9 nov 2007

TI TAMÉN DESEXAS A "JONY", ESE CANALLA por Tresillo


Que chungo é chamarse Juan Carlos, pero moito máis manter o alcume do Jony (nada que ver co nosa prezada brevaxe de senectude). Porque ser o " malo, malote" impón unhas regras e unha disciplina fóra do común. Rexeitar o convencional para convertirse nun rebelde quizais con causa pero, sen lugar a dúbidas, cun obxectivo, resulta unha complexa tarefa que deriva nunha auténtica heroicidade. Nesta profunda análise do suxeito en cuestión discerniremos se o Jony "nace" ou "faise" e tamén que elementos configuran a un perfecto "Jony" da vida máis alá do tempo e do espazo.

En primeiro lugar, o Jony nace pero, ¿que datos nos aporta a natureza para chegar a esta conclusión?. En resposta a esta cuestión cabe dicir que ningún. Non hai dato empírico que demostre que o Jony nazca conducindo unha TZR e vestindo unha chupa de coiro negro, pantacas vaqueros rotos, camperas da Feira Cabalar do San Bartolo, camiseta abanderado de tiras modelo Pepe Piscinas e camisa lisa ou a cadros aberta perfectamente ornamentada cun crucifixo e unha cadea de ouro ou prata en combinación cunhas gafas Ray-Ban's made in Taiwan, paquete de Winston e Zippo "Born to eated" ou "Nasio pa'papar" (prototipo da xeneración dos 80-90). Ao contrario, tense comprobado que o Jony tamén vestiu traxes azules de "bebito" hortera e puxo patucos feitos pola avoa. De xeito que, nun sentido absolutamente kantiano, cabe dicir que o Jony é un concepto absolutamente a priorístico, é dicir, non é un ser que xurda da experiencia senón da razón. O Jony é porque debe ser e punto...non é unha hipótese e a el non o chulees que che solta catro hostias e "a tomar por culo"...entendesss pringao!!!

O Jony componse de catro elementos básicos: chuleria (a cal engloba arrogancia, sobervia e belixerancia), beleza (que se conxuga a través dun pelasso, dun culasso e dun paquetasso), intelecto (amplos coñecementos en pistóns, culatas e xuntas da trocola) e determinismo amatorio (non se trata de si as nenas teñen vontade de chingar con el ou non, o seu rabo é Dios, el é Dios e toda vontade está supeditada a súa condición divina).

Porque, "nenas", "pitiñas", "churriñas"(diminutivos da ave Gallus gallus, máis conocida como galiña...e logo a vós parécevos riquiño e doce que vos chamen así...lamentable), "chorbas", "titis", "chochetes"...(joder, que malote fun, nostálgueas Xogador de Chica, nostálgueas...onde vai a miña máquina del infierno VESPINO NLX New Look con tubarro Polini y variador de potenza?...criminal, performed by Maki Tech Enterprises) máis alá de calquera filosofía barata, a vós póñenvos os malotes...si, si, diríxime a vós, mulleres libres e liberadas do siglo XXI, vós gustades dos canallas, dos "cabróns" que vos fan sufrir co seu silencio, co seu desprezo aos vósos intereses, cos seus feitos, tal vez, inxustificables. Gústavos que vos chamén "nena y demás", que vos dén "caña", que vos digan "para de comer que te estás poñendo un pouco vaca", que non vos presten atención...que o primeiro sexa o "carro", a "besta" ou "el mesmo" antes que vós. Claro, que logo de tanto sufrir con ese amor, xa estará o pringao de turno para recoller as vósas bágoas...e se o cansancio é tal que xa non podedes máis e os 30 anos están cerca, amarralo ben dicíndolle comodamente que o "queredes" e pensando "que non o desexades"...[pero que bien me trincaba el Jony en el cuarto de baño del P1+ o en el R10]

Ai, Jony, Jony!!! que dura é a túa vida...pois tal vez estamos ante o teu ocaso. Si meu ben querido amigo, aínda que sigues a ter, polo de agora, o teu éxito garantido, xa empezas a estar ameazado, coma o clima. Unha nova especie "te acecha"...el CHULIWEY...ou o SMALL TOWN BECK'S (Beckham de Pueblo). Pero deso, deso xa falamos e, algún día, seguiremos a falar.

8 comentarios:

Anónimo dijo...

Gran artigo Tresi!!!

Sempre me pareceu que unha análise tan precisa da entrañable figura do makarra (e das tías) só podía ser feita por un Ex Jony venido a menos, coma é o teu caso!!! jo, jo, jo...

Aínda que, daqueles "Hola", "Hola", "¿E non me dis nada máis?", "¿Qué tal?"... ditos coa arrogancia de quen se sabe por riba do ben e do mal, pervivan en ti reminiscencias do tipo duro primixenio... "PORQUE EU SON DIOS... FEA!!!!!!!!!"

Polo demáis... Jonys forever!!!! candios, se alguén ten que roubarnos os inalcanzabeis e superprofundos sentimentos das tías, que sexan estes e non os neocharreros depiladitos de hoxe en día... QUE TE METO DOS MECOS QUE T´ARREGLAN EL CUERPO... ENDIOSSSSSSSSS!!!!

Anónimo dijo...

Xogador, en taxante desacordo me encontro contigo. O chuliwey é un salto evolutivo, unha aglutinamento de tendencias positivas destinadas a rozar a perfección en execución e apariencia nas artes amatorias. O artista venusiano segue xogando coa psique feminina, pero engaden complexidade ó basto e resabido argumento dos Travolta, gozan dunha posta en escea máis elaborada(remember a cola do pavo) e... non fodas, todo o mundo coñece a estas alturas as vantaxas da depilación.
Tresi, repíteste máis có allo, pero anímote a que sigas a describir os teus traumas, aquí tamos pa tó, je je.

Anónimo dijo...

Meu benquerido MethodMan, tamén outrora aprendiz de Jony (fuches un dos primeiros "anillados" de Cervo, adolescente rebelde con ou sen causa, e extraña mestura de macarra fashion con conducta irreverente pero auténtico pelasssso...)... Vexo o cambio e aínda me asombro; ¿quen é o que escribe agora? ¿Un Punset das feromonas? ¿Un ayatolah da "evolución sabia"? ¿un apóstol de camisa ajustada e zapatillas de cuadritos? En fin, é inútil convencernos, gran filósofo do difícil arte de l´amour (seáse, chingar)... Non estan feitos os nosos bizarros cerebros de molimeiros para tan exquisita posta en escea e tan densa complexidade que encerra ese novo estilo... VIVA A TENDENCIA BECKHAM DE PUEBLO!!!!

Anónimo dijo...

Bó artigo Tresi!!

A observación levoume á conclusión de que ás mulleres lles gustan os "canallas",ós que Tresi define como Jonis.A observación e as múltiples e diversas charlas que tuven co sexo feminino.
-É que nos gusta que nos faigan sufrir.Que no no lo den todo feito.Que o chame e non me pille e se faiga un pouco o chulito..,etc etc,etc...

Son algunhas frase que teño escoitado e que a realidade me demostra que reflexan a realidade.Mais eu non o entendo como se pode preferir eso a alguén que che susurra ó oido e che dí o moito que lle gustas,ou que simplemente declare abertamente o seu amor....pero supoño que será pa gustos...

Persoamente non fun un "Joni",non o son e non o serei.Como lle dixen ó meu compadre Xogador,creo firmemente en que existe algunha muller que valorará o estilo de cada un e por suposto non entra na miña personalidade convertirme nun Joni por votar un casquete.

Unha aperta.Doríforo.

Anónimo dijo...

Creo que este artigo merece unha humilde opinión de Muá!!!, eu tampouco fun , ni son un Jony de la life, e non digo que non o serei, porque a vida da moitas voltas e se teño que recurrrir a eso nun futuro, pois non kedaría máis remedio. Joderíame pero.....

Pero a ese jonys, quérolles dicir e transmitir a frase por execelncia e que sempre triunfa. ¿VESTE DUCHAR??, jojojojojoojooj. E punto.

Anónimo dijo...

As túas verbas son como utensilio de paleontólogo Xogador, escarba e procura o que leva tempo agochado, gardado sen luz con fráxil protección, e cando o final afiado da túa pruma irrumpe nos meus recordos coma científico en xacemento un doloroso raiode luz antiga fíreme, porque obrígame, branco e tremente, a recordar. E non quero, pero aí están, as imaxes, sucesivas, borrosas e cargadas de cor. Naquela caio da Variant diante dun grupo de churriñas, noutra recibo variados "non" nunha soa xornada, estéril, coma do día antes, coma a seguinte, en tan pouca altura acumulo recordos, negativos, frustrantes, bebo, e pérdome, berro e non me escoitan, paseo cego, colisionando, mezclándome de cando en vez cunha pobre silueta que só pasaba, e non me contemplaba. Un día esperto seco, con idade para un segundo trozo metálico ornamental. Os meus pensamentos equilíbranse, e a miña vengaza está próxima, berra a osamenta de meu, mentres se extende ó ceo, que nunca volverei a ser agochado no centro dunha pista, de baile.
Pero quén son, eu,co meu estilo, con conformismo, coa miña visión endulzada pola sorte, quén es ti, historiador bohemio, porque, non é un pelaso noruego tan culpable coma 300 gr. de cera/peinado, de bo grado cambiaría o meu abrigo de inspiración cinematográfica por unha solidaria chaqueta, de pana e marrón, pero non, só ti a sabes levar, so ti funcionas no teu estilo. Pobres de nós, productos, dunha tendencia ou doutra, ó fin, productos.
PD:Éche o que ten quedarse na casa, perdón.

que_me_importa_a_min dijo...

Haber pringadillos!Que as tias lles guste o malo malote xa e sabido por todos,e o que fode realmente e que elas negano rotundamente!Emdiosss!
Eu en realidade penso que que algunha habera por ahi que se lle este pasando o arroz e caia envelesada dos meus encantossss!jojojojojo!


hiper...

Anónimo dijo...

Non sei con qué tipo de mulleres tendes a mala sorte de pegar os calatrava, e iso que tendes bos exemplos na casa...