28 feb 2008

Que se esconde tras Galicia Bilingüe? ===> Sr. Blanco


Tras a grandisima resposta de Tresillo no foro de debate III, vexome na obriga de falar sobre ese suposto bilingüismo utopico. Dende un dias para aqui conhecin un novo movemento que se esta a dar en Galicia chamado "Galicia bilingüe" (para os interesados http://www.galiciabilingue.es/). A curiosidade asaltoume e incluso me atrevin a entrar no seu foro para ver o que se cocia. Non me levei ningunha sorpresa, e como suponhia, ese eslogan so era unha mascara para tapar a unha dereita rancia, e na sua maioria, atidemocrata. Decir que o castelan esta arrinconado é non querer ver o que pasa neste pais ou vivir nunha realidade paralela.
Non son mais que un fato de mentiras que tratan de ocultar a realidade. A realidade, como ben dixo tresillo, e que o feito de falar galego nas grande urbes e, se non algo excluinte, si algo que dificulta a tua vida diaria. Na universidade, na escola, no super, etc... o galego esta arrinconado, cando non vexado. Sinto rabia cando a xente di que nn e libre de expresarse en castelan ou cando enchen o papo e din orgullos que estan nun pais bilingüe e que esa libertade non pode ser coartada. Por iso creo necesarias a politicas lingüisticas, que a pesar de seren as veces algo agresivas, son precisas en aras de que o galego perdure como tal e de que nos acerquemos mais a un bilingüismo natural.
Creo que esta nova asociacion e unha rabieta mais da xente que non asimilou o cambio politico que sufriu este pais. É pois, unha manobra de desestavilizacion. Con esto non quero defender o goberno da Xunta, pero si recordar que e un goberno elexido democraticamente.
Por todo isto digo non a mentira e a falsedade, a tratar de acomodar a realidade a uns intereses partidistas. So queria ponher no voso conhecemento a calanha que se esconde tras esta asociacion. Xa o decia minha abuela, non hai peor cego que o que non quere ver.

P.D.: Non me volvin un revoluconario, so escribo con "nh" porque estou con un teclado belga e a ñ é mui dificil de ponher, e os tildes tamen.
P.D.2: Tresillo volve a escribir que eres o que lle das salsilla a esto. Eu sinto estar tan inactivo, pero xa sabedes que sempre fun un pouco vago.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Meu fillo, para estar ó día hai que vir ó blog cada cinco minutos. Nada máis que dicir sobre o exposto, só que creo que, efectivamente, alguén que califica como "liberdade de idioma" o que sucedeu todo este tempo, é dicir, o monopolio do castelán sobre o galego, é un nacionalista español. Trankis os aludidos se non cren encaixar na definición, nacionalistas españois hainos franquistas, liberais e ata muy progres de nuestro señor. En calquera caso, tampouco hai que desdecirse nin escudarse. É peor (moito peor) ser un asesino ou un violador (isto dígoo sen asomo de ironía, eh?).

Un malinterpretador.