26 nov 2007

Música para mis oídos==>Sr. Blanco



Xa chegan as eleccións naconaís (As da galiza non, tranqui Quinball_Gz). Repasando o pasquín de roxos e masóns chamado "El País" un video de ZP e do choe aparece en portada. A curiosidade asáltame, ¿como será o video promocional dun partido?, ¿acabará con un "y si no le gusta el producto le devolvemos su dinero" como os anuncios da teletienda?. Ten un título suxerente "que el tiempo no te cambie", pois a darlle o play. Sale unha tía falando das tropas de Irak (que si pesada, que xa se foron, joder sempre co mesmo, a cambiar de disco). O segundo en aparecer é un "estudiante" ás portas do que semella o parking da facultade, cabalgando a súa moto de chuli wey. O mui cabrón estampa as seguintes palabras "Antes quitaban las becas, ahora te puedes ir de erasmus con los 6000€ que te da Zapatero". Pero vamos a ver Ruben Fernandez, se é que te chamas así; o dos 6000€ teños que ir pedir directamente á zarzuela ou como vai eso, porque eu debo ser dos únicos tontos que todavía non os cheirou. Seguro que o Zp estaba cheo nun bar e tirou de billetera e díxolle: "Toma Rubén, por majo, 6000€ para que te pires de erasmus, pero no te lo gastes todo en cerveza". Menuda geta.

Para a xente que non o sepa a beca erasmus son de 180€ ó mes, dos cales recibes a metade na túa estadía, é decir 90€ ó mes, e despois outros 90€ multiplicado polo número de meses que estiveches, pero sempre á túa chegada. Gústame como acaba o video "sobre todo valoro una cosa, Zapatero no nos ha mentido" Y un güevo, menuda trola largou.

Pódense ter distintas opinións sobre a traxectoria de Zapatero, a miña é que o seu mandato tivo máis luces que sombras, e que España entrou nun progreso a nivel social, pero jódeme que me tomen por tonto. A putada e que é peor o remedio que a enfermedad, porque Marianico el corto, xa me diredes.....

En fin, que a política estatal é esta, a ver quen vende mellor as súas mentiras, así nos vai. Por certo estou nun país que leva case 6 meses sen goberno e todo funciona perfectamente, non quero imaxinar esto en España, guerra civil seguro, en fin, que lle vamos facer.


P.D.: Así a todo a morriña aflora,ahi que terán esas terras de bárbaros e bóutaros.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Que gozada de interpretacións!!!! Os anuncios de Ratibrón teñen máis sentimento.

Anónimo dijo...

si si, moita leria pero unha cousa é por os pés na mesa do emperador e outra ben distinta é " meterlle o dedo no ollo " , e que me di vostede da vicepresidenta? ou Rubalcaba e os 500 "patriotas dispostos a todo " que os xuices mandaron a trena, ou o xuizo do 11- M ¿ onde colleron os culpables e os xulgaron con normalidade e sen encher a lexislación de curiosas excepcións coma nos EEUU ou mesmo en Inglaterra que fan dos dereitos humans taboa rasa? necesitaremos distancia para poder calibrar pero bamby catro anos maís.

Anónimo dijo...

Que collóns os de ZP!!! 6.000 elorios???¡¡¡ A próxima campaña do PSOE non debería ser "Que el tiempo no te cambie" senón "Será por cartos, cagondios..."