitalismo, inencontrables!!!!
Defensor a ultranza da transición? Non hai fallo!!! A Guerra Civil non aparecerá por ningún lado!!!
Acaso é nacionalista catalán? Tranqui colega!!! Darémoslle a razón niso de que INDISCUTIBLEMENTE hai unha débeda histórica enoooorme con CatalunYa; omitiremos para iso todas as prácticas arancelarias que levou a cabo na historia o Centralista e Rancio Estado Español para favorecer o producto catalán (caro e de pouca calidade) fronte ó estranxeiro (barato e de máis calidade)... Que iso sucedeu??? Que á poboación lle supuxo unha jodienda??? Quen se acorda??!!!
Ah, xa entendo... vostede é de Quin Ball GZ... non se preocupe... A Galiza? toda a puta vida unha mártir... se emigrábamos era por desesperación, porque non tiñamos un puto peso, aínda co caro que era o viaxe... Que sí, que os andaluces eran xornaleiros e traballaban de sol a sol e nin sequera se podían pagar o billete, e nós mandábamos ós cativos que sobraban na horta para que nos trouxesen uns cartiños... pero, e a morriña??? Eso no nos lo quita nadie, amigo!!! Lo mal que lo pasamos!!! Que os irlandeses imigraban máis e máis lonxe? Na!!! eses non sinten saudade nin nada, hostia... Estamos a falar DA GALIZA.
Ou é xudeo??? No problem... Palestina non terá nin un hoco no volume, pero sí haberá 1.345 follas para recordar o holocausto nazi... E punto!!! A que é inaudito??? Díganos a que pobo pertence e ese será o pobo elixido!!!
(P.D. Do nacionalismo vasco aínda non tivemos cojones a facelo, nin do abertzale nin do de dereitas... desculpen as molestias)
Sí, sí, xa sabemos o que se está a preguntar... COMO NON SE LLE OCURRIU ESTO ANTES A NINGUÉN???... se quere ter a satisfacción de poder ver no seu manual historiográfico unicamente aquelo que lle interesa, e de poder educar aos seus fillos conforme os seus valores, é dicir, sen mariconadas, pida xa a gran “HISTORIA UNIVERSAL CHARTREUSSE DE MEMORIA SELECTIVA!!!!!!!!!!!”
Que ze no va´ de la´ mano´!!!!!
5 oct 2007
O RELATIVISMO CULTURAL II. O RELATIVISMO POLÍTICO E A DEMOCRACIA por Tresillo.

A democracia, compréndase, mal entendida, é un dos instrumentos do relativismo. Neste sistema a “verdade” constrúese coa decisión das maiorías. Cando o mecanismo limítase a establecer as formas para decidir e elexir hai unha democracia baleira, sen contidos, á que lle estorban os principios e os valores (Dereitos Humáns, Dereitos civís e políticos, etc..). Deste xeito pódense “democratizar” os vicios e os abusos, impoñer leis absurdas. O demócrata baleiro tende ao pragmatismo. Busca eficacia, sen perxuizo de recortar as ideas e os ideais. O perigo da democracia baleira é máis evidente cando advertimos a facilidade con que se poden construir as maiorías. Somos testigos da forma en que líderes sen escrúpulos, para consolidar unha suposta opinión maioritaria, poden adquirir vontades manipulando, seducindo, impoñendo criterios pola forza, aterrorizando ou simplemente comprándoas (recordar a época Fraguiana que aínda proxecta os seus efectos na nosa sociedade galega...e logo din que os relativistas son de esquerdas...a min dáme a risa).
Unha verdadeira democracia defende a dignidade de cada persoa. Debe servir para garantir os Dereitos Humanos, que son inviolables. É un instrumento para a búsqueda do ben, recoñece que existen valores fundamentais que se deben respetar. Débese entender que a democracia non pode ser un fin en sí mesma senon unha ferramenta, un instrumento. Apréciaselle na medida que permite a participación dos cidadáns nos asuntos públicos e garante a posibilidade de elexir aos gobernantes, ao mesmo tempo que nos proporciona os instrumentos para controlar aos mandatarios e buscar un san equilibrio entre a liberdade persoal e o ben común.
3 oct 2007
TRAGHEDEA DE AMOLLLLL. cap. 2. Rácing de Santander & Kiko Bótalle o Veneno.

En la oscuridad del jardín, resguardado entre las manciñeiras, Ryan Manuel observaba la "salida" de su amada. Pasaban los días y había perdido toda esperanza de conquistar a Yurisleidy. Ahogaba su dolor con tragos de tequila y emotivas canciones de Guns N Roses, que contenían versos que le llegaban al corazón, tales como "Siempre te amaré, hija de la gran puta." Su ansiedad era enorme y su amolllll cada vez más intenso; aquella mañana ya la había echado de menos, sin tiempo para recoger siquiera un carro de molime. Yurisleidy, por su parte, estaba convencida de que Efluvio de Amolll era una pareja ideal, pero había algo que no acababa de dejarla abandonarse a sus encantos. Le gustaba, pero el influjo de Xil Ríos era todavía poderoso, y recordaba el día en que lo encontró juntando Orense y Pontevedra con una rubia de pechos prominentes en la furgoneta de la gira, aquella furgoneta que era como un templo sagrado del amolllll para los dos. Recordaba también la amarga despedida, llena de lágrimas y desesperación, y la frase que pronunció, despechada, en un perfecto idioma galizaceibario, y en la que no pudo ocultar su adoración por el Manolo Escobar gallego: "Eres un cabrón, pero cáesme ben".
En los entrantes de la cena, es decir, callos, hablaron del soccer que tanto gustaba a Yurisleidy, coincidiendo ambos en su admiración por Rulo; incombustible, según ella, y eterno, según él, sin duda bastante más pedante. En el primer plato, ensalada, continuaron la placentera conversación por terrenos más interesantes y aguardados por Efluvio, el amollllll y sus anteriores relaciones. Ella le contó su desengaño con la gran estrella del pop galaico en un relato al que él respondió con constantes y numerosos "vaya, qué traghedea", presuntamente sensibles pero en realidad llenos de indiferencia y toqueón. "Aguantar hasta chingar, prometer hasta meter," era la máxima que Efluvio de Amolllll se había puesto. En el tercer plato, sopa, hablaron de la condición de papamostrencas de Efluvio, que se escudó argumentando que siempre había sido un tipo de otra época, con gustos estéticos quizá antiguos pero sin duda refinados, y que cuando sus amigos compraban pornografía él se masturbaba con cuadros de Rembrandt. Eso sí, todo había que decirlo, quizás influía también una extraña reacción que provocaba en su cuerpo la bebida, y que algunas veces le hacía estar caliente como un burro. Pero su amor por las chicas de hueso ancho era ya pasado, dijo, y estaba dispuesto a dejar su obsesión por Yurisleidy, algo que agradó a la muchacha.
En los postres (cochinillo asado), ya con la conversación mucho más fluída, hablaron de sexo, tema en el que Efluvio era un experto, al haber leído el Kamasutra cinco veces y al Marqués de Sade seis, y al haberse abonado al Plus a los catorce. ¿Y un entendido como usted nunca ha tenido un fallo? ¿una mala noche?, preguntó la chica. Efluvio, herido en el orgullo, pero honesto, contestó: "sí, una vez tuve un gatillazo... pero esperé media hora y después le salió hasta por las orejas..." Ante tan pasionales y sensibles palabras, la chica, henchida de una curiosidad húmeda que le mojó la ropa interior, pensó si no sería muy incauto desaprovechar una oportunidad de tal calibre.
TO BE CONTINUED IN THE R10 & IN THE KLËIN....