12 feb 2008

ZP anticaspa===> Sr. Blanco




De todos é sabido que somos o país da caspa, sempre á par de Portugal, claro está. Pero non podo máis que quedarme parapléghico ó ver este super hit chmado "defender la alegría" (Menudo destrozo lle fan ó pobre Mario Benedetti, eh Tresillo). Jodeme coincidir nas tesis de Rajoy, pero estes son os que agradecidos se postran ante alguén que lles concedeu un canon, ó meu parecer inxusto e abusivo, so faltaba Ramoncín. Pero a parte de coincidir ou non no oportuno do video si teño que decir que a súa estética é lamentable. Hai formas de facer ben as cousas, se non comparade estes dous videos.

Defender la alegría.

Yes we can. Campaña de Obama.

Está claro que os americanos en certos aspectos nos sacan siglos de ventaxa, en fin, seguiremos facendo pelis de paco Martinez Soria toda a vida.....

P.D.: Que me perdonen, pero entre Concha Velasco e a grandiosa Scarlett Johansson, en fin......

5 comentarios:

Anónimo dijo...

Mira, a min tírame do rabo (con perdón) quen apoie á esquerda ou non, ou tan sequera como o faga. Pero non te equivoques, prefiro o apoio destes "titiriteros" (Ximénez Losaints dixit) progres, relativistas, hipócritas e peseteros, que a inestimable colaboración ao Pp por parte da "iluminada" Conferencia Episcopal...que queres que che diga, eso non é caspa, cheira a queixo rancio.
Que en EE.UU fan as cousas con máis "glamour" ou "arte"? Que o coman todo, non quixera eu facer da política española un showbusiness como o americano. A min gústame o estilo galego: pabellóns municipais, teleclubs e bares...e tamén o español: o "Espírito de Vista Alegre" do PSOE ten como sede unha plaza de touros...ole nuestros güevos!!! Que lle den polo cú ao Madison Square Garden!!!

Anónimo dijo...

Iso, iso,...e pinchos de tortilla para todos, tamen orujo para que baixe, e cando teñamos o estómago ben cheo e a cuberto -o primeiro que o español busca para si- xa nos daremos conta de que todo foi un soño, porque entre imbéciles axitando bandeiras, os berros insultivos ó contrario, o tira e afloxa das institucións buitreiras e dudosa imparcialidade, o sorriso falso, a resposta evasiva, a búsqueda do aplauso fácil, os chanchullos barriobaixeros por aquí e alá, pero, sempre asegurando que ti máis e, en definitiva, porque entre toda esta basura mediática, é imposible oír un porqué das propostas ou explicación para a súa ausencia ata agora, un plan elaborado ou sequera un arrepentimento, só datos maquillados e contados de tal xeito que ninguén ve a realidade social neles.
Sr. Blanco ten razón, incluso cando queremos imitar un modelo arriesgado, fresco e popular, de difusión masiva, a ineptitude persegue ó español, e eu avergóñome de selo, tan só con poñer a tele.

Anónimo dijo...

Tío, entendo que estes desencantado coa política de aquí... pero eso de "modelo fresco, arriscado e popular..." Temos defectos a punta pala, pero por sorte non chegamos aínda ó nivel americano, onde a política é ó tempo un negocio e un espectáculo. Espero non ver a un presidente de aquí humillado por ter que declarar sobre as súas infidelidades matrimoniais, nin que a compra de votos sexa aceptada por (case) toda a poboación; eche inherente ó propio sistema, e ó carallo... Nisto coincido con Tresillo; ay virgencita, que nos quedemos coma estamos...

Por outro lado, esta esfera cantautoril española (Serrat, Sabina, Víctor & Ana...) bótalle moitos collóns... Que manía de meterse en fregados políticos (presuntamente) nobles, coma o da SGAE, para logo ir de librepensadores de la life, e mentes inquietas que cantan nos concertos: "Utopía, utopía, te quiero porque les alborotas a todos el gallinero..." O Sabina este, menudo rebelde, voz ingobernable como presume nas entrevistas... pero me parece que ese sentimento "libertario" reduciuse agora a levar vestimentas estrafalarias nos concertos. ¿Teñen, xa non a nivel político senón artístico, algunha credibilidade? ¿Hai algunha -xa non digo toda, senón algunha- sintonía entre o que cantan e o que fan?

E da Conferencia Episcopal xa non falemos, cada vez que abren a boca déixanse en evidencia... E mellor, porque eu creo, igual estou equivocado, que por moito que se alegren os do PP, este apoio tan grandioso e descarado non lles vai beneficiar demasiado; os votantes indecisos deben estar flipando cos animaliños estes...

Anónimo dijo...

Vamos ver home, eu tamen entendo que te desencante a abundancia de adxetivos, pero non me confundas churras con merinas. "Modelo fresco,...", vai para o vídeo, unicamente, non para o que o encarga, porque unha cousa é o absurdo que resulte no contexto, e outra, a calidade ou ben facer da obra, será, digo eu, que me contaminan as charlas con Amarillo S.
E quedo dubidando que "por sorte aínda non chegamos ó nivel americano" ou que na túa conciencia, como na de calquera, poida fraguarse a idea perigosa de pensar que porque noutro lado os chuzos caen máis de punta, aquí estase ben -"virgencita, que nos quedemos como estamos", non me fodas Xogador-. Sen viaxar máis de 24 horas, pillada a Zapatero en Cuatro, consecuente esaxeración no Mundo e sucedáneos co destripe que apuran a facer os perros do PP. El, anque metendo a pata, leva triste razón, eles, fan ben, porque a xente aplaude. Pero a quén lle estraña esta actitude das partes, é o día a día dun mecanismo lubricado con tontería. A puñalada sinvergüenza é española, pero home, que lle vou contar eu a un bohemix historiator.

Anónimo dijo...

Non digo que se esté ben, pero sí que os chuzos caen menos de punta... E se o cambio é para parecerse a eles, prefiro que sí, que nos quedemos coma estamos.