16 may 2007

A MULLER, ESA DESCOÑECIDA


A este blog fáltanlle poucas cousas. Hasta lle sobran, vaia. Pero, onde está a tan necesaria visión feminina? Quen pode axudar a sectarios e semellantes máis ca unha delas? Quen mellor ca unha experta licenciada e versada na materia dos amares e follares?

Así que non desesperedes, queridos amigos, os vosos problemas teñen solución. As vosas preguntas e dúbidas por fin teñen resposta. Porque no mundo hai moita fame e todos precisamos unha boa comida. Ou no?

Por iso, para axudar a comprender ao xénero feminino e para salvar aos posuidores dun poder de seducción limitado, para transformar as inútiles meteduras de ficha en meteduras doutras cousas e para aportar novas ideas e posibilidades, está aquí a vosa nova colaboradora, a Doutora Amor, disposta a responder a todas as vosas preguntas (dentro das súas posibilidades, pero son abondo).

Xa sabedes, se sodes dos que marcan a última resposta nas encuestas ou se tedes medo de selo algún día, se queres saber qué outras opcións hai... o buzón de comentarios queda aberto.

He dicho.


A DOUTORA AMOR

4 comentarios:

Anónimo dijo...

¿E digo eu, que ten de malo marcar a última das respostas do cuestionario? Non e que me de por aludido e a esteña a marcar sempre, pero en algunhas das encuestas, das respuestas propostas é a máis adecuada e acertada. Se empezamos crendo que as actitudes basadas en tópicos son as mellores, poucos consellos útiles poderemos recibir, xa que na innovación e en probar as cousas que se nos prohiben ou se considerán malas, está o progreso.
Non é unha crítica, senón unha opinión persoal, máis ou menos acertada; polo do consultorio vexoo como unha idea cojonuda.
Sorte e un saúdo.

que_me_importa_a_min dijo...

Pois pareceme ben a tua idea.Pois dentro dunha vision femenina poderemos encontraar as respostas do que pensan as mulleres dos nosos metodos de ataque.
Ainda que non sabes onde te metiche,xa que hai moito animaliño,desecho sorte e boa colaboracion.

HIPER

Anónimo dijo...

Sinto ter ferido sensibilidades polo da última resposta da enquisa, éche unha forma de falar, oh, por romper o xeo.
Gracias polos ánimos, intentarei sobrevivir aos animaliños ;) Se cheguei á miña edá é que non se me dá tan mal.

Anónimo dijo...

aber enton como e? mellor directos en plan: "ou fodes ou che rompo un brazo" ou menos directo como: "¿fodes ou estorbas? aconsexeme.