22 nov 2007

GUIA MICHELINS. LOCAIS ONDE HAI QUE IR... POR COLLÓNS, HOSTIAAAAAAAA!!!


O XA CHEGOU (Santiago de Compostela) (Xogador de Chica)

Como xa vedes, estamos de estreno e cumprimos un vello desexo, o de abrir unha sección gastronómica onde contar as nosas peripecias culinarias. Pero, á parte de facer de chefs, tamén estaría ben que recomendasemos esa clase de tascas que ofrecen callos e carne asada a un módico prezo de catro elorios, e que non aparecen nas guías de viaxes pero todos coñecedes... que se vos nota que sodes bos comedores, perras!!! Reivindiquémolas!!! Como exemplo, temos a incansábel laboura dos Labordetas, sempre á procura de novas tapas (e jañas, sobre todo). Desde aquí propoño ós seutarios que escribades sobre os vosos sitios favoritos, para poder ter unha verdadeira Guía Michelíns e saber onde comer cada vez que vaiamos a Vigo, A Coruña, Lugo, etc. incluso Gante, que seguro que alí tamén hai... Porque ó final, por moito que citedes a Adriá e faledes de sofisticación, o que demandades sempre é freba... e se é barata, xa non che digo ná...

Comezamos nos fogóns cun dos lugares máis interesantes de Santiago, o mesón “Xa Chegou”, que se sitúa na zona vella, preto da Praza de Cervantes (xusto ó pé do pub “Meia”). Esta tasca é única por diversos motivos. Cabe destacar, primeiro, a súa decoración “yo soy de Quin y con orghullo”. Tanto as paredes cheas de alegatos galizaceibarios coma o equipo de son, que reproduce innegociablemente folclore galaico, confiren a darlle a este local unha particular filosofía. Pero o que acaba por dar o toque final é o “jefe”, invariablemente rubo él, faga calor, frío ou temperaturas suaves, e que te recibe cantando a regueifa ou cantiga de rigor con categoría e aplomo: “a laranxa foi á fonte, e o limón foi atrás deeeeeela... oooooooooollos verdes son traidoreeeeees... á miña casa non quero que veñas, sempre me fodes, e nunca me empreñaaaaaaaaaas...” Case da ganas de abrazalo e participar da interpretación arrolándose polo chan cual Bosteira e aportando o “je mimportamin o nepotiiiiiiiiivo...”. Inolvidable.

Xa sentados na mesa, mentres escollemos que comer e o “jefe” intercambia chistes co cociñeiro, que debe ser de See, aparece a caña pedida, que ven nunha xarra de auténtico Hooligan Galizaceibario. Miras e pensas que é de litro e medio, aínda que ó final son “só” 35 centilitros. E é que aquí sabemos vivir... Á caña acompaña unha tapa de minchas (bígaras, como lles queirades chamar). E disfrutas como un enano dándolle ó alfiler, coma cando eras cativo e as collías na Caosa, sempre tan chea de merda... Ay, que recuerdos!!! Outros día tocan unhas lonchiñas de xamón, outras unha sopiña de allo... Pero coidado... ó “jefe” poden cruzárselle os cables e poñerche un prato de navallas!!!!!! Lo han visto mis ojos!!! Las ha catado mi boca!!!

Un colega aconsella pedir unha ración de chipiróns (4.00 e.), que acaba por ser a mellor que comeu nunca quen suscribe. Criminales. Asustan. Os coghomelos con xamón (máis menos, 6 e.) que se me antollaron a mín tamén resultaron ser unha boa (inmellorable) opción, por moito que me enerve que o meu compañeiro califique o cu da gran promesa da promoción 06/07 da Facultade de Xeografía e Historia como “pandeiro”. Completamos todo cunha ración de zorza con patacas (da “normal”, porque parece ser que a que aparece tipificada como “zorza do Neno Labrego” é bravía de carallo...)... e ós cafés invita a casa! Candios, coma antes... Finalmente, o jefe despídenos con outra cantiga que non recordo (quizáis sexa da súa autoría), logo de pagar uns 8/9 euros por comer coma señores... Cando cerramos a porta, unhas guiris cañonas que estaban sentadas na mesa do lado pregúntanlle nun lamentable español que é iso de “Zorza do Neno Labrego.” A escena perdímola, pero debeu ser de risa. Outra imitación do porco coma a do tipo do “Orella”, pero co tractor, sacho e Skol incluídos???

Por certo, disque polas noites está a chapín porque os chupitos de herbas e café saben que consolan... Habemos de continuar con esta labor periodística e informar sobre este rumor, jo, jo, jo...
Desde estas páxinas declárome yonki deses chipiróns...
Volvimos, ho. Non íamos volver...

3 comentarios:

que_me_importa_a_min dijo...

Habera logo que ir!,e deixarse de tanta sangria e tortilla de patacas!

hiper..

Anónimo dijo...

Como se nota que eres un odre. Vaiche como anillo ó dedo esta sección. Bueno tu sigue dándolle, que despois teremos que ir catar.

Anónimo dijo...

Que gran descrición! Case entra a fame.
Ai, los placeres de la vida...