24 abr 2007

"Lugares de adoración" By: Arroz con pito al escondite.


Boas queridos sectarios:
A estas alturas, quen máis e quen menos coñecerá a existencia dese santuario visitado asiduamente cada fin de semá polos compoñentes sectarios deste blog, que non é outro lugar que O Muíño Rouge, templo da perversión e da luxuria nocturna de Cervo, (con permiso de outro sitio que ahora non citareí porque non ven ó caso).
Este santuario, meca de peregrinación para moitos de nós, é levado polo noso guía espiritual e druida que non é outro que o incombustible e insustituible Gordoramix, o cal elabora unha extraña poción a base de pelas de limón, graos de café e un extraño e forte líquido da textura e cor da auga pero que nada ten que ver con este elemento líquido. Unha brebaxe tan forte que é capaz de sacar o mellor e o peor de cada un a certas alturas da noite dependendo da cantidade inxerida é do tempo de combustión do mesmo.
Pero todo santuario ten unha figura a quen rendirlle devoción, e o noso non ía a ser menos, e dende a fiestra superior alzase a figura se San Pascual Bailón, Sanpa pos sectarios máis cercanos a él, patrón de congresos eucarísticos e da adoración nocturna, sendo o seu día festivo o 17 de Maio, celebrándose en Vila-real, pero Sanpa non ten tempo de festexos porque bastante traballo ten mirando dos seus sectarios todos os fines de semá á noite durante o inverno e todos os días, (menos os luns por descanso do druida), en verán dende xunio hasta ben rematado septembro. Velando polas nosas almas e non deixándonos caer ante tanta inxerta masiva de alcohol, acumulándoselle o choio en Agosto e máis concretamente ó redor da segunda quincena.
E que decir dos monaguillos que pasaron por ese templo, axudándolle o druida a repartir os litros de brebaxe á comunidade sectaria como son Chinosuke baja, Funkyman, Bonsai Daniel San ou o mismisimo Lukaponi (o rápido de bouzas), sen olvidarnos dos que recollían o cepillo dos vasos, como non Cerveciña fría e Rochostones, de ai un se explicase que a altas horas da noite non houbese máis vasos. Importante tamén en toda liturxia a música, e polo organillo pasaron virtuosos coma Levo escapado toda a vida, Arroz con pito al escondite, Bonsai, Rochostones, Gordoramix e un sin fin deles.
Pero a fama deste templo débese sen lugar a duda os seus sectarios: O Hiper, Agancho por ti, Tresillo, Amarillo Slim, Rey de copas, Hotman, Faragullas, Metodoman, Bosteiras, Señor Blanco, chegou o home, xogador de chica, iceman, Barrilete cosmico ........................... e os antes mencionados, xa sei que algún se me queda no teclado, pero non son todos os que están pero están todos os que recordo.
Bueno en fin, o verán xa está aí, e o druida xa volve a estar coma de quince, polo que se preve que se aveciñan meses de inmesas masas en peregrinación ó templo, adorar ó seu patrón e consumir a bebida máxica que nos fai adoptar multiples personalidades facéndonos esquecer quenes somos, a onde vamos e de onde vimos, así que queridos sectarios a gardar penitencia toca, xa sei que é duro pero o que algo quer.................................

P.D: Sei que votades en falta sectarias pero nesta relixión o que máis abunda é o sectario, que sí que ó mellor tedes razón que en ver de chamarse O Muíño Rouge debería de chamarse A ostra azul pois tamén, pero ostia, é o que hai e a quen non lle guste que se meta musulmán e punto, que para algo teñen a 8 e 9 mulleres por miembro, Dios que mal está repartido o mundo.

18 comentarios:

Anónimo dijo...

Gran homenaxe a Meca Hepática que todos levamos no corazón, quen non se emborrachou alí? quen non se botou unhas risas? quen non botou un pol....quen non se emborrachou alí?

Anónimo dijo...

Parabéns, como di o meu amor platónico a poetisa Yolanda Castaño, ó meu amigo arroz con pito. Á verdade é que me emocionei cando lin o artigo. O Muiño ten algo, non sei o que, pero algo ten. Por moita compaetencia que haxa no pobo; o Muíño sempre está aghí. Presnete nas nosas vidas e nas nosas cheas. porque á verdade é que moito nos levamos engodallado. Moito levamos piado nesas noites de verán. Nesas noites de agosto ata ven entrado o amencer.A veces con sorte outras con bastante menos. Pero o importante é o Muíño o seu gran Druída, como di Arroz. Que de feito xa ten uns cantos nomes: Panoramix, Gordoramix, en fin......o que nos queda.

Anónimo dijo...

Non podemos olvidar, que todo druida ten o seu bo discipulo que caeu de pequeno no pote da poción máxica, por eso hai que recordar o noso obelix particular: Mazopiernas, non hai persoa humana en kilometros a redonda capaz de inxerir tantos litros de queimada nunha noite e manterse en pe (quen di en pe di de rodillas ou bandeando ja,ja)¡INCRIBEL!
Un saudo a todo os sectarios e o meu ben querido Gordoramix, se non fora por el que me serviu o primeiro jw na miña adolescencia, agora non bebería nel como se se fose acabar, sabeme como as amoras (cando me teñan que transplantar o fígado vouno denunciar por non avisarme daquela dos efectos nocivos para a saúde, será mamón, ja,ja).
P.D.: Aproveito tamén para recordar a fugaz visita nun verán pasado, dun alumno aventaxado do muíño chamado David "Condor", do cal aprenderon a piar homes do pobo como Simón "Faisán",¿por onde andará agora a revolotear dito elemento de Arcade?
Xa o deixo aqui, que isto xa parece un comentario de tresillo je,je. CHAOOO!!!

Anónimo dijo...

Realmente inpresionante poucas veces oin una discricion tan boa dun lugar tan fermoso. E se a oin taba borracho que moi probable

Anónimo dijo...

Pois eu téñovos que dar unha, supoño que mala, noticia. Teño oido ultimamente que o druida abandona. Polo que teño entendido, xa ten novo posto de traballo. Non poido dar máis información pero en poucos días sabereino fixo.

Anónimo dijo...

Rumores aparte, O MUIÑO SIEMPRE!!! Que sería de nós sen as cheas monumentais alí apañadas, sen as piadas que acabaron en fracaso, sen os aniversarios engulindo queimada como se fosemos morrer mañá, sen os músicos en vivo que hotman destrozou psicoloxicamente, sen eses cobalibres que saben DE PUTA MADRE (que aprendan outros prestixiosos locais mariñanos), sen os debates sobre mulleres (tan neutrais nos que non había unha soa que poidese defendelas, hehe), sen as anéudotas do sábado pasado, sen os maratóns de chistes malos malísimos... incluso sen os toqueóns nos sofás xogando ó trivial!!! (sempre adulterado pola maxestuosa presencia de Gordoramix, que as sabe todas).
Noraboa polo artigo, Arroz Con Pito. Noraboa ó Muíño por ser o mellor pub da Mariña. E punto.

que_me_importa_a_min dijo...

Hai tamos!Ese Moulin,ese moulin!eh,eh!Non son pataqueiro pero pareceo!
No muiño hai anecdotas de todolos gustos e sabores(mais ben un sabor,JW CON COCACOLA),coma naquela queimada que se fixera para a chegada dos cursillistas,non me acordo que ano foi,e que Mazolegs bebeuna coma se fora auga,e cunha prea criminal, o final da noite dixolle o Gordo que lle cobrara e que so tiña un par de zumes,"os putos zumos,xa sabia eu que non tiña que mezclar",dixo el aguntandose de puto milagro.
Impresionante!
Esperemos que nos queden ainda moitisimas noites coma estas pasadas,de lojuria e perversion no Moulin!

o hiper...

que_me_importa_a_min dijo...

rapaces,que sepades que os rumores son certos.quedanme 20 dias,pero que abandone o templo non implica que deixe de vir a o millor pobo que pareu galiza.prometo facer unha despedida para non esquecer na puta vida(inefo prepara o estomago que van a ser 200 litros de raspa).Beluka encargate de rulalo a Bonito culo e familia.vemonos nos bares.EDADEPIEDRIX

Beluka dijo...

Beluka rúlao e transmite a súa adoración a tan grande templo de perversión, alcoholismo, musiqueo e meneo de cachas.
Alabado seña o druída. Que fluya o Johnny (pa' min estrella, plis), no Muíño e allende Figueirido.
Amén.

que_me_importa_a_min dijo...

amarillo s.que sepas que no templo ten follado moi pouca peña,eso si,escollida.e non mas coce o corpo si non o solto,puido haber algun mais,e non precisamente con unha calquera(esquenoqueesotoyesperandoaotra).non llo perdonarei na vida.conto que si podes non deixaras o pavillon tan baixo

Anónimo dijo...

WUENO, rapaces e rapazas, a Galia cervense perde a un dos seus fundadores.Penso que a festa de despediada debémoslla facer todos nós a el. Gordoramix que aporte a pócima, nós xa aportamos o resto. Non hai fallo, e nunca o haberá. Despois de ler estes comentarios á verdade é que me sentín un verdadeiro galo. Bromas a aparte......EDADEPIEDRIX, ¿Porque carallo te vas???. que vai ser do MUIÑO???.

UN SAÚDO GALIA

Anónimo dijo...

Edadepiedrix, non penses que te vas a librar de nos tan facilmente´, ainda nos vas ter que aturar vaias para onde vaias.
Non olvidedes avisar con tempo para a festa de despedida, non penso perderma.

Anónimo dijo...

Hotman ten razón. Sabe Dios qué diaño é, pero o Muíño de Cervo emana un sentir especial, que lle ven dado en parte por Edadepiedrix, excelente camarero, calmado confidente nos momentos etílicos, amigo...Todos o recordaremos detrais da barra, de pé, alumándoche a entrada do pub en canto oía abrir a porta co sorriso de orella a orella, e non só para os amigos, senón para calquera, coidando con profesionalidade do templo, servindo por orde, invitando no xusto, preguntando e bromeando ata onde el vía que era de bon facer ou gardando as distancias, discreto, xogando cas cordas da confianza e a profesionalidade coma o mellor xerente.
Sorte ten o lugar que o acolla, por el, e pola abalancha de clientela cervense que facera dese sitio lugar de caña fixa, pois co Gordo vaise algo que moitos perseguiremos como animais feridos.
A alguén que lea estes comentarios e non leve mamando dese teto cervense durante anos varios, pareceralle esaxerado, pero que se de un paseo e compare, que faiga contraste entre ese refuxio e outros, porque non é o mesmo unha porta blanca e vella, que raia o chan inspirando respeto que a triste e moderna porta electrónica común, ou as paredes de pedra que che inundan o mirar cás verticais pintadas a modo de decorado de barrio sésamo dalgún que pretende ser rincón e non o é, os ventanais abocinados do Muíño que te acollen coas vidreiras frías burelesas e, por suposto, a selección musical(que a min non me gusta) rara e cargada de glamour coa que o Gordo te invitala a bailar cada vez que sube os escalóns, cansado, poñela, despois de cortar unha coversación afable contigo, cós temitas de duración mensual ou o sorriso falso,que por moitas copas ás que te inviten sempre anunciará desgracia, doutros.
A ver quén o sustitúe, porque seguro estará por debaixo, pero se polo menos fose da secta...

Anónimo dijo...

Meus queridos sectarios.
O muiño (e quen di o muiño di gordonamix ou edadepierix ou como sexa) ensinounos todo (ou casi) o que abia que seber, foi que nos uneu nesa preciada secta que nos fan chamar da cal nos orgullecemos e se de verdade lle ai que dar o adeus a de sela festa mais grande que recorde cervia. Pois ese ser e merecedor duna estatua.

Anónimo dijo...

O muiño vai máis alá dun sitio. É o significado de pertenza a un lugar.Fai que unha forma de entender a vida seña o vinculo de unión dos seu asiduos. Edadepiedrix é o "quen" que aglutina este sentir. Realmente é unha pena que esta etapa finalice, pero prefiro quedarme cos bos recordos que sempre me traerá ó mirar atrais. Esperemos que a pesar de todo as cousas non cambien, ser coma Peter Pan e disfrutar para sempre do lugar máxico como é o MUIÑO.

Gracias Gordo, gracias a todos.

Anónimo dijo...

Realmente espero que quen tome o relevo esté á altura, e sepa manter vivo o noso querido Muiño. Dende logo non nos podemos permitir perder un dos nosos centros de reunión máis emblemáticos.
Informade con tempo desa despedida, que ten toda a pinta de ser unha celebración que quede para o recordo.

Anónimo dijo...

xa sei que ultimamente non fun unha asidua do MUIÑO, pero como todos vós, alí foi donde empecei a facer das miñas, donde tomei a miña primeira copa,non foi de j.w., nin siquiera sabia o que era eso!!,pero a segunda si, ofrecida por un membro da secta, no momento de rematala e levantarme, casi non sabía nin donde estaba!!jeje. vellos tempos, nos que pa estar contentos so nos facian falta unha ou duas copas!!
O leer este artigo púxoseme a piel de galiña, non sei porqué, pero,igual que vós, teño un sentimento especial por tan prezado lugar.
Polo resto, decirlle o Gordo: PITI!!! eres un dos mellores camareros que coñezo e unha das mellores personas.
Só tes que decir para donde te vas e ata alí iremos. un besazo

Anónimo dijo...

xa sei que ultimamente non fun unha asidua do MUIÑO, pero como todos vós, alí foi donde empecei a facer das miñas, donde tomei a miña primeira copa,non foi de j.w., nin siquiera sabia o que era eso!!,pero a segunda si, ofrecida por un membro da secta, no momento de rematala e levantarme, casi non sabía nin donde estaba!!jeje. vellos tempos, nos que pa estar contentos so nos facian falta unha ou duas copas!!
O leer este artigo púxoseme a piel de galiña, non sei porqué, pero,igual que vós, teño un sentimento especial por tan prezado lugar.
Polo resto, decirlle o Gordo: PITI!!! eres un dos mellores camareros que coñezo e unha das mellores personas.
Só tes que decir para donde te vas e ata alí iremos. un besazo