4 may 2007

JOSEMARI, ESE REVOLUCONARIO ·····xogador de chica·····


“A mi no me gusta que me digan ‘no puede ir usted a tal velocidad’, ‘no puede comer hamburguesas de tanto’ o ‘se le prohíbe beber vino’, déjeme que decida por mí, que eso es la libertad.” “Es como los letreros que dicen ‘No podemos conducir por ti’ (referencia á campaña da DGT). ¿Quién te ha pedido a ti que conduzcas tú por mí? Las copas de vino que me tomo, déjeme que me las tome tranquilamente; no pongo en riesgo a nadie.” (José María Aznar, na Academia do Viño de Castela e León).

E ó carallo!!! Verdadeiramente, Jose Mari tíñanos enganados. El, que parecía un fachilla da vella escuela, un paternalista da life, un nostálxico da dictadura... El, que parecía pasarse polo forro dos huevos a liberdade de expresión (véxase caso “CQC”, vetos a "El País") e a opinión pública (véxase Guerra de Irak, L.O.U., etc. etc.)... El... El... EL É UN ANTIPROHIBICIONISTA, UN REVOLUCONARIO, UN HIPPIE!!! (pronúnciese ghipié, coma miña avoa que en paz estea; eso dos jipis só o din en yankilandia).

Recoñezo que pensaba que a esquerda estaba falta de referentes, pero agora... Joder, que alivio!!! Ahí temos un novo Lennon, o Bob Marley do século XXI, o relevo do Che, Sartre, Nelson Mandela e demáis axitadores das mentes adormecidas! Se queres a legalización dos petardos, VOTA JOSEMARI!!! (por certo, en que Partido te alineas agora, tío?). Se queres que o Estado impulse o botellón con chupito de anís e faria, VOTA JOSEMARI!!! Se queres que che den un premio por conducir en plan "esta noche no me acuesto que vengo de borrachera" (e que me importa a min se a curva é pa esquerda ou pa dereita)... VOTA JOSEMARI!!! (e cóntalle "ós do Betis", con acento de Paco Vázquez -non che vai saír outro-, iso de "usté déheme que me tome mis jopas de vino trancjilamente, je yo no hago mal a nadie"). Porque (agora) a liberdade é elixir por un mesmo!!! Xa o anticipou Juan José Millás: "igual que los no fumadores son los mejores activos en la lucha para erradicar la lacra del tabaco, aquellos que recelaban de la Constitución son los que nos salvarán de la caída de la democracia." Tamén me ven á mente, sabe Dios por que, unha frase de Groucho Marx: "estes son mis principios; si no le gustan, tengo otros." Recoñezo que estou ansioso: para cando unha entrevista con Quintero narrando a experiencia co L.S.D.? Faría orgías con Zaplana, Acebes, a Botella... e dona Espeeeeee????

En fin, respirade tranquilos, blogueiras e blogueiros. Porque Chema, alma inquieta, é o líder que nos ha de salvar deste mundo retrógrado e castrador... das liberdades. ESTÁ PROHIBIDO PROHIBIR!!!

P.D. Necesita ou non necesita sección para el soíño?

18 comentarios:

Anónimo dijo...

Alucino co revuelo que se armou por estas declaracións. Pero tamén o entendo porque todos somos uns putos hipócritas. Acaso non pensamos todos o mesmo ca el? Veña oh! Por que me teñen que dicir a min o que debo comer ou beber? Dentro de pouco vanme dicir os polvos que teño que botar? Outra cousa é o da velocidade. Tú non tés carné, o día que o teñas pensarás igual ca el. Iso de ir nunha autopista a 133 km/h ou de Burela a Foz a 60 é unha auténtica putada. Agora si, para atacalo tamén se sacaron as cousas de contexto. Acaso el falou de que se podía ir borracho e conducindo como nos quixeron facer ver os da TVE mostrándonos un vídeo dunha campaña da DGT cando el gobernaba dun chaval borracho que quería pillar o coche? Non nos engañemos, falou de que iso da velocidade é unha miseria e, por outro lado, que el pode beber os viños que lle pete. Somos maiores de idade e co noso corpo e a nosa vida facemos o que queremos (tampouco digo que poidamos ir a unha velocidade ca que poñamos en perigo as vidas doutras persoas).

Critícase porque disque "donde dije digo, digo Diego". Todos o fan, todos son iguais de hipócritas (igual que toda a sociedade na que vivimos). O Zapatito fará o mesmo, cando se lle acabe o poder porase en contra do governo vixente nese momento.

P.D.: non sexamos hipócritas

P.D.2: aproveito tamén para contestarlle a Amarillo S. por un comentario publicado xa hai tempo no que se refería a min "como unha gaivota no medio dun mar de homes". Amarillo S. hai moitos tipos de gaivotas, algunhas van por peixes pero tamén as hai que están no medio da merda e da carroña.

A Pianista

Anónimo dijo...

Querida Pianista, verdadeiramente sempre é un privilexio ler as túas intervencións cheas de argumentos; enorme comentario do cal saco que "todos somos uns hipócritas, o que implica que JoseMari ten dereito a selo e dicir o que lle saia dos collóns." Lóxica aplastante. Incluso metes poesía, unhas metáforas que nin Corín Tellado. Monumental.

Falas de hipocresía. Que dicir? É certo, pode que todos sexamos algo hipócritas. Pero ése "amigo" teu que saes sempre a defender cada vez que lle damos estacazos neste blog (de puta madre, e benvida sexas, non ven mal un debate de vez en cando)... bufff, a ese chégalle moito, moitísimo! Realmente, é certo que o que di JoseMari non se alonxa moito do que pensa "o español medio". Iso sí, con bastante oportunismo. Non é esta, en todo caso, a cuestión principal do artigo. Sobre o tráfico ou as campañas da DGT, e sobre a lei do viño, MireUsted pode opinar o que lle saia dos collóns, e bastante pouco me referín a iso. Interésanme menos as formas que o fondo. Por que, non che parece raro que un governante déspota e paternalista coma el (aforro os exemplos, xa cansan e todos os coñecemos) veña agora sendo un paladín das libertades individuais??? A mín paréceme que é para caer de cú, igual que cando Fraga se queixaba da falta de liberdade de expresión nun acto no que o silbaron... el, que foi responsable de prensa no franquismo, protagonizando algunhas das épocas peores de censura!!! (por non falar das "peliagudas" sentencias de morte. ves? hipócritas sómolo todos/as, pero joder, hai xente pa todo...)

Por iso, por ese CAMBIO DE MENTALIDADE tan criminal en JoseMari, pois deume por esaxerar un pouco -moito- e imaxinar un JoseMari hippie (I had a dream...)... Da pouca gracia e escaso talento non fai falta que fales, xa a recoñezo eu.

Saúdos dun enemigo político irreconciliábel (bueno, véndome por unhas jañas).

Anónimo dijo...

PEPERA DO CARALLO!!!!!!!!!!!!!!!

Anónimo dijo...

Oyes ho! a estas alturas aínda seguimos sen poñer nick?

Anónimo dijo...

Que anarkista qu é jose mari. Fai esto para desviar a atención do de ANV e dos paseos de DeJuana, está lapidando a estratexia de partido. El agora so está con Bush, o resto do mundo soplalla, como soplou el a palleta mentra decía este gran discuro porque nótase que ía algo rascado.

P.D.:por certo anónimo estes comentarios sobran, aqui caben todo tipo de opinións e debátense, como se queres defender o exterminio Nazi, pero faltar por faltar non me parece ben. Hai que ser un pouco elegante. Poñede o nick, non é tan difícil

Anónimo dijo...

Para " Chema" o mellor traxe ideoloxico foi cando se puxo aquel modeliño de " sin complejos hombre, sin complejos" pois era un modelo de entre-tempo que aguantaba a choiva de iraK como un solazo do L.O.U. un Prestijaso ou o que se lle botara . amianto puro...

Anónimo dijo...

A ver quen de nós lle pideu a Aznar ir á guerra tamén...e non sería por non decirllo.
Si nos paramos a pensar moito se pasan co pobriño...total...coa cantidade de xente que morreu en irak gracias á súa colaboración desinteresada(por suposto)...que mal fai si non colle ben unha curva por culpa dos malos reflexos causados polo alcohol e mata ó que ven de frente.

Anónimo dijo...

Grande artigo, coma sempre meu ben prezado Xogador de Chica. De verdade, xa sabes o que opino, non fan falla máis comentarios.
Ai, ai, ai...SOMOS UNS PUTO HIPÓCRITAS!!!...en fin, piano girl, falas por ti "y por todos tus comapañeros". Hai unha gran diferencia entre a liberdade e a falta de conciencia cívica. E mira, eu, que a diferencia de Xogador de Chica, teño carné, fumo, bebo e tirome peidos, tento respetar as normas de convivencia, as escritas e non escritas (a liberdade é outra cousa). Coma min, moita xente, sinxelamente procura ser educado...trátase de convivir en sociedade, para eso está a lei, mesmo a moral e a ética cívica. E é que correr a 150 km/h polo medio de Cervo é de delincuentes (e dígocho como un humilde entendido en leis), pero ir a 70 ou 80 é, cando menos, de maleducados...non,non, de xente sen educación máis ben. Follar no medio do Souto pode non estar prohibido, pero se alguén está descansando sentado ao teu lado, tamén é de desconsiderados (unicamente que se anime e se una á festa). En fin, a min que me mola moitísimo largar ventosidades, canto máis ruidosas mellor, procuro non facelo en público,...por respeto basicamente...porque eu, que considero que a liberdade é o ben máis prezado dunha sociedade democrática, creo que a liberdade de tirarte peidos en público, aínda que non esta restrinxida por lei, esta restrinxida por eso que se chama civismo. Claro, para unha superprogre como pareces ser ti, eso non entra na cabeza...enténdote.
Pero para xente coma ti, amante da liberdade, o "estado" tenta sancionar e penalizar barrabasadas como conducir á velocidade da luz, fumar nun hospital ou tirar merda no medio do monte (o dos peidos creo que é un proxecto de lei desa nazi ministra de sanidade). Xa sei, xa sei,...que fachas estos rojos de merda, que tentan controlar as nosas vidas. ¿Como comparar as hostias a punta pala que daban os nazionales contra os manifestantes da LOU, do Prestige ou de Irak (ataque ao dereito de manifestación, reunión e liberdade de expresión) con eso de beber viño a espuertas e despois coller o Ferrari para dar un paseo polos putis da carretera Valencia-Madrid (Zaplana esta rebotadísimo)?Mira que somos putos hipócritas...Para saber o que é realmente a liberdade, ai que vivir en ausencia dela...nin ti, nin eu vivimos nada parecido...exemplo claro e que ti neste espacio espresaste como queres e eu tamén. Pero en épocas onde se corría nas carreteras, se fumaba nos hospitais e colexios e se lle daban un carro de paus ás mulleres cando entraban pola porta "por si acaso", a xente non podía decir o que quería, non podía manifestarse, nin sindicarse, nin votar, nin pertencer a un partido político, nin crer noutros deuses que non foran os oficiais, nin deixar de crer (claro está), nin renunciar ás "armas" e, as mulleres superprogres coma ti para sacar cartos da conta ou montar unha empresa tiñan que pedirlle ao marido ou ao pai que firmaran unha autorización, aínda sendo maiores de idade. A maioría de idade para exercer as liberdades básicas e dereitos fundamentais do home nesa cercana época neste país alcanzábase cando te metían nunha caixa e nun furado baixo terra.

Un saúdo atento,

Tresillo

Anónimo dijo...

Estádesme encasillando nun partido político e non tedes puta idea do que penso. Só din a miña opinión acerca do comentario de Aznar. Se facedes un artigo sobre Zapatero e vexo convinte respotar a favor del tamén o farei.

E poño o meu nome cando faigo algún comentario, non coma outros de vós. Iso de "pepera do carallo" creo que sobraba. Pero xa me imaxino de quen vén e non me sorprende en absoluto. A falta de educación e o faltar á xente é o que mellor se lle da. Ese, a parte de ser hipócrita, é un cobarde.

A Pianista

Anónimo dijo...

Creo que é lóxico encasillarte nunha opción política determinada, que non así nunha ideoloxía, cousa esta da que dende logo non careces e da que, sobre a base dos teus comentarios, teño máis que unha fundada opinión. Agora ben, non te amilanes, non te avergonces e acomplexes de identificarte con un ou outro signo político...é un consello sincero. De verdade que espero máis de ti, esta derradeira resposta á defensiva non é digna da túa máis que demostrada categoría dialéctica. Espero unha resposta argumentada, sarcástica e orixinal da alma máis crítica do blogue. Sinto, por outra parte, os lamentables comentarios que sufriu o teu alter ego "pianista", seguro que non van referidos a ti e se así fose, a miña condena e reprobación ao acojonado que non dá a cara.
Pois eso pianista, que te animes a respostar reflexando a túa impronta, se houbese máis coma ti esto sería bastante enriquecedor.

Tresillo

Anónimo dijo...

Xa está case todo dito, pero hai algo que naide comentou, cando sería a última vez que colleu o coche Ansar? Eu penso que ós ricos condúcenlles; e no suposto caso de o collan conducindo rascao...vai ter problema cos do Betis? ainda o escoltan á casa. Vamos que a única razón pa que dixera o que dixo penso que era buscar o aplauso fácil.

Anónimo dijo...

A liberdade pianista, e sobre todo a de expresión, é importante como ti ben dis: permítenos, entre outras moitas cousas, as persoas, dispares elas, aporrear teclados ou mover os beizos por igual, sen que ata despois de cometida a inxura ou feito o poema importe o que saíu.
Por suposto somos influenciables e tamén inoportunos, caseque por natureza, o cal nos leva ás veces, movidas por intereses ou pasións, a perder a templaza e cuspir o que nos pasa pola fronte, atendendo á baixeza que todos levamos latente e non ó raciocinio. Hipócrita seralo ti, eu, persoalmente, ata que leve uns cantos paus máis(que os hei cobrar), prefiro pensar só nunha hipocresía constructiva, que é aquela que evita que certas cousas vexan a luz polo ben de todos, xa que non son descoñecidas e é sabido que non nos melloran en nada.
Está demáis decir que os teus argumentos non se volven máis válidos cando ousas compara-las limitacións das estradas co tipo de comida que deberías inxerir ou canto deberías foder. Non creo que ninguén nos seus cavales intente pola forza instaurarche un ritmo para a execución de tales cuestións.
O caso deste tolo non pilla a ninguén por sorpresa, pois fala en público sen importarlle xa nada. Debería ser un pouco máis coidadoso e darse conta da súa condición de personalidade pública e a consecuente obligación de medir as súas opinións para saber cales tería que gardar para a intimidade, como a fala do catalán. Non obstante, e co obxetivo de corroborar o que di, animariao a él, e porqué non, a uns cantos amigos seus(por aquilo da soidade do viaxeiro), como Zaplana, Acebes, Losantos, Pedro Jota e algún que ficara no tinteiro, a subirse a un automovil no mesmo estado có Xogador de Chica este Saturdaynight, e conducir por un campo de minas, a ver que tal o fan e se conservan os suficientes reflexos para saír enteiros.
Por último eu mesmo case crio úlcera moitas veces no traxecto que ti mencionas(que serva de exemplo), pois estabamos acostumados a circular a máis velocidade, andamos con prisas ou simplemente a o Bemeta é un pecado levalo asín. Ós que teñen un pouco de cabeza a templanza viralles rápido cando coñezan dúas cousas:que un coche medio é un montón de ferrala perigosa que precisa dunha distancia considerable para frear e que ese tipo de limitacións veñen dadas porque hai por aí un montón de pequechos que xogan e ós que o balón se lles escapa de cada dous por tres á estrada, coma un amigo meu que o último que veu foi a roda dun camión pasarlle por riba do peito.

que_me_importa_a_min dijo...

Pois o pipi!Vamos ter que votarlles outra vez para que quiten o carne por puntos ou as campañas tan fortes da D.G.T.!
Ou polo menos para que non te paren na puida as 9 da maña e te cagues na puta mai que os pariu!
Xa sabedes "BEBE CON MODERACION,PERO BEBE"que co PEPE no goberno non hai multas!


O HIPER

Anónimo dijo...

se volvedes a ler o meu comentario, que parece que non o listes moi ben, eu dixen que estaba en contra de poñer en perigo as vidas das demais persoas. Pero sigo dicindo que estou segura de que cando pasástedes por ese tramo que mencionei vos cagastes en todos por ter que ir a 60. Non dixen outra cousa.
Por outro lado, discúlpenme vostedes se entón non me enterei ben da noticia. No meu comentario poñía que Aznar non mezclara o de beber e conducir,se non que primeiro falou dunha cousa e logo puxo o exemplo da outra. Eu foi como o entendín e como tal opino o que opino. Respeto se vós enténdistedes que se pode ir borracho ca man no volante,pero eu non o creo así. Espero que sexa esta a maior diferencia que separa á Pianista de tódolos escasos sectarios opinando sobre esta cuestión, aínda que non sexa a única.

Metodista, alégrome de que non sexas un hipócrita, eres único no mundo.

A Pianista

Anónimo dijo...

Hipócrtia é aquel que actúa con hipocresía, é dicir, aquel que finxe cualidades ou sentimentos contrarios aos que verdadeiramente se teñen ou experimentan. Evidentemente, esta non é unha definción miña, é unha definición establecida pola RAG. Pode que concordemos que existe un mundo onde todo cristo sexa hipócrita, pero nin esto é "per se" malo, nin tampouco a sinceridade e inherentemente un valor moral positivo. Parece que cando nos estás chamando a todos hipócritas o fas a xeito de insulto, e eu non me vexo reflexado no teu concepto de hipocresía (aínda que igual a dirección das túas verbas tiña a punta da frecha marcada no meu cogote). Tamén creo que deberías ter en conta que o silencio non é un síntoma de hipocresía, porque esta última non é unha omisión, trátase dunha acción...para finxir, hai que realizar un feito. Por poñer un exemplo, calar ante un comentario estúpido non é ser hipócrita, reir ou complacer con parabens a quen o di, si...algúns tamén lle chaman diplomacia, en fin, esto non é, como xa dixen, por si mismo malo, pero pode selo. Se a ti che parece expresar as nosas máis sinceras opinións, mellor ou peor fundamentadas, un síntoma de hipocresía, recoméndoche que ingreses na RAG e propoñas un novo significado.
O problema de Aznar non é só que sexa un hipócrita (por exemplo cando finxiu os motivos da guerra de Irak ou cando el e o seu ministro de Interior trataron de finxir as certezas do 11-M)e que ademais é que é un megalómano con aires mesiánicos. Esto si é un problema agravado por que 4.000.000 de imbéciles cren que foi o mellor presidente que houbo na democracia española.

Anónimo dijo...

Un par de cousiñas Tresillo. Primeiro, o termo hipócrita non o emprego con sentido peiorativo; segundo, a punta da frecha non vai dirixida ó teu cogote nin moito menos. A nosa "especial" relación mantéñoa á marxe dos comentarios que poida facer aquí aínda que ti xa fixeche algunha xa hai tempo.
Saúdos pacíficos
A Pianista

Anónimo dijo...

Antes de nada felicitar ó Xogador de chica, enorme coma sempre.

A min o 1º que me veu á cabeza ó ver estas declaracións foi: “E este retrasado gobernounos 8 anos”. Merecemos o que nos pasou.
Despois asáltanme outros pensamentos como:
- “¿Que fai enchéndose por aí en vez de estar no cárcere?”
- “¿Como non sairá unha nova lei prohibicionista deste goberno contra as gilipolleces en xeral?”
- “¿Como pode haber xente por aí para a que o pelaso este sexa o seu ídolo?”
- “¿A liberdade individual non debería ir tamén acompañada da responsabilidade dos actos propios?”
- E por último, “vaia collóns hai que ter”. Igual é por iso polo que o admiran (o tamaño dos xenitais sempre foi motivo de culto).

E é que realmente a citada frase de Groucho Marx foi moi axeitada, porque este home e os seus amiguiños levan un tempo.... Hai pouco escoitei uns comentarios do ilustrísimo Sr. Acebes nos que respostando a unha pregunta sobre a marcha da economía dixo: “É certo que os números son bos (que pa que diga isto teñen que ser criminais) pero é porque os ricos son cada vez máis ricos mentres que a xente con menos recursos ségueo pasando igual de mal”. E punto, con un par. Para acabar coas desigualdades sociais votádeme a min, entendes!!!
Se é que son uns valentes, uns revoluconarios. A dereita despóxase dos seus obsoletos principios de disciplina, seguridade cidadá, defensa da relixión, favores para mis amigos, e máis vale malo coñecido.... Agora mesturan a unidade nacional e a loita contra o terrorismo coa defensa da liberdade, dos máis desfavorecidos e dos dereitos dos traballadores. ¡Qué grandes!

Xa deixando a estes parasitos á parte a min paréceme que as leis do tabaco e do alcohol e as campañas da DGT son tan lóxicas como necesarias; pero poderiamos debater iso en vez de intentar defender ó indefendible (nótese o til na “o”).

que_me_importa_a_min dijo...

que pensaran os extranxeiros de nos?habia que capalo