7 abr 2007

VIII PARTIDO DE PROYECTO HOMBRE. xogador de chica












Intenso e emocionante partido de fútbol sala de veteranos o disputado entre os “GloberTrotters da Zurdita” e o “Rioaveso Machinango”, no pabellón municipal de Cervo. Os primeiros acabaron por impór a súa calidade nun encontro que se desenvolveu a un altísimo ritmo de xogo e que deixou abundantes detalles de clase. A iniciativa correu da conta de “Proyecto Hombre”, que escolleu a quince borrachos para que deixasen a partida de mus e mostrasen á juventú os (supostos) beneficios do deporte e o perxudicial dos torresmos e cubalibres.

GLOBERTROTTERS DA ZURDITA.
HOTMAN. Desequilibrante, decisivo. Deixou pinceladas da súa zurda de seda. Contaxiou o seu carácter gañador con broncas como “cagondiós, estamos ó que estamos” , a un Madriles que trataba de dicirlle coa mirada “pero tío, a ese pase yo no llego ni en vespino.” Acabou por celebrar o ansiado premio de gañar por primeira vez a Doríforo, logo de 1.437 pachangas.
CHEGOUOHOME. Rebentou o conta-kilómetros, sendo clave da victoria polo seu físico espectacular. Dirimiu no campo de batalla a súa discusión de gallitos co Bosteira “Foi pola túa culpa que non ascendeu o Sanro, e non pola miña.”
FUNKYMEN. O rei do “taconcito” deu mostras dun estado físico preocupante, pero “quien tuvo retuvo”, e un par de cañitos recordáronnos quen é o as da frivolité (con permiso de Pancix).
FARAGULLAS. Aportou a súa solvencia de sempre. Eficacia.
JOHN LENNON. Para él vale o dito acerca de FunkyMen, a clase non se perde, e incluso a camiseta do Athletic que levaba insuflou agresividade ó seu templado carácter.
JIM CARREY (segundo Amarillo S.). Coa celeste do Lazio parecía Pancaro, imaxe que lembraba o gran marcador que foi (algún día). Xogador de corte defensivo, faltoulle chegada.
MADRILES. Logo de pasar desapercibido durante todo o partido (exceptuando que foi protagonista dunha das maiores cantadas da historia do fútbol), renaceu de súpeto para deixar o detalle da tarde superando ó Moro cunha roulotte impresionante, digna do mellor Zidane.

RIOAVESO MACHINANGO.
TRESILLO. Perigosísimo. A súa mente privilexiada proporciónalle varias solucións na pista, e cando non saía ben o difícil arte do regate, nin tampouco o complicado pase, trataba de sorprender ó porteiro con disparos desde 50 metros, absolutamente revoluconarios no fútbol sala. Sen sorte.
XOGADOR DE CHICA. Inoperante. “Quién te ha visto y quien te ve”, “Pero moi acabado estás, tío”, foron algún dos eloxios colleitados. Ó final do partido recollíanse firmas para que non seguise ensuciando o seu “glorioso” pasado con actuacións deste tipo.
PANCIX. A pesar do seu estado físico lamentábel non renunciou ós cañitos, pisaditas, bicicletas e demáis familia. Acertou 3 pases de 287, pero aínda así salvouse da queima con varios goles e accións de mérito.
COTE CHARLES. Non puido salvar ó equipo da masacre a pesar da súa envergadura e protección de balón.
MORO. Sen tempo.
MOLINERO. Superado polo partido. Para él vale o dito para o Xogador de Chica, aínda que neste caso, él foi o primeiro en recoñecer o seu estado decadente cunha frase para a historia: “eu xa xoguei ó fútbol para uns cantos meses...”
DORÍFORO. Moveu con estilo e elegancia o seu perfect body, buscando algún compañeiro co que asociarse na sorte do tiki-taka, pero estivo moi só. Os desmarques do Xogador de Chica ou do Homequebebeviñosde60euros foron, frecuentemente, “coitos interruptus.”
BOSTEIRA. Boa actuación do Bosteira, que anoutou dous chicharros de auténtico cazagoles (a camiseta de Michael Owen tivo nel unha influencia incalculable). Na faceta defensiva non estivo tan atinado coma en ataque, sendo víctima dos caños de FunkyMen e da potencia animal de Chegouohome, que nunha carreira implacable, tirouno ó piso. “Non che toquei”, “porque ía de lao, que se vamos de frente esfóndote,” “pero tío, se non che toquei”, “cagondió, espera, que eu tamén sei ir ó suelo.” Bosteira prometeu vinganza, ¿para cando o próximo capítulo?

6 comentarios:

Anónimo dijo...

O estado físico da maior parte dos integrantes da trivu cervense é ... indescriptible. Xuntáronse neste encontro unha cantidade de acabados prematuros sorprendente. Así as cousas sucedeu o inevitable: 2 cambios por equipo e aínda así ós 40 minutos a xente arrastrábase pola pista. ¡Estamos feitos uns chavales! ¡Como de 50!

Sen embargo, máis que o noso envidiable poderío físico, o realmente meritorio pola nosa parte é a crecente falta de ansia. Ponnos unhas cjañas ho!

Anónimo dijo...

A calidade é a calidade "Xogadordechikatimiraos". E creo que xa lle gañei a doríforo algunha pachanga mais, moi poucas, pero algunha xa a tiña no peto. Sempre estivo un ou dous peldaño por encima do demais e iso e inalcancabel.Hai que recoñecelo. Pero estou moi orgulloso de pertencer a unha escadra de grandes xogadores que intenta xogar a bola, aínda que sexa durante 15 minutos, que pertencer a unha panda de pinchadores que tardabades en rodear o balón 1 minuto. Pobres cinturas. E aínda non escarmentastes do famoso 12:1 focense. Ese si que foi o partido de "PROXECTO DOS OPTIMISTAS AKABAOS", xogador de chika, haber cando vas correr algo pola alameda.

que_me_importa_a_min dijo...

Visto o visto e lido,mellor para todos que non nos apuntemos nin sequera xa pensar nos torneos do veran.Asi non lle ganamos nin os veteranos do Raio Rua!HOSTIA!.
E xa non falar de intertar ganarlle algunha ves os pelasos no futibol plaia.
Sempre non quedara alguha pachanga,en horas vespertinas,no sargadelos.
Animo bosteiros,sempre vos quedara o mus!
CACHOS DE MERDA!


O HIPER

Anónimo dijo...

Queridos fans que tanto demandades a miña (parece que) tan estimada participación neste blog, grazas por aclamarme, sodes fantásticos, xeniais, maravillosos...exceptuando, claro está, a Hotman, que sigue na súa liña de "me mojo con preguntas super ácidas a mis compis, porque yo lo valgo y mucho más". Logo seguirei contigo chavalín. Bueno, eso, que grazas, que disculpedes a miña ausencia prolongada en canto á participación, o tempo é ouro e chegoume con ir lendo máis ou menos o que íades escribindo e mostrando. Só dicirvos que o video do animaliño ese bebendo nos cubatas fixome tirar ao chan de risa. De verdade, merecía tal homenaxe. Tamén dicir que Xogador de Chica é o talento máis grande que Cervo pareu en canto a crónicas humoristicas se trata, riome moito cos teus artigos,guapetón. Tresillo, estás un tanto desaparecido en canto aos teus provocadores, evocadores e inspiradores artigos, menos agricultura copular desa e máis caña. Amarillo S., ¿para cando outro artigo sexolóxico nos que mostras a túa extraordinaria e brillante experiencia onanística á par que profundamente coñecedora dos anhelos máis profundos das mulleres? E ben, Hotman, haber neniño, ao marxe de demostrar en numerosas veces, sexa en comentarios, sexa en artigos, que ti nin chicha nin limoná, que camiñas entre pinto e valdemoro, que nin agua fresca nin agua salá...ti cres que esas preguntas tan cutres versadas en tópicos te van levar a algún lado?Haber machiño, mollate algo, danos algo de salsita pa'l cuerpo, así non me pós cachonda nin con cen anos que te pases escribindo desas pamplinas (non me quero imaxinar como serán as túas conversas; espero que eso de que lles pides as miñas conxeneres para ducharse sexa mentira, porque, en fin, ti te describirías)...veña macizorro, anímate un pouco e dá caña, que os tontitos non valen nin pa medio...xa sabes...un biko con cariño a todos por aki andarei.

P.D. Xogador de Chica, perdona a intromisión no teu espazo para non falar do tema...era só para saudarvos. Ciao.

Anónimo dijo...

Benvida de volta nena. Tes razón, fai moito que non fago unha reflexión sexolóxica, así que conta con ela para esta semana, non hai fallo.
PD: Alégrome de que che gustara o vídeo.

Anónimo dijo...

Querido Eneido, porque eres un eneido, non che vou entrar ó trapo meu neno.Mantivéchesnos en dúbida durante moito tempo, pero.......éche o que hai. !!!!vaille dando ahhhhh, non bebas tantos cubalibres o finde que fan mal.e Despois o domingo non saimos da casiña. Ala que che vaia ben.