18 abr 2007

TRES COLORES: MORADO, VERMELLO, AMARELO. xogador de chica


Desta guisa se presentou a ministra Carmen Calvo na gala dos premios Max, os Goya do Teatro Naconal. A verdade é que non sabía moi ben onde meter unha foto tan sexy, estiven a punto de utilizar a sección pornográfica... Carmen, Carmen, Carmen, ti si que es criminal, ti si que es unha crack, os teus ovarios mexan en tamaño polos collóns do Cabalo de Espartero. Ole. Ole. Oleeeeeeeeeeeeee.

P.D. Se hei de madrugar madrugo; se hei de non durmir, non durmo, pero eu non me perdo a reacción de Fede, que probablemente recurrirá á archiconocida frase de “El Gran Lebowski”: “esa puta zorra... yo no vi morir a mis chicos con la cara en el barro para esto!!!”

10 comentarios:

Anónimo dijo...

o dos collos do cabalo de Espartero non sei se é politicamente.... pero contundente si. 14 de abril sempre

Anónimo dijo...

Aquelo era un nido de "rojos" comunistas, eran os premios MARX. Pero está ben que se teña un pouco de memoria, ainda q os politicos falan da republica de piquillo e logo fan todo o contrario os ideais que representou esa bandeira. Azaña hasta la victoria siempre

Anónimo dijo...

Como anécdota decirvos que o meu profesor de teatro ganou o Max ó mellor guión teatral ou algo así.

Anónimo dijo...

coño o color do arco iris sempre triunfou, ou non?

Anónimo dijo...

¿A quen lle importa cómo vai vaia vestida?. O teu estilo persoal, e non por falta de medios, senón de gusto, tamén deixa bastante que desexar, xogador chiqueiro...Problema noso tamén é outro. Carecemos da horda de falsos especuladores morais cos que estas celebridades contan. Moitos nos chegaremos a nutrirnos da dulce e anestesiante hipocresía que nestes ambientes se respira(eu sí, eu son...guai, xa sabedes).

Anónimo dijo...

Ou eu non me entero de na (que tamén pode ser), ou a ministra conseguiu despistar ós autores dos 2 últimos comentarios simplemente introducindo unha 4ª cor no seu vestido. Bueno, as cores tamén están aleatoriamente colocadas pero... ¿Simple coincidencia? Máis ben demasiada coincidencia.
¡Si señora, con un par!

Anónimo dijo...

A ver fargullix, non me pareceu que merecera comentario, meu irmán, na última etapa da adolescencia, tamén é adicto a señalarse con pins comunistas, bandeiras do Lenin,...e non ben ningún medio a fotografiar a súa adicción ás camisetas do Che(nel e noutros intimamente ligada co acné).

Anónimo dijo...

Primeiro. Ninguén que leve esa clase de zapatillas "como las del bisabuelo pero con cuadritos" e camisetas "espera un poquito ya verás como me revienta el pecho", aderezados con esa clase de jeans "cuanto más rotos y más llenos de mierda mejor, con ese color oxidado como si vinieras del molime"... ninguén que vista así debería dar consellos de bo gusto, meu benquerido MétodoMan.

Segundo. Digas o que digas co consabido discurso de "tódolos políticos son uns hipócritas e falsos e a política é unha puta merda e da igual Mandela que Fraga, e bla, bla, bla..." Esa señora é valente reivindicándose contra Fede e o resto dos fachillas, e incluso contra a disciplina de partido (seguro que no PSOE non sentou ben de todo).

Anónimo dijo...

Que sí Chicasplayer, que arriba ela e o seu atrevimento. Pero non critiques a miña ignorante e simplista teoría política, pois ti, como historiador, estarás máis posto nas descripcións, tipoloxías e evolución, pero eu (a ver como o digo sen que levantedes o bico, agrandedes os ollos e me atribuades excesivo orgullo) sí mallei xa con algunhas reaccións da política patria que tocan os intereses do cidadán de a pé, para dilapidalo na meirande parte dos casos. A falsedade, a mentira sen ningún escrúpulo, a búsqueda do aplauso barato, de carroñeiros fies cos que morder ó outro e a doble moral, son armas á orden do día sen as que ningún panfletero alcanza a alta política hoxe en día.
Eu, polo menos e a quén lle importa, deixei de creerme nada para ver en cada unha das posturas públicas dun gran cargo destos, un interese persoal de fondo, encamiñado á busqueda de votos e a fortuna persoal. A veces, favorécennos e fanvos sentir orgullosos, para, mui pronto volver a decepcionarnos, outras, actúan con impune descaro. Xa sei que é xeneralizar demasiado, pero a excepción dalgúns, a política española(que é da que eu falo), composta pola túa querida ministra, os seus compadres e a oposición, segue dende fai moito tempo un rumbo diferente ó da maioría dos cidadáns.

que_me_importa_a_min dijo...

Efectivamente, xeneralizas demasiado. E non digo máis, que estou cansado de que se me pida brevidade.

XOGADOR DE CHICA.