21 nov 2007

RETRATOS DO PASADO

Queridisimos blogueiros,xa vedes que non son dado a escribir moitos articulos,
mais ben son de deixar algun comentario.Pero ahora que ma saleu a vena nostalxica,debe ser por que se acercan unhas fechas un pouco entrañables,pois ocurreuseme(si paiasos)escribir algunha anecdota de cando eramos mais novos.Mais que nada que a xente que lee este blogue sepa de primeira mao como as amañabamos no pobo.
Empezo recordando,sempre quedaranme moitoas cousas sen recordar e por iso que necesito da vosa axuda,cando eramos pequenos que viviamos a todos na casa de abaixo(no cuartel),todos menos Peibol,que ainda non nacera.A pandilla era do mais curiosa e variopinta xa que estabamos:os meus primos,funkyman e eu,e despois sempre aparecia o de orense,os cachapelos,o bostas,o chino,o fillo do alcalde....(como vedes son todos os alcumes polos que eramos,e algun ainda o conserva,conocidos no pobo.Todos andabamos todo o dia na calle,xogando a indios e vaqueros,o futbol(deporte que como xa veredes marcara boa parte da nosa adolescencia),carreiras nas bicis,as chapas....Como vedes nada de plaiestation nin hostias en vinagre.A imaxinacion corria a conta nosa,xa que de tele mais ben pouco tamen,e asi invetabamos as guerras,os bos contra os malos,os circuitos para as bicicletas,e calquera outro xogo para pasar o dia fora.
Acordome un dia de inverno,de aquela si facia frio,donde esta ahora o concello antes habia un campo,no que se xugaba o futbol,facianse as festas ,ect...pois tiña unha taxea(dicese asi non)por onde baixaba a auga cando chovia do hospitalillo e hiba toda para ahi,facia unha autentica piscina!E ali fumos,Roi e mais eu,primeiro foi facer un barco cunhos carabullos,para ver se flotaba e asi poder facer competicions de haber quen chegaba dun lado o outro.Salta de aqui,sopla de ali,empuxa,aparta de ahi,non toques o meu barco....caimos na taxea!Anagados ata as orellas,en pleno inverno!Non nos fumos para a casa correndo e chorando eh!,nada deso,ali seguimos empuxando os barcos,coa auga pola cintura,ata que alguen gañara.
A mai que vos pareu!,debeu decir miña tia cando nos veu ali metidos,mollados coma pitos e mortos de frio!Colleunos pola orellas e levounos para a casa quentarnos o lado da cheminea cunha manta pos dous e botandonos un sermon que nin o cura.E nos,rindonos polo baixo e mirandonos un para o outro pensando cando nos volveriamos a meter ali.Dicir que non foi unha vez soa,senon que algunha que outra vez mais foron.

Bueno,esto so e o principio,unha toma de contacto para ver como me desenvolvo narrando,o mais real posible,as nosas andainas.
Prometo mais e mellor.

9 comentarios:

Anónimo dijo...

Moi boa e nostálxica introducción Hiper. Está ben recordar tempos de antano. Penso que a imaxinación debuxa o Cervo que era entón. "A caracola", o "campo da burra", "o pavillón descuberto polos laterais, a "praza do Souto" de terra, o bar de Marita e infinidades de cousas. Sonp artidario de que aqueles blogueris que teñan algún recordo que contar, quenon o dubide. O Hipero xa puxo a primeira pedra.

PD: Hiper "hiba" é sen H tio, e dícese "ía".

Anónimo dijo...

Lagrimiña q me caeu recordando a praza do concello como un campo, eu apenas tiña 5 anos. os veteranos tedes que facer unha memoria colectiva das novas xeracións. O CAMPO DA BURRA PATRIMONIO DA HUMANIDADE XA!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

Anónimo dijo...

¡Que tempos aqueles!cabanas de madeira no monte do rocho e detráis do colexio e as carreiras polo monte escapando dos grandes de balonmán cando lles apagabamos as luces do pabellón. E algún ainda acordará as primeiras borracheiras que colliamos no muiño con un par de chupitos tipo licor de mazá e xogando as cartas e logo subiamos a costa de placido facendo eses.Realmente pasabamolo bastante mellor que os chavales de hoxe en día sentados diante da consola ou da tele horas e horas.Xa non teñen sangre para ir roubarlle as mazas o repechego e escapar correndo oindo os berros da muller.

P.D.: Bostas ¿onde está o meu palleiro materilerilerile? jojojojo

Anónimo dijo...

Moi bó Hiper.Segue e revivir as nosas andainas.Moito aprendeu un miedeciña coma min que ía con vós a todos cantos lados había e acababa berrando co funkyman porque non tiña idea de fútbol.

Ás vees hai que recordar de dónde vimos...

P.D.xa non hai collóns a ir xunto de Angélica ou a xunto do Mendaña a facerlle a vida imposible e que acaben tirando caldeiros de auga...

Unha aperta entrañable.Doríforo.

Anónimo dijo...

Doríforo, é normal que Misiles nos tirara auga porque antes meteramoslla nós na casa..jeje. Dios, eu non me acordo da plaza sen a casa do concello, nin do bar de Marita. Estou porque ten que haber de todo...Un dos mellores recordos que teño é o de xogar a pillar ou ó escondite nas festa ou despois das clases para a comunión. Jerónimooooo....

Anónimo dijo...

Grande, Hiper. Está de puta madre iso de recordar as anédotas de cando eramos cativos... E ademáis, será por material! Vaia elementos!

Unknown dijo...

Fabuloso rapaces...
Pero antes de Marita xa estaba Ramona do Café e Murados... e o de Rey...

Que carallo é unha "plaiestation"?

Ábrelle¡¡

Anónimo dijo...

e logho pa quen queda o de Antón de Cregho, que logho foi de Hortensia e Candido. Hai quen nos dera aghora os maníses recen tostados."Vaia morriña nos entra o pensar todo iso"

Unknown dijo...

mimadriña, o de Antón de Crego...