22 abr 2007

VAMOS, VAMOS, VAMOS... VENGA, VENGA, VENGA!!! ·xogador de chica·


Benqueridos blogueiros e blogueiras, a sección rulinstoniana vístese hoxe de gala para homenaxear a eses fenómenos da madrugada que fan as nosas cheas máis divertidas e levadeiras... Os DJs!!!
Sí, damas e cabaleiros. Por que, ¿saberían igual os cubalibrels no K.K.H.U.E.T. sen a excelente banda sonora que nos prepara cada sábado o noso estimado Arroz Con Pito? Este é indudablemente un disc jockey da ecléctica escola burelesa, capaz de pinchar a Chayanne, Elvis Crespo e demáis familia mentres leva, sen remordimientos de conciencia, unha camiseta de R.E.M. ou de U2. Monumental este último fin de semana, non deu tregua con temazos como “Bruta, ciega, sordomuda, torpe, traste, testaruda” ou “Y yo sigo eiquí”, desa artistaza que é SuperPauli, a moza de Colate (eu de maior quérome chamar así).

Seguimos o repaso a estes lexendarios “pinchadiscos” para deter o noso camiño no Painin Uan Mor, ese local de referencia respecto do bo gusto musical. Aquí temos a “DJ Allá Tú”, auténtico showman e exquisito musicólogo. É este un verdadeiro dominador das masas, arengando ó entregado público con frases demoledoras como “Vamos, vamos, vamos... Venga, venga, venga...”“Os veo muy apagados... ¿Pero qué cojones pasa aquí, eh? ¿qué cojones pasa?” (por certo, ¿como un tipo da Mariña fala castelán tan "madrileñamente" cando, probablemente, toda a vida mamou eso que todos mamamos de “neno, come a coliflor ou estámpote contra a parede, mecagonasestrellas...”, ou “se vas salir pon o garsé, que ven viruxe de neboeira”? Misterio). En fin... este mestre da comunicación sabe xogar perfectamente co público, como cando ofreceu 4 cubatas a quen acudise á súa cabina para dicirlle o título da canción que comezaba a soar... (Por certo, era “Los Amigos De Mis Amigas Son Mis Amigos (Uh, Vaya Lío)”!!! Objetivo Birmania!!! Definitivo. Sublime. Superior). Tamén é extraordinario cando pon vozarrón de macarra para anunciar que “le pese a quien le pese, esta última media hora va a sonar rock y de pura caña...”... e atronar con... Status Quo ou Bon Jovi!!! Menudos guitarrasos, tíiiiiio!!! Nun último apunte da súa xenialidade, mencionar que ata inclúe a reflexión filosófica nas súas sessions, como cando dixo “¿Qué pasaría si tocase la lotería aquí en Burela... eh? Buaaaaaaaaah... Ehhhhh.... Ehhhhhhh?... Buaaaaaah...” Baste dicir que Doríforo quedou tan perplexo e marcado pola pregunta, que a partir de entón adicou tempo e esforzos, en alma e perfect body, a atopar resposta para tan importante cuestión. Unha bolsa de auga quente foi o seu único equipaxe para unha vida errante de búsqueda... Verdadeiramente, “DJ Allá Tú” é inalcanzable.

Un momento... ¿Inalcanzable? Non!!! Ó outro lado da carretera, queda o Recuncho do Tres, que posúe o privilexio de albergar ó máis grande... o tótem dos platos... o DJ Marta masculino da night pataqueira... O único coa creatividade e valentía necesarias para enlazar, de sopetón e sen respiros,
1) “Highway to Hell”, AC/DC.
2) “La vida empieza hoy (ya veremos qué pasa mañana, uoho)”, Sergio Dalma.
3) “Ariquitantantan –quetumbambam- quetepetepetambambam- quetubamquetumbamqueté... Éxtasix, Exta Nox.”, Chimo Bayo escollendo pastillas cual gourmet (chaval, débeslle unha cena; reflotou a túa carreira nun par de heroicas intervencións).
¿Quen ten collóns a facelo? ¿Quen atopa unha conexión entre tres temas a priori tan diferentes? Simplemente, un xenio, un tipo por encima do ben e do mal, por encima das protestas das niñas pijas e dos melenudos calimocheros... Un crack, un fora de serie, que mentres pincha as delicatessen mirando para as titis regala dedicatorias nun castrapo supermolón, pero que non entende nin Jesucristo. En calquera caso, pídete un cubalibre que as clases non son gratis. E non tes nin puta idea... E que me importa a min, e a calar, a ver se me dá por poñer ó Fary, pringadetes.

Gracias, maestros. Salud y larga vida.

7 comentarios:

Anónimo dijo...

Ben deitan de que poñen cubalibres e sábenos coma os figos pasos, que si non habíamos ir a certos paffs polo carallo!!!!

Anónimo dijo...

P.D. Olvidouseme facer mención a ese "mostruo" que é o maestro de ceremonias oficial do "Chiringo de Peibol" (tamén da superdisco de Lourenzá)... o único capaz de pinchar cheo coma un can, mantendose a duras penas en pé... de babear polas cachondas presentes a través do micro... e de humillar ós asturian@s presentes dicindo, despois de poñer a Melendi a petición popular, que se acabaron as mariconadas para poñer Miña Terra Galega... Un fenómeno.

Anónimo dijo...

Maravilloso señor de Chica, pero quedóuche un DJ no tinteiro. O do Arsenal, BADABÚ, BADABÍ BABÚ!!!!!!!ARRIBA ARSENAL. que por certo está en declive.

Arroz con pito al escondite dijo...

Xogador de chica inmenso coma sempre q fas unha aportación o blog, pero todo é unha regla de tres aplastante se poño ese tipo de música vou ter mulleres no garito, as mulleres traen os homes e a maioria dos homes para entrarlle as mulleres consumen copas en grandes dosis polo cal eso vese reflexado na caixa e mentres a caixa fale ben se fai falta poñer a do baile dos gorilas porase, pero sempre seguindo unha linea nunca me verás`poñer a chimo con bon jovi, nin sergio dalma con Ac-Dc, pero tamén che direí q antes de chegar vos puidose oir a Opus, Queen, U2, Red Hot, Blues Brothers e outros exitos de ayer, hoxe e sempre tanto en castelan coma en ingles, tanto en musica latina como musica dance, non hai q pecharse so a un tipo de música, eu poño segun vexa q tipo de xente hai e ti tiveches a mala sorte de pillar mulleres no local q son as q moven a noite queiralo recoñecer ou nn, senon preguntalle a Hotman.
Desde aqui un saudo sectario.
P.D: Prometo retomar a seccion de música con máis ganas se cabe.

Anónimo dijo...

Cachis en diez, Arroz Con Pito, pon algunha coma, que case quedo no sitio do mareo... Queres dicir, meu ben querido mestre DJ, que para atraer ás mulleres (e por conseguinte ós homes) hai que poñer obrigatoriamente pachangada a tope??? Queres dicir que non saben apreciar outro tipo de música??? Pero ti eres un misógheno, chaval!!! Intolerábel!!!

P.D. Bótaseche de menos na alicaída sección do disco ou single da semana.
P.D.2. Destacar tamén (outro olvido imperdonable), ó estimado Brian Flanagan, que prepara unhas bandas sonoras impresionantes para eses últimos vinte minutos antes de cerrar, cando só quedan four and the box (e homes, claro), poñendo as rancheras máis bestas que se podan imaxinar (mi caballo y mi mujer / murieron al mismo tiempo / a mi mujer Dios la perdone / mi caballo es lo que siento)... e tamén erudito criminal da gloriosa primeira etapa de Miguel Bosé...

Anónimo dijo...

Eu sobre música non opinarei, pois bailo de igual xeito a U2, 2Pac ou a lambada.
Pero falando dese tipo entrañable para os cervenses que é Painin, olvidácheste de mencionar os momentasos que tivo no Castelo ´06 cando, nin corto nin perezoso, se subíu varias veces ó palco, interrompendo á orquesta no seu devenir de cancións e discursiños, para exclamar un sonoro "¿qué tal tíos?¡el Castelo es una fiesta de puta madre o qué!" e encherse de orgullo mentres lle resbalaba líquido blanco pola perneira ó oir as aclamacións que o público bureles lle obsequiaba. A miña botella, anque veloz, esquivouna.

Anónimo dijo...

Si señor moi bon artigo meu queridisimo xogador de chica, pero cabe mencionar que se che olbidou o mais grande (en ambos sentidos da palabra)de todolos DJ, tanto do momento como da istoria e mui probable do futuro que e o home do figado sen fondo cando fai as suas actuacios no almacen viernes y savado noche.
e con todo esto pasalo ben, quen poida¡ quen non a joderse toca.Abur