3 abr 2007

MOITO SANRO. BALANCE FINAL DA TEMPADA



Finalizou unha nova tempada e o equipo de Rafa Plas voltou a quedarse ás portas do ascenso. A pesar de ilusionar na pretemporada co fichaxe de Chegouohome, galáutico do eterno rival Candelorio (creando un auténtico “caso Figo” na Mariña), non se puido acceder a ningunha das tres prazas de privilexio que dan dereito a xogar en Segunda Rexional. Para o ano seguro que o logramos. Imos facer aquí, humildemente, unha valoración individual da actuación dos nosos compañeiros sectarios que forman parte do conxunto roxinegro.

CHEGOUOHOME. A súa fichaxe foi un bombazo. A presentación na Chá supuxo o delirio dos afeccionados do Sanro e numerosas ameazas de morte, “desde Rúa con amor”. Daba a sensación de que faría unha dupla “animal” co perigosísimo (dentro e fora do campo) “Homequecorremaisqueabesta,” aínda que non foi para tanto. O seu inicio de tempada foi espectacular, saíndo case a gol por partido, e levantando continuamente ó público dos seus coios. Todos pensábamos que ía joderlles os pinchos ós do “Progreso”, compartindo mesa con nomes tan destacados do futebol lucense como Frigo, Regis Laconi ou Bacoibauer. Pero pouco a pouco foi perdendo gas e o número de goles marcados estancouse, mentres medraba o número de tarxetas recibidas por estacadas ó falso... e por piar (ai, sempre as mesmas debilidades). O rendemento foi bo, pero esperábase que fose decisivo. Nos derbis, veuse superado polas circunstancias e polos tacos afiados de Braveheart, que o miraba de esgueira. Ademáis, o xa mencionado compañeiro de dianteira comeulle a moral coas cañas do Almacén dos venres, e tamén montando (e silbando) o cabalo.

SR. BLANCO. A súa baixa por problemas na rodilla foi un pau irreparabel para a plantilla, aínda que, ben pensado, aínda estando san non podería pór en práctica a súa especialidade, que consiste en secar a Chegouohome. Cando xogou, foi un dos “pilares” do equipo nesa banda esquerda pola que non pasaba nin o aire (alomenos eses dez minutiños, ou vinte, que lle duraba o fuelle). E cando non puido axudar ó equipo no terreo de xogo, o seu comportamento nas ceas foi intachable, agarrando unhas estrovadas coma o que máis, algo digno de resaltar e que nos enche de emoción. Tamén foi o responsable da chegada ó equipo do grande porteiro Tetris, que compiteu con BreadMan ata desbancalo, e aportou sempre un par de huevos.

BARRILETE CÓSMICO. A súa actuación fronte ó Candelorio, cando máis o necesitaba o seu equipo, foi extraordinaria, sublime, de manual. Que vou dicir eu aquí que non comentara con anterioridade o meu amigo Doríforo (Perfect Body). Imposible ofrecer tanto en tan só un minuto e medio. En xeral, as actuacións de Barrilete foron sempre beneficiosas para o equipo, xogando fácil e cunha colocación exquisita (e con ese gusto por ir ó suelo sen que houbera necesidá)... Como única pega, mencionar que o seu bo rendemento os sábados en PotatoLand era causa decisiva da súa falta de brillantez os domingos, problema extrapolable a todo o equipo. Ai, se beberamos un par de cobalibres menos, igual o cativo ese do Galdo non corría tanto...

CUÑADISIMO. (A ver se nos pasamos algo polo blog). Deleitounos outro ano máis con grandes actuacións e goles decisivos, oscilando entre a posición de dianteiro e lateral dereito (para Rafa Plas relacionadas directamente; o lateral despexa e o dianteiro corre por ela). Pero máis aínda nos asombrou nos post-partidos, cunhas pintas tan fashion que poñerían en evidencia ata o mesmísimo Beckham (quen non recorda, por exemplo, o modelo “revoluconario cubano”).

BOSTEIRA. Imprescindible para Rafa Plas. O incombustible central cervecense deu mostras un ano máis da súa clase, pero foi novamente incapaz de guiar ó seu equipo á ansiada meta. Sinteuse como peixe na auga nesa estructura defensiva de tela de araña “se o ‘9’ vai mexar, vas mexar con él”. Ademáis, comulga plenamente coa filosofía castiñeirense do míster. Sen embargo, veuse perxudicado polo adianto de posición do seu outrora compañeiro inseparábel “Little Ships”, que pasou de pinchala no eixo da zaga a facer caños na Bidueira xogando como extremo. Polo demáis, cumpriu perfectamente en case tódolos encontros, recalcando tamén que o seu novo corte de pelo, así como a súa sudadeira “Sprinter”, imprimíronlle melloras na arrancada. Isto permitíalle chegar ós cruces perfectamente á vez que mantiña duelos verbais con xente como Funkymen, Hiper ou Hotman, situados na grada (isto é un dicir). Somentes dous dianteiros lle pasaron por encima; aquel do Galdo que lles meteu seis, e o mito VillaGol... coma sempre saíndo do banquillo, apurando o cigarro cual Humprey Bogart, e celebrando os goles co porte de Enrique Ponce. Ole.

En conclusión, animo a seguir así, rebentando o mercado coa política de galáuticos, fichar a VillaGol... e coa fiel afección da Chá, seguro que esta vez nos bañamos no Xunco. Sanro a Segunda!!!

POLO XOGADOR DE CHICA, COA INESTIMABEL COLABORAÇAO DE AMARILLO SLIM, SR. BLANCO E PELUSILLA.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

A miña opinión é que o Sanro non puido aspirar polo ascenso,porque ainda non se recuperou da marcha da súa gran estrella,de lukaponi,por suposto.Aportando a súa dose de calidade e algunha patada que outra pero sempre justificadas.

Anónimo dijo...

LukaPoni, por que non pos o nick?

Anónimo dijo...

non sei de que me falas?