27 abr 2007

SANTIAGO IS DIFFERENT... E O BAR ORELLA, CRIMINAL ·xogador de chica·



Supoño que todos/as aqueles/as que gustan de ir de viños por Santiago pasaron algunha vez por un deses templos da tapa que é o "Orella". Para vos vai esta entrada. Neste caso, unha chorbita decide probar o manxar deste mitiquísimo bar para un documental superprogre e supercosmopolita da BBC sobre a capital revoluconaria (por certo nena, tes un pésimo gusto). Impagable a explicación do jefe, simulando un cocho (inevitable recordar a imitación dun conexo por parte do Bosteira ante a súa cuñada, nunha situación parecida) e dicindo "hai que probarla, que es gastronomía de Galicia, moher." E sobre todo o vellouco chinao por detráis: "teñen que vir os ingleses todos aquí a proba-la orella..." Que teñades bo proveito!

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Pero que coño van saber os putos fish´n´chips o que é comer ben! Ainda me acordo dos italianos comendo os percebes con cara de noxo no bar do fútbol e pedíndolle a Santi que puxera unhos cacahuetes.
Mui bon o video.

Anónimo dijo...

Aínda este luns volvín a comela, e neste mesmo bar:riquísima. Toda unha ración acompañada de pan que o xefe, afable el, chamou media, e que para acabala costoume o meu. O precio, 1.80 €, de coña.

Anónimo dijo...

Vaia! Á orella esa debenlle meter, como di Amarillo S., heroína, porque sabe que consola. Ai, que recordos, cantas cheas alí apañadas... Non chorarei. Non chorarei. Non chorarei!!!