31 may 2007

DÍAS DE REFLEXIÓN

HOTMAN

Xa pasaron uns días despois da victoria esperda de Alfonso Pools. Uns resultados esperados por toda a cidadanía cervense.Aínda que días antes ás elecóns algúns dábanse grandes falsas esperanzas. A política é eso, unha creación de esperanzas que despois se veñen abaixo para uns, e cúmprense para outros. Pero ó final todos gañan, e ninguén perde. Os naconalistas están contentos, porque mantiveron o concelleiro, non tan mal!!. Os socalistas tamén están contentos porque tamén mantiveron os catro concelleiros, e os popularios están polas nubes porque volven a gobernar como lles salga das bowlings. Ala... maioría absoluta, que guai, catro anos sin que ninguén nos diga nada. Buf como mola!!!!. Esto es la política.

Creo tamén que Cervo nunca tivo uns candidatos tan "fashions", (made in maderas), coma este ano, refírome claro esta ó novo alcalde, e á socalista, que quede claro eh!!!!. O concello con máis glamour da curva. E punto entedesssss!!!. Porque mirade os políticos que hai pola comarca.....Rock and Rowel por parte de Viveiro, Joselito por parte de Cervo, Laris Theroon tamén por parte do noso concello, na opo, entre outros moitos. Que guai, como mola.

Outra cousa que me chamou á atención foron os programas electorais. Todos poñían case o mesmo (centro de día para os nosos maiores (como dixeron nos mitins), escolas deportivas, melloramento do tema da auga, saneamento, alcantarillado, emprego, vivenda BUFFFFFF QUIETO, QUIETO!!!!, que concello máis wuai. Somo los mejores. E pregunto eu... ¿Dará tempo de facer todo isto e supostamente moito máis en 4 anos??? supoño que nos últimos 15 de días de lixeslatura dá tempo a todo. Pasou sempre.

PD: En fin "puedo prometer y prometo" que este artigo é polo ben dos políticos. Algún blogueiro, e repito, BLOGUEIROO por si non oen, estará pensando que tou metendo baza. Simplemente querido alcalde, que curres por e para este pobo. Por e pola xente. Non como fixo o outro. Como amigo e cervense, non te acomodes nese sillón tan grande. Porque tenta bastante. Un saúdo.

8 comentarios:

que_me_importa_a_min dijo...

Hotman non estarás facendo campaña para papar á Laris Teron ¿verdade?, entón xa estarías caendo demasiado baixo paxariño.

Anónimo dijo...

"A política é eso, unha creación de esperanzas que despois se veñen abaixo para uns, e cúmprense para outros". Esta ben a túa visión "futbolística" da política, tantos anos de pensamento político para reducilo a algo tan vanal como son as "esperanzas". Pero tés razón, a política convertiuse nun partido de fútbol e tamén, derivado desto, nun anuncio de Heineken ou de Coca-cola. De feito, calquera partido funciona coas mesmas leis de marketing e publicidade que calquera mediana ou grande empresa. O votante convertiuse nun consumidor.
En calquera caso, e xa no ámbeto da política local, nunca en Galiza estivo tan interesante a política. A Mariña non se escapa desta realidade, e veremos como vai "fluctuando" o mercado de intereses políticos entre "empresas" de tan variado signo. Por outra parte, deséxolle o mellor, dende logo, ao novo Alcalde do noso Corzo; máis alá de cuestións ideolóxicas, espero que sexa tan bo Alcalde coma persona (é aquí a vertente personal do comentario). Tamén espero que, no ámbeto dos tres partidos representativos do Concello, deixen de levar ao terreo personal aquelo que é estrictamente político. Un avergónzase de que existan veciños, mesmo familiares, que deixen de relacionarse por estas cuestións, e está nas mans dos políticos cambiar este sino. Discutir sobre política e esencial para a vida democrática, pero sempre que non alcance a esfera máis personal e íntima da xente. Dalgún xeito a expresión "estas son as miñas ideas" e moi cuestionable, pois que sepa eu, aínda ningún veciño de Cervo reformulou un pensamento político. Asumir ideas, non quere decir que lle pertenzan a un.

Anónimo dijo...

Arriba o PP, Alfonso Villares e os concelleiros!!! Cando as cousas non se fan tan mal os resultados vense.

Anónimo dijo...

Pos non se deberon facer tan ben, que senón non tiñas problema en identificarte. Sen medo!!!

P.D. A pesar de que jamás en mi vida votarei ó PP (porque o di Painin, eh??? non por ideoloxía), a miña noraboa a Alfonso Pools.

Anónimo dijo...

Dúas cagadas importantes levamos ata o de agora neste artículo. A primeira, a do Hotman, como di Tresi(es que es mi ídolo), de reducir a política a unha frase típica que ven podería ser o eslogan do novo anuncio de "HS" ou "Carrefour"(o Mistol a 2x1 e o Scottex rebaixado, que felices imos ser cari). A outra, a do gañ@n que presupón que un pobo que é inculto na súa maioría, incluso analfabeta unha minoría, é capaz de facer unha elección correcta e obxetiva, aínda por riba, coa oferta de gobernantes que posuímos.
Por outra, como non ía gañar Villares-PP, son os únicos que poden manter os valores tradicionais, a unidade da familia, dar un volco á futura autoxestión da Igrexia, tan necesaria, e retomar o rumbo desta Españacoño en tempos nos que proliferan roxos francmasónicos que ameazan de morte a integridade da nación, as súas tradicións e as auténticas liberdades persoais.
Ademáis, cambiáronme a soleira da entrada e agora teño ganas de asfaltar a costa do garaxe.
Quedóuseme grabada a conversación cando Billiards chamou ó meu móvil: "tédesvos que dar de conta, a xuventude cervense, que votándome, non vos identificades cun partido, senón que sendo estas as municipais, o facedes conmigo".Hai que foderse.

Anónimo dijo...

Perdón Xogador de Chica, quen ía ser senón a Pianista. Que sepas que eu sempre dou a cara.
A verda' é que teño que dicir que non hai persoa máis sinverguenza ca esa que mencionas no teu comentario (a que está entre paréntesis). É igual que o dixera por un partido ou polo outro, é un impresentable. Debía pensar que o PSOE non lle ía poñer multas.
E respecto ó que di o Metodista, un dez para Alfonso. Eu creo que nun pobo non se deberia seguir unha opción política fixa. Ai, claro, como son do PSOE a muerte, pois no meu pobo vótoo igual sempre. Así nos foi co cacique que nos gobernou hai uns anos, Deus o teña aló onde esteña. Menos mal que hai xente que non pensa coma vós e soubo cambiar a tempo. No meu pobo voto a quen penso que o poida facer ben, sexa do PSOE ou do PP e, como neste caso é un veciño noso, pois moito mellor.
A PIANISTA

Anónimo dijo...

Ahí, Pianista, ahí!!!Sempre tiveche devoción pola miña estirpe...vamos pola do Alcalde, que é a mesma!!!Xa sabes que somos xente con moito talento de nuestro señor!!!Se temos que ser de dereitas, somos os mellores e se temos que ser revoluconarios, bueno, non che conto...mirame a min, como dí, Xogador de Chica, un neosociata revoluconario que mete miedo!!!Haber se cando me presente a Presidente da Irmandade Porcina da Mariña me votas e me arengas tanto (cando vaia tasarche o cocho, doulle o 30% máis de valor, xa sabes...): ARRIBA TRESILLO Y COMPAÑÍA, COMO CERDOS NO HAI QUIEN LES GANE!!!CUANDO LAS COSAS HUELEN TAN MAL, AHÍ ESTÁN LOS RESULTADOS!!!

Anónimo dijo...

Coño, pianista!!! Xa intuía que eras ti!!! Pero como dixeras que nos equivocabamos circunscribíndote a un partido político, eses vítores ao PP soábanme raros, non me casaban...

Para empezar, que sepas que en algo coincidimos; o desprecio polo superchorby dos platos (no meu caso, o "aboiamento" ou "parapléghea" -palabra acuñada por un dos teus gurús- aínda supera ó dito desprecio).

Que lle vou facer, ruliña, se penso distinto... Non podería votarlle ó PP nin nas eleccións municipais, nin nas xenerais, nin nas do Real Madrid!!! Son os principios, que veñen a paliar a miña falta de coñecemento da política... Por certo, eres un hacha; magnífica exposición (aínda que sen darte conta, me temo) do tremendamente lamentábel que é hoxe a política local.

E postos a vitorear... VIVA MARX, ROUSSEAU, A VECIÑA DO CUARTO Y ER BETI MANQUE PIERDA!!!!