25 abr 2007

ENORMES CHICOS DE LA MONTAÑA. polo xogador de chica


Non puidemos celebrar o ascenso do Sanro, pero sí o do Montañeros (o caso é celebrar). Desde o blog dámoslle-la noraboa ós pirenaicos por conseguir unha praza en Terceira División con cinco xornadas de adianto, o que mostra ás claras a súa superioridade ó longo da tempada. Imposible que fose doutro xeito cando se poñen a funcionar os mestres do tiki-taka, perfectamente engarzados desde o banquillo por ese trotamundos que é Lemos: Chechu, tócala; Rumbo, escóndela; Borjita, carrétala; Doríforo, pónsela; Guillermo, defínela!!! Maxistral!!! Esperemos que o fígado xa estea curado logo da celebración en Cheva, e que podan chegar sen problemas ó solemne recibimento por parte das autoridades e dos 50 de sempre que van ó campo cada domingo. Por suposto, parabens ó gran Doríforo, factor clave na boa marcha do seu equipo, con goles e asistencias tan decisivos que fixeron a algúns aficionados rivais perder os papeis e pagar a súa frustración con el, negando a súa indiscutíbel beleza. Máis cabaleirosos se mostraron nas súas declaracións outros rivais, que recoñeceron sen tapuxos o talento deste equipazo. Á espera das palabras de Hiper, o Maldini do HollyFoz, sabemos o parecer do Beckenbauer de Valdemouro: "como carallo non ían ascender, se corrían á puta que os pareu..." Canta grandeza. A próxima parada, a Segunda B??? Dar a campanada no Anxo Carro contra os Rulin Stones??? El tiempo y el toque de Doríforo lo dirán...

6 comentarios:

que_me_importa_a_min dijo...

MOITO TIKI-TAKA!pero o Mountain ganounos en foz porque me lesionei e na Coru empatamos!Tiñamos que xogar sempre contra eles que asi nos salvariamos.

O HIPER.....

Anónimo dijo...

Noraboa a Doríforo e Alex, solo me pesa haber deixado o futbol polas celebracións coma esta, que por outra parte nunca me tocou vivir, nós éramos máis de celebrar cando nos metían menos de 10. En fin, que vos dure a alegría!

que_me_importa_a_min dijo...

hiper non te tires da burra e non fagas comparacions(son odiosas).Pesetero,menos mal que demostrache que na familia habia clase.

Anónimo dijo...

Únome ós parabéns,(como me mola esta verba), xa che digo que o celebraron polo alto........... (da montaña), jejejejejeje, que chispa teño. Xa que Doríforo mandoume un SMS as 7 d maña do luns dende CHEVA.Pero ese ascenso é ben merecido. Fun testigo de partido desta inigualabel escadra. DCon tanto TIKI TAKA, creo que lles falata algo de STAKA. FICHADE A TORRENTE OSTIA!!!!!!

que_me_importa_a_min dijo...

Clase teño para dar e regalar!

O HIPER

Anónimo dijo...

Unha vez acadado o obxectivo deste ano con comodidade, agardamos un bo rendemento a próxima tempada en 3ª. Ningún xogador co talento de Doríforo debería competir nunha categoría inferior a esa.