
Ingredientes:
-500 grs. de castañas
-1 manoxo de verzas ou grelos
-1 trozo de unto (aprox. 50 grs.)
-300 grs. de fabas cocidas
-1 litro de caldo de cocido
Instruccións:
Monda-las castañas, escaldalas en auga fervendo e quitarlle-la segunda pel. Reservar.
Lavar ben a verdura, troceala e escorrela. Reservar.
Nuha pota poñer a coce-lo caldo co unto. Cando rompa a ferver, bota-las castañas e a verdura e deixar cocer ata que estean feitas. Retir-lo unto cun pouco de caldo a un prato e incorpora-las fabas cocidas.
Mentres coce o resto, faise o rustrido do unto, machacándoo cun garfo. Cando estea ben desfeito, retíranse os anacos de tripa e o resto incorpórase á pota. Déixase cocer uns minutos e sérvese.
PD: XUROPORDEUS QUE NUNCA O PROBEI. PERO MIÑA AVOA TEN MOITOS SECRETOS OCULTOS.
REY DE COPAS
No hay comentarios:
Publicar un comentario