18 feb 2008

Mesa aberta 2. By Nº8.


O tema que propoño para esta semana, xa que naide se animou a colgar un, vai relacionado co deporte máis concretamente sobre a liga. Este fin de semana como tod@s sabedes o Madrid perdeu e o Barcelona gañou a preguta é ¿Pasará o mesmo que o ano pasado?¿Aguantará a presión o Madrid hasta final de temporada?¿Aguantaralle o ritmo o Barcelona para meterlle presión o Madrid? Sectari@s hai debate.

8 comentarios:

Anónimo dijo...

Vese claramente como o madrid se desmorona e mentras o barça,uns dias por uns e outros dias por outros vai salvando os partidos.Contando que o madrid lle queda o valencia,sevilla,español e barcelona,do mais complicado,e o barcelona o valencia o madrid e o español,eu creo que esta liga ten claro color azul grana.

Xa se empeza a palpar os nervios dos merengues,estaba no ambiente do almacén o sábado.



P.D.:E maña Totti vainos mandar pa casiña.

que_me_importa_a_min dijo...

Xa xa!Hai meu amigo xirolo,o Madrid non e o Barca,e a liga xa ten color blanco!
Remar pa afogar na orilla!
Ala a darlle que nos iremos para cibeles e vos conformadevos coa copa cataluña!


hiper...merengon

Anónimo dijo...

A mesma historia que todas as semanas. Que si a liga está acabada..., que si hai liga, que o Madrid está mal, que o Barca ten posibilidades, que ronaldinho non se lambe. Paxareadas todo. A liga decídese nas ultimas 4 xornadas. Está claro que o Madrid está moi sólido, pero meu amigo xirolo. A cometición ten 38 partidos. Algún teñen que pereder, polo contrario non serían humanos. Hbaer que pasa. Promero que a S.D. Cervo ascenda e logo que gañe a liga que a mereZCA........O MADIRD

Anónimo dijo...

O Madrid é o de blanco non? Eu non teño nin papa de fútbol, asi que non sei se a gañará o Madrid, o Barça ou o Cervo, aínda que penso que non xogan todos na mesma liga. De todas formas, se a ten que gañar un, que sexa o Cervo, que é do pobo e como moito vai buscar os xogadores (que aquí non hai ou se marchan a outro lado) a Burela como moi lonxe, creo. Nunca entendín a puta manía de acalorarvos polo un grupo de brasileiros, africanos e algún español que corren con camisetas publicitadas para algunha cidade de fóra, en fin.

PD: Doríforo, que non te confunda o meu non-amor(que non odio) polo fútbol, sabes que respeto á xente virtuosa, no teu caso co balón, gañándote o pan co sudor das carreiras e deixando que se che torzan as pernas. Bravo(jeje).

Anónimo dijo...

Como de algo hai que encher os periódicos e as noticias,pois aí andan a darnos a paliza semana tras semana con que si o Madrid ten crise e o Barsa arranca e blablablabla...

Cada vez me tira menos esto da primeira división.Con Ronaldo lesionao,Zidane retirao e Ronaldino apagao xa non se ve nada diferente no fútbol.De vez en cando aparece Guti ou outro por ai e dache unha alegría...pero a conta gotas.

Eu son coma o Metodista,que gañe o Cervo,que me din conta este domingo, que ainda gardo moito os colores,gritando,animando e incluso increpando a algún do Cospeito que perdía as formas.

E por suposto que gañe os Montañeiros.

Doriforo.

Anónimo dijo...

Despois do de ontes queda demostrado que os equipos de Schuster na recta final do campeonato van perdendo fuelle senon vexase o Xerez cantas xornadas votou de lider solitario a unha porrada de puntos do segundo e despois quedou ente os 6 primeiros de puto milagro.
A clave stara no partido do Bernabeu e se o Barça aguanta así, aínda que seña roubando e xogando mal, saldremos cun 99,9% de ser campeons, repitese a historia do ano pasado.

Anónimo dijo...

Teño que darlle a razón ao Hotman, a liga gáñase ou pérdese nas 4 ou 5 últimas xornadas xeralmente e, senón é así, a liga será pésima pola gran desigualdade dos competidores. Actualmente hai unha grande diferencia entre os dos primeiros postos e os demais, concretamente, este ano a contenda ligueira debátese entre dous equipos, Barça e o Real Mandril, para min mellor, este é o que lle dá máis salsa. Eso non implica que os outros 18 equipos sexan espectadores, ao contrario, van ser os xuíces da liga, por iso cada partido conta e lévate polo camiño desasosegante da paixón.
Doríforo, certo que o fútbol sen "buques insignia" perde un pouco de brillantez, sobre todo estética ou plástica, pero o certo é que ti (sobre todo) e eu (simple espectador, xunto con moitos máis) compartimos unha gran paixón polo deporte rei (que non o rei dos deportes) porque foi o "xogo" convencional máis sinxelo e brillante que se inventou, nada pode convocar tantas almas nun mesmo recinto, nin nada pode convocar tantos corazóns diante da pantalla. Mira, algo tan físico traspásanos para convertirse en pura emoción e, para "agnósticos" coma metodista, resulta absurdo tentar comprendelo. Ti es do Real Mandril e eu do F.C. Barcelona (porque?), pois o corazón ten razóns que a razón non pode comprender (os berros do hiper e os meus saltos nos partidos demóstranos).
Non perdamos esa paixón ostia...

Anónimo dijo...

Como xogador do Cervo, é un privilexio contar cos ánimos de Doríforo. O outro día, coa voz entre afónica e resacosa, díxolle a un cospeitense protestón na Bidueira: "Tú ó teu!!!!". Como acojonaba, amenazando con esa voz de yonki navajero!!! Viva o futebol sempre, por todo o espectáculo, emocións e sentementos que encerra, sexa co toque de Gute como coas pinchadas dun servidor e do Bosteira!!!