
Vou aforrar o traballo do domingo de facer a crónica a unha noite anunciada, así que cual Mario Picazzo estas son as miñas previsións para o sábado:
16:15- Xuntanza no Caseto, unhos café e outros cañita.
16:45- Empeza o mus, os que non saben queixanse, séntanse arredor da mesa con cara de aprender algo pero ás catro mans: "Puto mus, sempre mus, ohh"
18:00- Comezan os proxectos para o Tour de viños, alguén solta o clásico: "Vamos ver a Iago, que nunca vamos"
Aquí hai ramificacións impredecibles pero inevitablemente pasamos a...
21:00- Duchita e camisa.
21:45- Xuntanza no Caseto, unhos cañita e outros viño.
22:00- Misiva ó Almacén.
22:30- A música atronadora de Dj Yáñez complica a plática. Voltamos ó Caseto.
23:00- Sentados á mesa esperamos cual jauría de cans de palleiro unhas croquetas que derretirían o titanio, pero que comemos raudos e vixíantes da conta rival.
24:00- Saciada a fame toca atender á sede.
24:15- Terceira ola. Faragullas, con auga non vale!
24:45- Cambios estratéxicos de silla para compartir chupitos e anécdotas do Cervo cadetes.
01:00- A posesión pataqueira apodérase dos fervorosos adeptos do Oasis.
01:20- Anarkía. Entre Karaoke, Muiño, e taxis hai compañeiros que non voltarán a verse ata o domingo.
---Lapso de tempo incognoscible.
05:00- Vámonos do Painin, que o aguante seu pai que eu vou po Arsenal.
---Lapso de tempo extremadamente grande para andar os escasos 200m que separan ambos pubs.
06:00- Xa temos baixas irreparables, pero non nos resignamos a irnos pa casa porque aquela estame mirando e quéreme algo.
06:05- "Que che dixo?"- "Buahh, de cerca é máis ben tirando a fea"
---Lapso do espacio-tempo. Que fago eu na cama se o último recordo que teño é do Rincón?
14:30- Boca de toxo, piscinas olímpicas de auga e frases paternales tipo: "Moita sede tes hoxe po que bebiche ontes"
16:15- Xuntanza no de Copa, unhos café e outros cañita.
4 comentarios:
Máis ou menos será asi, pero maña kero que todo dios nos vaiamos todos xuntos pa burela. Ben sexa en taxi o no que cadre, pero maña mando eu, Tresillo e un pouco o pinpin do Cazador de media noite e punto. En Burela xa é outro cantar. AHH!, por certo a cea está para as 22:30 máis ou menos. Mentras esteñamos en cervo non vale separacíons, e punto.
QUE VELLO VOU.DÓENME OS CADRÍS.Aínda que a tresillo deberíanlle doer máis jejejej con esa..........ata maña
Amarillo S. e Hotman, olvidades que se ha de facer o que "Chegouohome" diga, hehe.
Ó primeiro, dicirlle que fixo unha fenomenal anticipación dos feitos; quizábeis faltaron as encizañadas de Doríforo, os gallos do karaoke, a quincuaxésima entrega do duelo Hiper vs. Bosteira, e as miradas persuasoras no Arsenal (coa chaqueta branca e camiseta rosa) do Cazador de Medianoite. En calquer caso, se se cumple o que dixeches será unha noite de boas risas.
Para o segundo, e extensibelmente ao Cazador de Medianoite e a Tresillo, CONGRATULATIONS MY FRIENDS!!! Que vellos vades, carallo, algún xa non progresaría no TOTAL MANAGER...(a ti, Bosteira, xa se che acabou a coartada). Esperemos celebralo con éuxito de mulleres (mande???) e cubalibrels (valor seguro).
P.D. Que clase de tuneada da cabeceira é esta????
Certamente a cabeceira é un tanto psicodélica. Parece que non pega co estilo dos comentarios que despois poñemos aquí.
En canto ó artigo, bastante boa predicción pero sei eu de xente que non se vai do Painin ás 5 nin que os mates (o cal ten certo sentido vendo a decadencia do Arsenal).
Publicar un comentario