24 sept 2007

BAILANDO CON LOBAS/OS por Tresillo


Este artigo nace en resposta a unha complexa e erudita conversa que o día da despedida do noso ben querido Sr. Blanco xurdíu como xurde a xunza no medio dunha horta de patacas. Debo de aclarar que da mesma saín absolutamente derrotado; por suposto, cabe dicir que a batalla dialéctica foi ganada sobradamente, sen embargo, perdín absolutamente a guerra...a guerra do sexo.

Escomezarei por sintentizar a teoría sostida en tan cultísima tertulia. Eu, como coñecedor de ámbalas dúas materias, sosteño abertamente e coa experiencia por bandeira, que bailar e "hacel el amol" teñen a conexión máis intensa que poden ter dúas accións humanas. Defendo esta dogmática postura científica en base a tres principios:


1º.- O mellor baile é que se dá nunha parella.


2º.- A consecución do mesmo dun xeito estético precisa de tres elementos: ritmo, técnica e compenetración.


3º.- A precisión e a evolución dos bailadores precisa de paciencia, constancia e permanencia.


Desde estes esenciais principios e cambiando os suxeitos e o verbo, podemos determinar inexorablemente, que estas dúas instintivas accións humanas teñen unha relación mediata; xa non só desde un punto de vista sintáctico, senón tamén desde unha perspectiva física, sicolóxica e, mesmo, aínda que esto é cuestionable, espiritual.

Entendo absolutamente as obxecións plantexadas aos artigos, pero non as respeto en absoluto. Que algún/ha teña menos oído e ritmo que unha marioneta manexada por un neno de dous anos e teña a convicción de que parece Nadia Comanecci na cama, non significa nada máis de que ten a mente, o orificio bucal e as extremidades inferiores moito máis dispostas a abrirse que outros/as conxéneres. Tampouco implica que, se alguén ten a habilidade de ser unha auténtica Paulova ou un xenial Nureyev, teña como consecuencia inmediata ser unha auténtica Faltoyano o un Rocco si Fredi da vida, simplemente ten todo o potencial do mundo para selo e con moita máis altura e trascendencia que estes dous; todo dependera dunha boa predisposición a romper as barreiras dos tabús e inseguridades acumuladas na súa complexa mente.

En calquera caso, e esto si que non o vou discutir, tanto sexa un/ha Cantinflas bailando rumba bolero ou un/ha nativo/a Borincano/a bailando salsa, o resultado do baile e case sempre o mesmo, excepto que se minta ou se finxa.


8 comentarios:

Anónimo dijo...

Estou en total desacordo contigo, xa que por todos é sabido o estilo do señor blanco bailando, e no outro terreno non ten nada que envidiarlle a naide.

Anónimo dijo...

Tresi xa sabes o que penso ó respeto. Eres un auténtico bossa nova meu.jejeejej. Pacambiar un ppouco ou??, tanto tango tanto reggeton.

Anónimo dijo...

Pelusilla e Hotman...paso absolutamente de contestarvos...poñédesmo demasiado fácil e paso de cuestionar a vosa lamentable traxectoria...je,je,je!!!

Anónimo dijo...

Si penso q teñan unha relación, pero como en todo, tes que saber explotar as tuas virtudes, ser un "Urzaiz" de la life.

Anónimo dijo...

Non contestei ata o de agora, porque desta relación da que falas non tiña ningún dato. Así que tiven procurando por internet unha información que, ó final, non atopei. Por iso de momento, contéstache un burro instintivo, máis adiante veremos.
Supoño que haberá que matizar bastante máis do que ti o fas e non cerra-lo abanico. Como exemplo, sucede co tango, ilustrado na foto da entrada, que é coñecido, entre outras, polo erotismo e sensualidade que del se desprende, pero estas características, que son atribuídas a este e outros bailes, non se deberían determinar como cualidades xerais, pois, abrindo o tema, vemos como moitas tribus reclaman protección, fertilidade, boas colleitas e demáis a través das súas danzas, mentres que para atraer sexualmente a unha femia ou mostrar poderío, sérvense de utensilios, aturuxos e outras.
Despois está esa tamén cuestionable relación que estableces entre a detreza no baile e a do sexo, que existe, por lóxica pero, creo, en menor grado do que sentencias.
Se destaco ó son de bailes nos que o ben facer trae consigo controlar cintura, brazos, pernas, tronco, ollos e pes dun xeito coordinado e armonioso, coincido en que teño unha base, física, motriz e, sí, tamén psicolóxica para destacar no catre. Pero é só un comezo, desarrollable só mediante a práctica e a sabedoría do coñecemento e o ben facer, tal como no baile, porque os dous, anque coincidan en espírito e adxetivos, relátanse en manuais diferentes.
Tal é, que un poderá ser patán nunha e coñecedor, incluso experto doutra.

Anónimo dijo...

Simplemente quería resaltar a importancia de algo que ti mesmo comentache: "todo dependerá dunha boa predisposición a romper as barreiras dos tabús e inseguridades acumuladas na súa complexa mente." Creo que a calidade do sexo depende en maior medidada da compoñente sicolóxica que de ningún outro factor. Isto, combinado cunha boa complicidade coa parella, é practicamente garantía de éxito.

Anónimo dijo...

Freud matandose e alguns a pensar que o sexo e xeometria ou ximnasia , o sexo e seso

Anónimo dijo...

Esta claro que esta estupidez escribeuna unha tipa...sen máis comentarios...quedáche de puta madre. Seguro que ti non pasas do casachos...