19 abr 2007

Os libros arden mal ===> Devora-dora



Benqueridos sectarios:

Nesta segunda colaboración atrévome cun libro que ao seren voluminoso algúns dirán ! que tocho !, ben, estou disposta a admitir que rule xente polo mundo que calibre a literatura coma eses que, arquean as mans cando ven uns peitos de cabritiña e calculan.
Para os mais, este será sen dubida un libro excelente que nos achega un tempo e unha cidad, A Coruña, e faino de xeito polifónico, vendo as distintas vidas que levan os que son de clases distintas,( esas clases nas que, aínda hoxe, a pesares de estar solapadas e desaparecidas ata dos programas dos partidos comunistas, China e a propiedade privada...válgame Marx) a cultura que agromaba implicando a panadeiros, obreiras da fabrica de tabaco,músicos de orquestina, madames de putiferio, as bibliotecas, ateneos con intrigantes nomes como " o resplandor no abismo" e un presonaxe central coma Casares Quiroga, republicán que os fascistas despois de ter espoliado casa e biblioteca tentaron borralo do libro do rexistro civil (sic.)
Panadeiras 12 era a casa de Casares, que felizmente ven de ser rehabilitada e que estará aberta ó público o 14 de abril, data da proclamación da república, e que nun fermoso artigo do propio Manuel Rivas no Pais do 23 de marzo fainos unha loubanza baixo o titulo de RETORNO Á CASA DO ESPOLIO.
Os libros arden mal esta editado por Xerais e o prezo é o peor, pois xa se sabe , entre 24 eurazos de literatura autentica e 24 eurazos de jarrafón... Pero Devora-dora sempre ten algunha solución, neste caso, acudir a bibliotéca pública que de momento non hai que pagar taxas.

bicos mouros e a ler.

1 comentario:

que_me_importa_a_min dijo...

tampouco te pases,que estamos acostumados a oir que o tamaño non importa,sempre e cando o libro se deixe ler.vou aproveitar para recomendarlle unha novela a tresillo.LA HITORIA DEL AMOR de NICOLE KRAUSS. estou seguro que non te vas atrever a facerlle unha critica inmerecida.O BICADOR DE INGLES