19 abr 2007

A REVOLUCION DO CARABULLO. By: Rey de copas




Moi boas meus queridísimos lectores, seguro que moitos de vos nunca oistes falar da “revoluchion do carabullo”, pero existeu, tan certo coma foi a industrial. O detalle é que nunca foi escrita ata ahora.
Todo comenzou hai un caldeiro danos. A xente empezou a fixarse no seu medio natural e deuse conta dalgo (cousa rara na nosa civilización) : os carabullos serven pa moitas cousas e sin darnos conta levabamolos usando dende o principio dos tempos. E claro, comenzouse a facer uso deles dunha forma totalmene descontrolada, sen ir mais lonxe ensinabanche o seu poderio no colexio cando te portabas mal cun leñazo no pico dos dedos, pero bueno tamen se quitou algo de proveito e senón que lle pregunten a Remualdo Garcia Piñeiras, que taba roendo por irse pa taberna botar a partida e a máquina de berrar que tiña na casa (Maruxa, a sua muller) non lle deixaba ir ata que fregara. Entón, pa darlle un pouco de brío ao asunto, chantoulle un carabullo a un trapo e mira tu, cousas da vida, inventou a fregona, fixose rico e deixou a Maruxa. Ainda houbo outro chamado Boudón Bordón Bordiu un pobre home que non podía escoitar o derbi Sanro vs Candelaria pola sua radio medio escangallada, posto que a sua muller Celestina sempre taba a berros co cativo, que padecia “Connorpedia” e non facia máis que engodallarse cos caramelos, e non habia dios que ganara pa roupa. Canso de todo isto, levantouse do sofá por primeira vez en quince días (xa que taba no paro) agarra un carabullo e chántallo a un caramelo, a ver si así non se engodallaba tanto. O detalle a destacar e que o cativo engodallábase igual, pero el fíxose rico podre, e igual que Remualdo deulle un par de palmaditas na espalda a súa señora.
Pero bueno, esas forón as que se souberon, ainda que no resto dos escritos non puxeran as verdadeiras historias, poñoas eu ágora. Pero claro non todo era tan bonito tamen fixeron una pila de trapalladas. As casi contarei no vol.2.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Os teus miolos rexen sobre asuntos de vital trascendencia para a humanidade, segue así, iluminándonos en pequenas doses sobre a nosa procedencia e o motivo do aumento da cavidade craneal ó longo dos anos, pero ollo, aínda que só sexa a modo preventivo, comas manifestaciones do PP, nin ti nin Sabina deberíades deixar de tomar drogas.
Respecto ós inventos, olvídaste do científico máis avispado dos últimos tempos, que cunha visión visión empresarial basada no aforro e na codicia pero pintada coas cores da orixinalidade e a boa presentación, consigueu vender bolos de pan bañados en caramelo ós que lles seccionaba un círculo central, que, á súa vez e cada poucas unidades, acumulaban materia prima para outro bolo máis. Desta forma, os pazguatos consumidores desembolsamos gustosos máis diñeiro do necesario por un producto adictivo e fascinante á vista coma unha muller bonita sen preguntarnos primeiro, porqué nos tangan, e segundo, onde agochan a parte que lle falta á miña merenda ou almorzo favorito, ¿enviaranma por correo?¿entrarei no sorteo dunha cada 200 boliños consumidos?¿ou teño que ir recollela á fabrica do susodito producto máis cercana polos meus propios medios? Este non sei se era galego ou catalán, pero avispado un rato.

Anónimo dijo...

Estimado Rei das Cheas, a verdadeira revolucom do carabullo producíuse cando Mouronte -ese crack capaz de vender viño peleón por Rioja, capaz de vender Kas Naranxa por zumo natural-, vara de avellano en mano (oh poesía) e coa faria entre os dentes, obligou a unha nutrida representación dos McGregor e McCloud a que devolvesen as sillas do bar que tomaran prestadas para sentarse no medio da festa do Sargadelos.

"Ehhhhhhhh... Todos en fila de a un, arreando coas sillas pó zoco."
E punto.