12 abr 2007

A ALMA DOS VERDUGOS por Tresillo


Este martes, 10 de abril de 2007, ás 22:30 emitiron pola 2 de TVE un novo documental sobre a represión da dictadura militar arxentina titulado en V.O. "El alma de los verdugos".
Non se trata dun reportaxe periodístico ao uso, cun contido informativo sobre feitos concretos (os cales de maneira mediata xa coñecemos máis ou menos todos; un exemplo, mentres Kempes marcaba dous goles e ganaba o mundial de Arxentina 78, na "Escuela de Mecánica de la Armada" estábanse torturando persoas: homes, mulleres e nenos); senón que é un documental que "pretende retratar a través de descarnados relatos o xeito de ser, pensar e sentir dos autores da máis cruenta represión na Historia de América Latina". Tanto supervivintes do terror político xenocida como algúns dos seus executores (torturadores mediatos e inmediatos) narran as súas experiencias, xunto con varios dos homes que encarnaron a loita pola Xustiza en tempos moi difíciles.
Máis alá de facer unha análise histórico-crítica do vergonzoso, ferinte e inhumano acontecemento (aínda que ao final permitireime o luxo de expoñer brevemente o papel da Santa Igrexa Católica neste acontecemento), só vou apuntar unha observación e unha reflexión para abrir o debate (se o considerades oportuno). No documental prantéxase unha pregunta: ¿quenes son esos tipos que mandan aos seus fillos ao colexio polas mañás dándolles un bico, que fichan puntualmente nos seus lugares de traballo como funcionarios exemplares e que baixa a un soto a torturar a un detido político?". Algo que nos pode parecer tan abxecto, pero tamén aparentemente lonxano no tempo, segue a ser unha práctica habitual nesta disque "nósa sociedade occidental da democracia e a salvagarda dos dereitos humanos, práctica da xustiza e liberdade". Sen embargo, ao igual que na Arxentina de finais dos 70 e comezos dos 80, hai discursos moi actuais que pululan no ambente perigosamente que supeditan a liberdade, a xustiza e, por ende, a democracia, a un valor que, ademais de indeterminado, configúrase xeralmente de forma falaz, este é o da "seguridade" (pois debería apostillar, "seguridade económica do poder"). E é que, non hai que só observar o que pasa en Guantánamo e chamarlles fillos de puta aos Ianquis pola súa falsa cruzada pola "democracia del mundo y más allá" (que tamén, por suposto); un pode abrir un xornal, prender a radio e escoitar (ou ler) opinións e discursos que falan das "terribles amenazas del separatismo, nacionalismo, comunismo, da masonería, do "rojerío", ta, ta, ta, que ponen en peligro nuestra libertad". Estos discursos, estas diatribas contra todo aquelo que se aparta dunha determinada ideoloxía foron o xerme e a "xustificación" de moitos acontecementos "similares" aos da Arxentina de Videla ou o Chile de Pinochet. Hoxe, todos, e digo todos, ou ignoramos estos discursos por descoñecemento (porque só somos capaces de mirar o nóso embigo e pensamos que a democracia e a liberdade son estados da natureza e mantémonos na estúpida posición do "apolítico" que cre que todo lle ven dado) ou consideramos que nunca, xamais, terán máis trascendencia que a de "libres opinións" de "auténticos bufóns". Sen embargo, penso, que o sustrato que están proxectando estes "bufóns" sobre a conciencia cidadá, cada día acada mairoes cotas dun tremendo risco para a nósa, xa de por sí, complexa convivencia. É, aínda que, a sociedade maioritariamente parece estar ao marxe deste fenómeno, non debemos esquecer que as situacións de "reacción" contra a orde democrática e o estado de dereito establecido sempre tiveron o seu caldo de cultivo e instrumento en teóricas minorías deste estilo. Non podemos obviar todo isto, debemos ser profundamente reflexivos e contundentes nas nósas actitudes frente a este renovado "movemento reaccionario" dende os principios e valores democráticos que se nos supoñen e que, cando menos eu, teño, porque senón estaremos abocados, máis tarde ou máis cedo, a verter bágoas de rabia como as que vertín eu ao ver, unha vez máis, o pesadelo arxentino.
Para rematar, e a xeito de ensinanza, para algúns e recordatorio, para outros, vouvos expoñer comentarios literais dos bispos arxentinos, para darvos conta, tamén, do papel da Igrexia Católica (esa que pide perdón cada 2000 anos) nesta dictadura que seguro que vos soan a algo (claro está, se tedes memoria):

En maio de 1977, por iniciativa do presidente Videla, a Conferencia Episcopal Arxentina recibiu aos xenerais Viola, xefe de Estado Maior do Exército, Jáuregui e Martínez (responsables dos servizos de intelixencia, uns dos maiores instrumentos de tortura). Ao rematar a reunión Monseñor Ildefonso Sanserra de San Juan informou á prensa:
-"... los señores militares nos informaron con amplitud sobre la situación actual del país en el marco de la actividad defensiva y ofensiva contra la guerrilla subversiva, que se nos ha impuesto desde adentro y afuera de nuestro territorio... al término de la exposición de los generales hubo un intercambio de ideas en un clima verdaderamente cristiano y patriótico..."

Como demostra a cita anterior, todo era considerado nun clima cristián e patriótico: existía unha verdadera alianza, os xenocidas eran defensores da Fe de igual xeito que eran defensores da patria. En decembro do 77, Monseñor Victorio Bonamín nunha conferencia na Universidad Nacional del Litoral di:
-"Es una lucha por la República Argentina, por su integridad, pero también por sus altares... esta lucha es una lucha en defensa de la moral, de la dignidad del hombre, es una lucha en defensa de Dios... por ello pido la protección divina en esta guerra sucia en que estamos empeñados...".
En marzo de 1981 Monseñor Bonamín na Casa Rosada e xunto a Videla di:
-"... Los miembros de la Junta Militar serán glorificados por las generaciones futuras..."
En abril de 1982 Monseñor Miguel Medina, vicario Xeneral das Forzas Armadas declara:
-"... Algunas veces, la represión física es necesaria, es obligatoria y como tal, lícita..."

En fin, vós mesmos.

7 comentarios:

Anónimo dijo...

Está claro que ideas extremistas sempre levan a métodos extremistas, o peor é que os que cometen os crimes pensan que están xustificados. FILLOSDEPUTA

Anónimo dijo...

como dixo Carrillo ( santiago) co seu falar calmo e referindose a transición, " todos cambiamos e o PCE tranformouse nun partido democratico , os que nunca cambiaron foron eles, antes e despois da transición " en referencia aos do aguilucho e a radio da cúpula clerical.

que_me_importa_a_min dijo...

Home, totalmente deacuerdo en cada punto e coma, parrafo e pensamento dis verdades coma puños.

Anónimo dijo...

Como dixo un gran filósofo (Mr. Peibol-papador-profesor) a "falsa conciencia" e un moi perigosa e nn hay peor cego que o q non qere ver. Aqueles que nn recordan a historia están abocados a repetila, e por desgracia temos unha memoria efímera. Sempre haberá tolos con anhelos de poder e grandiosidade, pero para eso existe (anque penoso sistema)a democracia, para impedir q os fanáticos chegen ao poder(salvo en yankielandia), e ahí todos temos un gran poder.
Jimy

P.D: Espero q esta sea a primeira de moitas mas entradas. Saludos sectareos a todos.

Anónimo dijo...

O extremismo é horrendo (vista do color que vista), pero máis triste é que nos tempos que corren a xente aínda sexa indiferente á política e mire para outro lado. Hai que recordar que Hitler saiu elixido democraticamente, e aínda hoxe moitos alemáns que viviron nesa época teñen un bo recordo del (por que? pois porque mellorou a economía alemana, e por primeira vez na súa vida tiveron coche, ou vacacións, etc. importándolles unha merda todas as barbaridades que fixo). Hai unha falta de sentido democrático alarmante, que se ve cando moitos norteamericanos, logo do 11-s, prefiren ver recortados os seus dereitos fundamentais a cambio de "seguridade" (aparente), conseguindo unicamente que o goberno teña vía libre para facer o que lle saia dos collóns. E ninguén protesta, ata parece normal... Tódolos dereitos que levou séculos, sangue, sudor e lágrimas conseguir, non valen nada; a xente renuncia a eles con só amedrentalos un pouco. E o ayatolah da COPE? Tódolos días despotricando contra a democracia, pregonando o apocalipsis e acojonando á xente... e apenas recibiu algún tirón de orellas! Namentres, sigue reclutando ineptos para a causa. Qué coño pasa? Hai que ter un pouco de conciencia, que tamén se dicía na República que as dictaduras eran cousa doutra época...

Anónimo dijo...

Tiven o gusto de ver a metade final do documental cando cheguei do traballo. Certamente, non flipei tanto coa descripción dos acontecementos que máis ou menos coñecía, pero si quedei asombrada polas verbas e a implicación do xornalista e do xuíz Garzón.
En calquera caso, tal vez a túa análise e profundamente reveladora sobre o estado das cousas que nos rodean. Sen embargo, creo que poucos ou ninguén entenden, desexan saber destas realidades cotiás que nos axexan. ¿O porque? pois eu creo que se debe a unha amalgama de factores que serían moi extensos de relatar, pero que fundamentalmente se poderían reconducir a dous: o materialismo e o relativismo. De forma atroz, vivimos nunha sociedade, onde mesmo universitarios de pro e titulados superiores ignoran absolutamente os principios e valores rectores (éticos, morais e xurídicos) da democracia e o estado do dereito, estando máis preocupados polo fashion modelo de camiseta que viron en Stradivarius ou o derradeiro modelo de reloxio de Paul Versan. Terrible formación a que se está infundir, cando se vende esa falacia de que o primeiro "é un mesmo" (como se o ben común non lle afectara a "un mesmo") e que "todo é respetable" (mesmo a ideoloxía neo-nazi) mentras non se lle faga dano a ninguén (asimilando por dano o dano estrictamente físico).
Ti, como futuro xurista, ben sabes que a "a liberdade de expresión e a liberdade ideolóxicoa" non teñen un contido absoluto, estando acotados por límites moi difusos e complexos de sopesar con outros dereitos e liberdades fundamentais. Sen embargo, hai algo obsceno na conciencia política da sociedade...e é que a democracia e o estado de dereito implica de xeito inherente unha visión libérrima de si mesma; como se o límite das accións debe atoparse no intre en que te para un garda civil ou te condea un xuíz, e non antes. Esta visión, permite vivir con total tranquilidade a aqueles que non participan da vida democrática (sexa de forma pasiva ou activa) e se adican a ir de compras simplemente, a ler frivolidades, etc.. ousexa, convivir na ignorancia funcional que supón non saber que mesmo España é un estado social e democrático de dereito e EE.UU un estado democrático e liberal(coñecendo so as denominacións dos mesmos pola publicidade, polo cine, polas series de TV ou polos equipos de futbol). A súa vida tranquila só se ve sumida en terribles contrariedades cando o seu débil estado emocional se ve afectado pola súa plena identificación coa derradeira canción de Luis Miguel (xa sei que che gusta, pero jodete), eso si, que putada eso de que morra xente en Irak.
En fin, meu compañeiro Tresillo, espero que nunca teñamos que abrir os ollos e preguntarnos o porque das cousas cando sexa demasiado tarde.

Un Saúdo.

P.D. esta ben este blogue voso. Noraboa.

Anónimo dijo...

Como se dixo aquí, posiblemente o valor máis estendido na nosa sociedade é o individualismo (iso que se expresou moi acertadamente como “o primeiro é un mesmo”). “Valor” este que permite entender o que dicía o Xogador de chica de que moitos alemáns gardan un bo recordo de Hitler porque nesa época mellorou o seu nivel de vida. Partindo disto, eu si creo que as barbaridades políticas que estamos a escoitar nos últimos tempos son, de momento, “libres opinións de auténticos bufóns”. E creo isto porque a nosa, a pesar de todo, máis que aceptable calidade de vida impide que estas posturas reaccionarias atopen o respaldo suficiente. Sen embargo, en calquera momento podería producirse un cambio que, indirectamente, faga aumenta-lo apoio a estas posturas, transformándoas así de bufonadas a perigosas opinións de auténticos .... nenos mimados (por non dicir outra cousa).
Nunca hai que confiarse demasiado; e máis con esta concepción que temos da política, na que en vez de servir para chegar a acordos e para xestionar eficazmente un territorio, serve máis ben de desculpa para crear bandos, competir entre eles, e andar a paus.
Quédanme cousas por dicir pero de momento non teño tempo a máis. Volveré!