28 feb 2008

UN MINUTO DE SILENCIO por Tresillo


Renuncio hoxe a discutir. Si, hoxe renuncio absolutamente a discutir con ninguén. Canto máis gaña un cun "silencio atronador", canto máis gaña un cunhas "liñas escritas en branco", canto máis aforra un en botellíns de auga ou cervexas para aliviar a boca seca e xa non digamos en forzar a vista fronte ao folio ou a pantalla do ordenador. E é que ¿que necesidade hai de ser honesto? Ningunha neste mundo de apariencias e corrección. Poda que sexa un fracaso meu (e de todos), indudablemente, seguro...e que? Un máis na miña conta.
A cuestión é que ninguén quere escoitar, nin ler, nin tan sequera ver un ápice de crítica dirixida contra un mesmo ou contra unha colectividade na que se identifica. Por Deus, por Alá e por Jesucristo Super Star...de autocrítica xa nin falar!!! Que a culpa é dos demais!!!
(Ata aquí seguro que a maioría estades perdidos, todo un logro que sigades lendo). Estou a falar de que xa non hai contraste sincero de pareceres. Todo é respetable, todo debe ser incluso admirado, nada pode ser reprobado. A base de toda relación é a comprensión do outro aínda que a barbaridade máis grande do mundo sexa cometida por eses "bos salvaxes", aínda que a idea máis inhumana salga da boca deses "anxos na terra", aínda que sumen dous e dous e lles de vintecatro. Todo o mundo se sinte víctima dos demais e ante un argumento de peso non cabe unha resposta de igual ou mellor embergadura, non, cabe o "miserable victimismo" de quen se sinte agredido pola honestidade das conviccións e certezas do outro. O erro nesta sociedade é síntoma de debilidade: "non é que me equivoque, é que o mundo non fai máis que darme ostias a mansalva".
Eu prefiro calar, cobarde do carallo. Prefiro calar para vivir "feliz", mellor dito, para saber que cojones é a "felicidade". Prefiro calar para non sentir a necesidade de ter esperanza. Prefiro calar e só participar levantando a man, pedindo permiso a toda esta xeración chea de "burramía" "lamecús" que forma parte desta "irreverente sociedad de güays que luchan por la liberte del botellón y de la zapatillas en la disco"...levantar a man e pedir permiso para dicir: arriba el PROZAK COÑO, que estoy superchungo porque la "tierra no es el centro del universo"!!! (Seguro que meu pai contestaría: Cagondios, nin o sol tampouco ostia!!! ).
Igual seguides sen entender, pero xa non quero falar nin dicir, "QUEMEIMPORTAAMIN"...porque hoxe vou calar aínda que mañá non me poida levantar.

9 comentarios:

Anónimo dijo...

¡¡¡Como está el patio!!!
¡¡¡Como está o patio!!!
¡¡¡as it is the patio!!!
¡¡¡comme il est la cour!!!
¡¡¡car ciest le patio!!!
¡¡¡da es der Patio ist!!!
¡¡¡no repe tro kak etu 6ynet patio!!!


...e punto

Anónimo dijo...

Ja, ja, ja... Pois, para anunciar un silencio, falaches ben clariño... Agora debería facer de ti e dicirche "tío, estaste volvendo demasiado flemático..." Pero que vou facer, creo que tes razón. Iso sí, life is life na na na na na... séase, ¿haberá que seguir turrando, ou?

Anónimo dijo...

Sen dúbida ningunha, que hoxe en día son máis os que miran ó seu redor pa atopar un culpable ou unha resposta antes de mirar o seu ombligo pa mirar que parte teñen eles de responsabilidade.Prima o egoismo.Primero yo y despues los demas...

Creo na confrontación de ideas,no diálogo e na discusión...como fonte insaciable de enriquecemento humano.

Pero tamém creo que non fai falla a discusión por discusión...Enténdase esto o de reprobar ou reprochar actitudes.A veces hai que transixir e mirar cara outro lado, tirar de diplomacia cando algo non nos guste,sempre e cando esto non sexa moi relevante.

Un non pode estar cuestionando sempre todo,ainda que sen dúbida teña razón,en cousas banais.Hai que gastas as forzas nas cousas realmente importantes.

Unha aperta.Doríforo.

que_me_importa_a_min dijo...

Para que despois digades que non hai que ser un borde!As veces non merece a pena nin falar e canto menos razoar!Para que malgastar neuronas cando un pode ser mais feliz sin saber do que vai a festa nin romper a cabeza para discutir?


HIPER...

Anónimo dijo...

Pois eu confeso que fun cobarde, porque o motivo de non contestar ata o de agora foi o medo a que este artículo fose pensado en min(xa sabes, a chulería) e debido á nosa discusión máis abaixo. Despois de falar contigo polo móvil xa me calmei.
Levas razón, penso eu, agora valen moitas cousas e ditos que se suxeitan de forma sospeitosa no concepto de "liberdade". O máis notable, e isto é impresión miña, é que se está barrendo xeración tras outra coa humildade e a educación, de forma que moitas veces a voz cantante é tal polo volume e non polo fondo. A xente fala dalgo trascendente con actitude de bar, de oídas e con excasa información obxetiva. É fácil, cada vez en maior grado, encontrarte cunha réplica im pulsiva e non cunha pregunta no teu interlocutor. Escoitar un "errei" ou pequena rectificación é memorable, doe no orgullo e o infantilismo non deixa. Moitas veces tópaste, incluso, con quen formou o seu propio escudo para non deixar que a inquietude ou a complexidade o contaminen, isto é por exemplo, coma ti tes dito, o caso de aquel que non vota "porque todos son iguais", cando a ben seguro non se presentou no primeiro mitin nin leu programa algún. Seguramente rematara decindo o mesmo, pero con máis propiedade,jeje.
Doríforo, de todos é sabida a túa facilidade para actuar como "public relations", pero o que dixeches aí arriba inquietoume, porque...¿non crees máis ben que toda confrontación de ideas debe sucederse para enriquecemento das mesmas? iso sí, dentro dunhas regras que poñan límites. A diplomacia é necesaria ás veces, como ti dis, pero tamen ten o seu lado oscuro, porque corre un o risco, por non querer mollarse, de perderse o auténtico que existe detrais.

PD: cómo nos barruza, que diría Molimero.

que_me_importa_a_min dijo...

Pequeno PR...

Como PR que son diríache que non me creo que vexas todo "tan negro"; que para ti seña mellor aferrarse a unha resignación tal como a que describes...¿seguro que hai tanta xente que se sinta atacado cando ti explicas unha postura ou cando rebates algo? Realmente, cóstame crelo...ó mellor eu si que me sinto atacada (pero tamén recoñezo que me fas reflexionar e aprendo moito co que me dis, é enriquecedor falar con alguén que usa a cabeza máis do común...), pero tpc lle dou a culpa ó "mal que me trata a vida". Non todo o mundo pasa a pataca quente para sentirse mellor, pero tes que entender que non todo o mundo é coma ti...

Sabes que non todo o mundo está capacitado para "aceptar críticas" (nin sequera para entendelas...) ou simplemente para comprender que unha postura oposta pode ser igual de "certa" (xa sabemos que este término de certeza é totalmente relativo). A tolerancia, a madurez a nivel argumentativo non se consigue en dous días (algúns non a acadan en toa a súa existencia)...Quizáis non moitos estemos ó teu nivel (inclúome neste grupo de "ignorantes"), e non por eso tes que adoptar unha actitude pasiva, ¿que gañas con eso?, para min nada, máis ben pérdelo todo...

Eres unha gran persoa.

Nunca optes polo silencio. É a peor mentira.

Resignarse é unha opción fácil. ¿De verdade queres pasar desapercibido entre unha masa de xente "escasamente neuronada" que non ten nada que ver contigo? Sería como identificarse con eles...¿queres que pensemos que eres así?(e non vale dicir que non te importa o que pensemos...), eu xa sei que non o eres, pero non estaría ben que o resto do mundo non puidera ter a oportunidade de coñecerte "tal e como eres"...

A técnica da avestruz non me parece o teu estilo...

Fai uso público da túa cabeza privilexiada...necesitámolo...(aínda que penses que moitas veces perdes o tempo, algúns aproveitamos moito o que sae dela!!!)

A pesar das nosas discusións (que non sei se calificas de banais ou non...tú dirás...) sabes que te aprecio un montón...ERES UNHA GRAN PERSOA!!!

Un biko...

Anónimo dijo...

Gracias Pequena Retadora por todos eses cumpridos, en ningún caso son merecidos; enténdeme ben, non me recoñezo neles pero gracias. De calquera xeito, ti tranquila que non vou calar. Este era un puro exercicio retórico, non baleiro de contido (creo) pero intencionadamente "eficaz" para tentar conmover (coas miñas grandes limitacións, claro está).


P.D. Espero que non repitas moito por aí o de que son "unha gran persoa", pois eso merma as miñas posibilidades "coitales"...enténdeme, as boas persoas teñen pouco atractivo sexual, por ende, follan menos que un ermitaño...je,je,je!!! (tiña que facerche esta observación, era inevitable).
P.D.2 Un bico.

que_me_importa_a_min dijo...

...que teoría mais equivocada esa de que as boas persoas non papan...dende logho...pobre Tresi...XDXDXD

un biko grande.

PR.

que_me_importa_a_min dijo...

aish...que vida esta...

XDXDXD

(poño esto para poder acceder a colgar fotos...soy panoca de todo...)