20 nov 2007

Callos á galega e punto









Ingredientes:
-1 kgr. de callos
-1 limón
-Vinagre
-Agua
-1 cebola
-2 máns de terneira
-4 dentes de allo
-2 chourizos
-½ kgr. de garabanzos
-4 cominos
-1 cullerada de fariña (da normal)
-1 cullerada de pemento doce
-1 culleradiña de pemento picante
-Aceite
-Sal
Instruccións:

Lávanse moi ben os callos en varias augas, con limón e vinagre para que queden ben limpos e brancos. Córtanse en anacos e dáselles unha fervedura en auga xunto coas máns de terneira, limpas de osos e tamén cortadas en anacos.

Escórrese todo e pónse a cocer nunha ola con abundante auga e sal, xunto cos garabanzos, que tivemos a remollo 12 horas. Cara ó final da cocción engádense os chourizos cortados en rodas.

Cando estea todo cocido, nunha tixola con aceite (podese utilizar manteiga de porco) faise un refritido cos allos e a cebola picados, os cominos, o pemento doce, o picante e a fariña, engadíndolle un pouco de agua da cocción dos callos. Engádese este refritido á ola mesturando todo moi ben e sérvese.
PD: Pas dolores

REY DE COPAS

1 comentario:

Anónimo dijo...

Ahí temos ó Rey de Copas, refrendando con esta receta de callos a súa teoría; os que comen lechuga son os primeiros en ir pó pichoco!!!