18 may 2007

O COSTE DE OPORTUNIDADE. by Doríforo-perfect body-

Existe cun concepto económico moi fundamental.Quizabeis é dos primeiros termos que che ensinan e trátase dunha pregunta fixa nos exames de microeconomía.¿Que é o coste de oportunidade de algo??Respostarémola dicindo que é aquelo ó que temos que renunciar para conseguilo.

Pois ben,o meu amor polo fútbol condúxome a ter tamén o meu coste de oportunidade.Parte do mesmo son todas esas pérdidas de momentos de alegría,tristeza,complicidade,anécdotas,risas...cunha parte fundamental da miña vida,como son os meus amigos.Levo toda a vida e non me canso de estar con eles.Nunca me cansan.Nunca os olvido e sempre os estrano,e como sei que algún non é crente pois eu afánome nas miñas visitas ó templo e prego por eles,cun desexo imfinito en que me faiga algún caso.Faigo porque o merecen e de paso dou gracias por poñelos no meu camiño.

Dice algunha xente que son raros,brutos,borrachos,misoxinos,e non sei cantas cousas máis,pero eu dende a obsevación o único que atopo e que alí por donde vaian non coñecen máis que xente.Xa sexa Viveiro,Burela,San Cibrao,Lugo...É estrano que todo aquel que comparta algún tempo con eles non queira repetir.Xa sexa unha tarde de cervexas ou unha partida de mus.Unha noite de marcha ou unha simple partido de fútbol sala ou nunha pachanguiña na praia.Todos saen encantados e falando ben deles.Eu comprobeino.Un día levei a uns amigos á Queimada.Direi que do ben que falaron da xente que se atoparon ,multitude de conocidos máis xa están desexosos de vir algún día a visitarvos.

Fai algún anos definíronos coma unha secta.Eu digo que si tuvera que pagar por estar nela,non o pensaría nin un momento.Que me pasen os recibos para o que me reste de vida.

Por isto,cada vez que podo,estou con eles.Pásoo ben sempre,xa sexamos 4 ou todos.As risas están garantizadas,xa que se contará algunha anécdota nova e sinón as de tempo atráis son tan boas que ainda que repetidas fan chorar de risa.

Por iso xuntanzas coma a cea de Nadal ou a de esta semá en Santiago,reconfórtanme dun xeito especial,difícil de definir.Só que me fan sentir un tipo realmente afortunado.

Por todo o que significades para min decirvos simplemente.Moitas gracias.


Doríforo-perfecte body-

7 comentarios:

Anónimo dijo...

Snifff!!!Snifff!!!Deixanos secar o lagrimón...joder, machiño, cando che dá pola nostalgea, es moito!!!A parte de guapo, intelixente e pelaso, eres sensíbel...é ahí a clave do teu éxito!!!incluso nós te papariamos se non tiveras tantos pelos no cú!!
Logo de tantas rajadas, está claro que precisabas un intre de contricción (si, vai collendo o diccionario) para alcanzar un intre de paz interior...os remordementos son a polla, sobre todo se che costaron 52 €...
Bueno, en serio, amigo mio, principe de un cuento infinito...nós tampouco podemos expresar con palabras a emoción que nos embarga ao pertencer a esta "secta"...e o feito de que ti pertenzas a ela, a pesar de ameazar constantemente a nósa estabilidade emocional coas túas acertadas consideracións acerca de las gambetas de la life, e un orgullo, enriquecenos como personas e, sobor de todo, como colegas...xa sabes que idolatramos esa alma pura e limpa e ese corpo perfeuto, cuasi apolineo, de desnudo impecable!!!

POR QUE NOSOTROS TE I LOVIAMOS!!!

Anónimo dijo...

Joer tio, non sei a que hora escribiches isto,pero creo que é un dos artigos máis sensibeis e realmente serios de toda a historia do blog. É certo que temos unha fama un tanto estrana para algúns, pero tamén é certo, e polo tanto o comparto contigo, que hai moita xente que realmente nos aprecia. E iso é digno de sentilo. Pois un saudo amigo.
BE BEAUTEFUL, MY FRIEND

que_me_importa_a_min dijo...

Buaaaaaaaaaaa¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡ Buaaaaaaaaaaaaaaaa¡¡¡¡¡¡¡¡¡
Lagrimón q t crio, heche boa verdade q quen ten un amigo ten un tesouro, e encima si es a suerte de ter tnatos e tan variados es o home máis afortunado de la life.
Chapo meu querido Doriforo perfect body, teñoche q dar a miña enhoraboa polo artigo ainda q nos estiveses facendo esperar no coche máis de 15 minutos mentres depositabas no baño todo o que che sobraba dese perfect body q tes e seguramente tamen estarias a cantar a ultima de La quinta estacion a vez, esa que di " Me muero por besarte ........."
A Hotman decirlle q preguntamos en santiago a todolos barrenderos de Santiago pola carteira pero nn a encontraron pero do teu cu ainda se acordan
Arroz con pito al escondite

Anónimo dijo...

A verdade é que cada un de nós é diferente do outro, pero máis ou menos imos indo xuntos mentres o tempo pasa, e iso cando menos está ben.
Unha aperta loguiño.

Anónimo dijo...

Gracias Doríforo, estou seguro de que o sentimento é común en toda a "secta".

Anónimo dijo...

Realmente sorprendeume o teu artigo. Ten razón Hotman cando di que este foi probablemente a entrada máis sentimental das escritas ata agora. E é que non estamos preparados para estas cousas. Este artigo non concorda en absoluto coa nosa forma de ser, ruda, bruta, cuasi cavernícola. Nós sentímonos máis cómodos rajando uns doutros (especialmente tu cizañón), enchéndonos como cadelos e facendo concursos de eructos. Tanto é así que non sabías en qué sección encadrar tanta sensibilidade e decidiches poñelo nunha calquera, ao azar. Outra mostra do que digo é que a maioría de nós sentímonos intimidados por esta mostra de afecto público e optamos pola vía cómica, burlesca, moito menos comprometida.
Agora falando en serio, hai tempo eu pensei que habiamos ir perdendo trato paulatinamente debido á falta de contacto por distintas circunstancias, como pode ser o teu caso; pero sen embargo cada vez que nos xuntamos o ambiente entre todos nós resulta moi fluído, como se estiveramos xuntos a diario. Espero que isto non cambie e que sigamos engadindo novas anécdotas ó noso repertorio.

que_me_importa_a_min dijo...

eres un sol...
tan sentidinho...

PR