10 sept 2007

NUNCA É TARDE PARA APRENDER by CHEGOUHOME & METODISTA


Comezaremos isto explicando o porqué del. O motivo principal é a pura e dura polémica, o gusto instintivo por ela; dito isto e agardando o voso agradecemento pola sinceridade, confesaremos o segundo, a nosa total superioridade respecto ó tema tratado, a experiencia que nos concede o fracaso e o triúnfo, fruto das horas empregadas, e con ela, a esperanza de que algún día atisbedes mínima luz concluíndo nunha eliminación(alomenos parcial ou, raramente, total) do requesón que fai tempo acumulades no prepucio.

Personalizaremos, esforzarémonos e pasaremos ós bloguistas por unha criba para eliminar, primeiro, ós emparellados(sen comentarios), ós que aínda non saben o que é unha pixa(xente tenra e homosexuais) ou os que sobradamente demotraron que a súa técnica seductiva funciona(veremos se recordamos algún). Quedan no tinteiro, xunto coa nosa vaguedade, persoaxes como Doríforo, Lucaponi, Bosteira, Cazadordemedianoite, Rey de copas e algún máis para unha próxima entrega, claro está, sempre que esta garde unha boa acollida.

Feita a presentación, e sen gardar orden ningún, brindaremos breves consellos a estes simpáticos onanistas:


FARAGULLAS: comezaches as túas andainas con mal pé, recordámosche aqueles tempos nos que aínda non sabías que unha retirada a tempo ou un silencio poden ser sinxelamente elegantes, pois con calquera das opcións evitarías falar rompendo o fío sobre a marcha do Depor a tres milímetros da cara do teu obxetivo mentres ela lle mira para o cú ó camareiro. ¿A guinda da escea non fai falla que cha rememoremos, non?

A non ser con alternativillas ás que lles da morbillo papar fumadas a tíos de pelasso singular e logo contalo, Chegouohome díceche: o proceso que segues non é tan malo, e se observaches que a túa extensa cháchara mella na susodita, este gurú aconséllache cambia-lo tema do fútbol por unha potente man detrais da nuca e bimbaaaa, non te asustes se se remexe ou se queda sen aire nos pulmóns, acórdate de que o disfrute do home está por enriba do delas.

Receta: pesas para o brazo dereito e unhos cubatas ben cargados.


AMARILLO S.: vendo fotografías túas de hai 4-5 anos concluímos que o que antes che valía agora entérrate. A túa anorexia(a cal antes che proporcionaba imaxe definida nos momentos de praia), agora só serve para recibir un non con cara de pena e unha bolsa de suero. O teu pelo, outrora motivo de imaxe Hollywoodiense ante as inocentes miradas adolescentes, agora non engaña a naide, e os piollos encárganse de alonxalas por ti. O teu é un problema, non de imaxe, senón de non querer millorala, pois labia, creemos que che sobra.

Receta: Metodista diche, sal comigo de compras, pídeme máis a miúdo a maquinilla de rebarbar(tranquilo, eu corro coa conta das pilas), bebe menos, fala mellor, desencorba a columna e come.


XOGADOR DE CHICA: sen duda es o maior reto para a nosa escola, pois ó marxe de non ter pasado ou presente do que partir, analizamos a túa capacidade verbal e otorgámoslle boa nota, a túa imaxe, é víctima de algo similar tamén, non é mala, e ten partes boas e de moito xogo, pero descoñeces cómo sacar partido delas. Un se ten unha melena loira(escasean) coa que poder limparse o cú, non pode baixar as escaleiras do pinin e mostrarse na rúa coma se estivese a buscar moedas, ondeaa ó vento, quedarán coa garda baixa.

Receta: Chegouohome proponche raparte ó cero, lentillas e sesións intensivas de solarium e ximnasia. Con isto, estarás apto para moverte nos meus caladeiros, a partir dese punto, non retorno, coser... e foder.


HOTMAN: sen duda o teu alter ego e ti estaredes sen pestañear diante da pantalla por verte nesta desprestixiosa lista, pero que o queres ser non nuble o que realmente es. Garbo, orixinalidade e imaxe currada non che falta, e nótase pois con isto manteste na brecha, unha colina chea de coios, suxos e pobres, inanimados.

Receta: Metodista diche. Á hora de elixir vestimenta, limítate a tres cores, unha para o calzado, pois sabrás coma nós que o paiaso de Micolor está solteiro. As gafas están ben, eu mesmo quero unhas, pero procura que non sexan dun tono capaz de cegar á túa víctima. Cando fales, fala, e exprésate, non dirixa-lo tráfico, e por Deus, limita o teu argumento a gracietas, imitacións e postas en situacións emocionalmente destructoras da muller(ti aí sabes), non queiras que te papen por dar pena.


HIPER: cando o teu monitor explicou pautas da respiración e concentración de músculos varios para mellor rendemento destes, referíase ás catro paredes do ximnasio e durante o tempo de entrenamento,¡non fóra del! Criticables as túas posturas para el, pero non o mesmo, a túa apolínea faite desexable para moitas, ¿qué é o que non marcha entón? O descurso, antigo e retrógrado, sinxelo e común, a falta de sorpresa verbal, cambio de marcha, evolución dos pasos non progresiva, serían cuestións a tratar seriamente en ti.

Receta: Chegouohome diche que te relaxes, muscular e psicoloxicamente, memoriza historias, prepara material enlatado e logo atrévete a expoñérllelo.


TRESILLO: os tres sabemos que a túa labia encandila, a túa estatura revé o estímulo sexual, a túa cabeleira frondosa é confiada, o seu estilo asusta, vísteste elegantemente, e combínaste mal, tes un gran membro, non importa, só o que che falta para conseguir que pidan que o mostres.

Receta: Metodista discúteche: as formas, a pose, o humor agrio cando non debes, a espera infructífera que se dá cando con un xesto rechazas a diferenza de intelixencia e agardas poder bica-los seus peitos de analfabeta. Corta o pelo, enmarca a coleta, algunha vez leva a camisa de fóra, ségelles o xogo, non teñas medo de perder a túa integridade, pois estás facendo algo pola túa.

19 comentarios:

Anónimo dijo...

A miña máis sincera noraboa polo artículo parella!!!

Ia escribir eu un tratando un tema un pouco máis serio.Máis pospoñoo xa que este me parece moi interesante.Xa non sólo para o devenir sexual dos afectados,senón para que Cervo non desapareza e Nuno-Demba,Santiago e Lucas poidan defender a elástica da "esedé" e non teñan que emograr,amén de que poidan.....falar cunhas cervenses.

P.D.;espero con impaciencia que me analicedes e poder sacar proveito dos vosos sabios e interesantes consellos.

P.D.;non vos metades con Hotman.Atoparse na lista de feos e estas consideracións poden causar unha mella moi profunda no seu ego.Menos mal que está Zara pa repoñerse.

Doríforo.

Anónimo dijo...

Menos mal que entre roer almofadas e soplar nucas atopades tempo para aconsellarnos sobre o dificil arte follador e os seus recunchos máis inexplorados...

Polo demáis, que dicir, chavalitos... Somos tan chulos que imos contestar por nós e polo resto (exceptuando a Hotman, que xa se busca os problemas el solo, jeje).

Para empezar, como vos atrevedes a falar de Faragullix, papador irregular pero capaz de chingar á prima de Chegouohome roubándolla nos fuciños a MethodMan??? (in your face!!!!!!!). Por certo, iso de que unha retirada a tempo é unha victoria... fainos gracia que o diga unha mona que lle botou 14 veces a boca a un codromoio gafudo coa cal non conseguiu chegar a cuartos de final nin ó duodécimo intento... Chegou o home ou chegou o inútilllllll????

Amarillo S. agradece os consellos estéticos, sobre todo vindo de dous chuliweys de tal calibre, que compran as zapatillas do bisabuelo en Cas Charo para logo pintarlle a "rotrin" as calaveras. Manda carallo que fosemos pegar cos únicos dous maricas que non teñen estilo, as excepcións que confirman a regra.

Xogador de Chica: Que dicir, hinchades peito de carallo, e é que no país dos cegos din que o torto é o rei... Por certo, tratarei de seguir os métodos de ximnasia do Metodista para poñerme coma un animal; veña levantamento de libros de autoaxuda... Ahora ben, polo do exfoliante non paso, eso jamás...

Hotman, non tes defensa...

Respecto do Hiper, o home aboia coa vosa excelsa maneira de "marcar os tempos", a "evolución dos pasos progresiva" á hora de papar: e dicir, agarralas por un brazo e arrear a boca... arrear a boca, dito sea de paso, coa discreción dun can cego...

Que dicir de Tresi, ten un nabo criminal... e chitón. (nada de pipís feos e mouros -por cochos- que cargan pá dereita).

RECETA:
Chegouohome: un home que fai gasolina tan a menudo ó outro lado da gasolinera, e que non dá feito coas preadolescentes do Oasis, non debería meterse en camisas de once varas...

Metodista: Un mixiricas incapaz de estar sólo (cando non está coa moza, estáse palleando diante do espello con crema antiarrugas nas mans mentres escoita I will survive), tamén debería botarlle menos collóns pa non saber volar...


P.D. A foto non está mal, pero Epi e Blas sería moito máis realista...

Anónimo dijo...

jojojojjjjjojojoj!!!
ojojojojojoojojjoj!!!
jojojojojojoojojojoj!!
jojojojoojojojjojoj!!!

e así estuven un bó rato no sofá de La Coru cun collón de fora.

Doríforo.

Anónimo dijo...

Noraboa polo artigo...aos dous, pese a que o estilo narrativo cheira a "método" que apesta, pero en fin, non dúbido da participación do Kiko de Figuerido. Agradecervos as "eruditas" verbas verquidas neste blogue a xeito de consello. Recólloas e intégroas xunto con outras tantas leccións do "deber ser" que me deron, sobre todo, as enciclopédicas féminas que se atreveron a intercambiar algunha que outra palabra con este que está a escribir.
Pero todo eloxio, meus amigos, ten como contrapartida a correspondente crítica. Non vou tratar de defenderme de ningún ataque, pois non considero que nada do suscrito polos que firman o artigo se aparte da realidade; entendendo, claro está, que a realidade sempre é poliédrica. Tampouco vou facer o terrible e custoso esforzo intelectual de contraatacar os vosos irrefutables argumentos con indignos ataques ás vosas personalidades. Agora ben, sobre o meu xeito de vestir, o dicir "elegante" quere dicir "pureta" ou "clásico básico". Haber se nos deixamos de eufemismos, tan característicos do methodoman. E nesas estou, nun inaudito reciclaxe promovido polas sabias palabras e consellos de Dori Perfect Body e auspiciado pola economía familiar. Non dubidedes de que chegarei a ser "case" tan "orixinal" coma vós, a diferencia radicará, claro está, en que hai prendas que nacen para ser vestidas e outras para ser desprestixadas, segundo o corpo e espírito que cubran.
Por outra parte, o do arte de combinar, do que vós sodes un claro paradigma cual Picasso e o cubismo, hai que ter en conta un factor máis que coñecido en min, son daltónico. Esto non é unha excusa, trátase dunha excepción que acrecenta a miña ínfima personalidade.
O do humor agrio,...nunca me gustou o azucar, o pastel, o doce,...afai mal ao gusto...vólveo vulgar ao rexeitar calquera outro aspecto ou matiz dun sabor distinto. De xeito que, quen non guste cos platos que preparo a xeito de "conversa", que acuda ao super a comprar unha ducia de tabletas de chocolate para curar a súa sede de autoestima.
Respecto á diferencia de intelixencia, eu non mido á xente polo seu coeficiente, nin pola súa formación, nin por a súa altura nin tamaño de busto, son elementos que suman. Agora ben, non vos equivoquedes, a estupidez, entendida nun sentido amplo, non é precisamente a cualidade máis envexable dunha posible interlocutora, sobre todo cando ten a tendencia egolatra de falar ela soa coa forma de nominativo de primeira persoa de singular por diante...por máis ereccións coxunturais que me provoque o seu escote, ai estímulos que non soportan a gilipollez humana.
O aspecto do pelo...non se trata aquí de decir se me favorece ou non, certamente, quemeimportaamin!!! A cuestión está relacionada co outro elemento que introducistedes ao final, a integridade. E é que se eu decidín ter o pelo longo por unha cuestión íntima e personal, ao marxe de todo decálago do bon peluquero, cun término prestablecido na miña conciencia, resulta motivo suficiente para obviar estupideces ao estilo "se cortaras o pelo terías moita máis personalidade" (Manowar dixit).
A miña integridade, meus queridos conxéneres, non depende do número de polvos, do número de conquistas, do número de piropos, do número de miradas, do número de sorrisos, do número de móvil de ninguén. A miña integridade e ser o que son, coa contradicción por lema. Mellorar como persona non é cambiar (podedes facer un manual de autoaxuda con esto), e aumentar os teus recursos e capacidades como tal sen prescindir nunca do esencial, daquelo que realmente te identifica.
De xeito que, para rematar, e para que o teñades claro dunha puta vez: eu non rexeito á xente, a femia por un motivo concreto, moito menos por un ou varios desenganos, non hai sobervia nin arrogancia derivada do desencontro. Eu non rexeito a ninguén, pero si elixo ou me "deixo elixir" por aquelo que me fai mellorar ou medrar. A vida é curta e hai que invertir o tempo en cousas productivas e duradeiras (sendo o tempo relativo). Así que, non vos fago perder máis o tempo...

P.D. haber se me aclarades o da altura que non o entendin moi ben eso de que "a miña estatura revé? o estímulo sexual".

P.D.2 espero querido Chegouohome que tiveras un bo intérprete para descifrarche esta resposta carente de toda linguaxe intelixible para ti. Non te estou a xulgar, só que seguro que che pasa a ti coma min cando te escoito articular frases para arrimar o cebolo, aínda que creo que as palabras nese caso son o de menos.

Anónimo dijo...

Grazas polos consellos. Vou seguir na miña liña. E punto. Intentarei mellora-la grafica (houbo unha tempada que había costas abaixo dun 40% de desnivel), aínda que é un tema que non me preoucupa, senón con quen iades facer as gracias???????

que_me_importa_a_min dijo...

Hai pacsariños!Cando aprenderedes de papa pa facer fillos!
Seguindo coa resposta os vosos consellos,e un dicir,comentarei so un par de cousiñas:
Pensades logo que as feminas que papo,so exclusivamente polo meu fisico.Certo ou non,o que queda claro e volos dous tamen vos "hipertrofiades(ou o intentades polo menos),enton tades aprendendo un pouco,e por si falla a voso "dialectica",sempre esta o de levantar a camiseta,marcar abdominal ou levar esas maegnificas camisetas axustadas que tan ben vos queda!
Manda carallo!
Outra,fai referencia o consello de cambiar de tema e asi poder falar cunha muller,so decirvos que non teño suficientes dedos pa contalas,logo a miña dialectica non queda anticuada,penso eu.
Non me fai falla mareala tontamente con horas e horas de conversa inutil como as vosas,escasas de fondamento e loxica.
Con esto,meus amigos,creo que sodes os menos indicados pa dar consellos,xa que cos dedos dunha mao sobran pa poñer as mullers que papastedes(chegouohome as de 50 non valen contalas).

P.D:Metodoman,que me entere eu que andas a mallar pa fora!



hiper...

Anónimo dijo...

Dacordo co teu estudio do "ser e cómo", Tresillo, e tamén en conxugancia cando subliminalmente e non, calificades o noso artículo de frívolo e superficial, nada máis lexos da realidade, e por suposto, do noso obxectivo. A túa contestación lexos de desagradarme, sí me fixo pensar en certas afirmacións que mantés (sempre na mesma liña, xa as lin outras veces), coas que coincido en síntese pero discrepo en cómo se forman. Explícome.
Póñoche en tela de xuício, primeiro, a túa definición de estupidez humana, da que parece que tes unha idea clara que non deixa márxenes. Como é túa é de todos, é subxetiva, e polo tanto, na liña xeral, seguro que ti tocala algunha vez. Por suposto, isto é banal e obvio, e respostarasme que ti estás a gusto coa túa. Pola outra banda circulas coa idea: "Mellorar como persona non é cambiar (podedes facer un manual de autoaxuda con esto), e aumentar os teus recursos e capacidades como tal sen prescindir nunca do esencial, daquelo que realmente te identifica." Isto, toca a verdade en cada palabra, mentres invita a un perigoso xogo, que non é outro que o de non saber diferenciar cándo é hora de desprenderte de certas crenzas e sustituílas por outras, "só sei que non sei nada", porque...¿qué é o que realmente identifica a un, e máis cando ten algo máis de 20 anos e non ten nin idea do que se aveciña?, ¿qué?, ¿o adquirido na cuna?, ¿na adolescencia?, ¿algún trauma familiar?, ¿a universidade?, ¿a lectura dun primeiro libro con case corenta anos?, ¿ou todo?, ¿qué somos máis que retallos de esperienzas e diferentes personalidades que coñecimos?. Un día vimos cómo noso pai camiñaba, e decidimos imitalo inconscientemente, logo gustounos a escritura dun persoaxe e decidimos facela nosa, o peiteado dun anuncio televisivo ou un certo movemento cando facemos o amor, que quizais non nos gusta, pero a ela vólvea feliz. Non é o deprendido, nin o formato en que este veña, senón o noso carácter e forma de asimilación o que nos encamiña a afastarnos ou aproximarnos, unha veces máis preto, outras corremos lonxe, da temeraria estupidez.
Agora, panda de benqueridos demagogos e mentireiros, respostarei ás vosas alabanzas, deixando, iso sí, que o meu compañeiro de artigo se sace as súas propias castañas do fogo. Rídesvos e sorrio eu, queredes atacar e quedades espostos, en pañais, ante a realidade. As cremas para o rostro, sen puntualizar no forte que sexa a pel dun e cánto as necesite, os libros de autoaxuda, ou similares,ou, porqué non, unha boa terapia psicolóxica, a vestimenta, que é roupa e según o lugar no que te atopes difiere en cores, número de prendas, e absurdez ou lóxica. Aspectos varios ós que vos aferrades para criticar, e que son criticables, ¡claro!. Pero direivos algo sobre min que igual non sabedes(chegouohome aínda ten máis collóns), despois de ler libros por dous dos que encabezan a opinión, non temades que me precipite algún día no abismo da lectura absurda, pois teño integridade, papanatas, para ler o "Método", e parecidos, sacarlle o xugo que me interesa, e logo non poñelo no mesmo estante de "Cousas". Tamén facer exercicio, e non facelo, levar unha prenda axustada ou baixar en pixama a polo pan, ter moza e deixar as cousas cando son insostibles sen necesidade de andar chorando polas rúas cervenses, saber que "Bon Jovi" é un puto pionero do rock-pop agora en decadencia mentres teño sempre en mente a Sabina e alabo a Serrano algunhas veces cando o detesto pola súa monotoneidade. Todo, sabendo quen son, quen quero ser ou quen vou a ser de seguir así ou daquela maneira, sabendo, espero, onde parar, pois máis ou menos fun educado para iso, sabendo, coñecendo, cando a miña liña perde a lóxica da evolución, do cambio, do ben facer ou da integridade persoal. Espero, acaparando o bon, se sei velo e deixando os excesos para outros. Sen recluirme nunha postura fixa, que teoricamente salvagarda o valores incambiables bos, xustos, que todos deberiamos ter.
Por outro lado, respecto ó affaire coa prima de Chegouohome, acórdome do día en que a deixei pola que despois sería a miña parella por tres anos, nese caso, sí en moitos outros, non as levei eu. Despois, chegoulle o turno a el. Crédeme, se non fose porque atopei, por primeira vez, algo que me come todo o tempo e pensamento (tranquilo Hiper), e saíndome da iña liña de selección, houbéravos aconsellado que puxerades as vosas familiares a remollo, paiasos.

Anónimo dijo...

A quen intentas convencer da túa personalidade segura de si....a nos ou a ti mesmo?
E cómo carallo esperabas a resposta, mais que no estilo da pregunta?
Voume meter no armario que fóra está cheo de maricas......

Anónimo dijo...

Flaquito, quitachesme as palabras da boca. Máis frivolidade, Metodista!!!! O artigo demándaa!!! Ou é que acaso pretendía algo máis que meter cizaña??? Realmente vos criades os vosos sabios consellos de folladores de manual? Realmente criades que nos podedes (ou podemos) cambiar? En fin, se realmente é así entonces sí que caio de cu da risa... Pero se nos defendemos en serio e nos poñemos a afirmar personalidades isto vai resultar moi aburrido... Ben sabido é (poñamos como exemplo a nosa discusión de sempre) que eu non teño peito a papar certas mulleres que traga Hotman, igual que el tampouco ten peito a aguantar as miñas longas (longuísimas) travesías do deserto... Tan simple como iso! Podería dicir moitas cousas para defenderme, e todas sen negar a autocrítica (necesaria)... Pero logo desta entrada paréceme fora de lugar, un coñazo!!! Espero que, máis alá de intentar tocar o carallo (que está perfecto, e máis neste blog), non intentedes impoñernos o voso libro de estilo... Porque non vexo eu a Tresi vestindo coma MethodMan nin practicando a súa "evolución sabia", igual que non vexo a Chegouohome quedándose comigo no Caseto ata as catro da mañá vendo vídeos de humor e música (sen que aparezan tias cañonas) no YouTube... A que non??? Pois xa tá, cada cual tiene su camino, "the answer my friend, is blowin´ in the wind", que diría Dylan. E zanxar isto tan rápido non ten sustancia ningunha... Así que prefiro que continuemos con aquelo que propuxestes, que vos sigades metendo coa miña cruel calvicie, vestimenta repetitiva, inmensa chepa e falta total de melanina, cual apolíneos seductores que sodes... que eu xa tratarei de baixarvos os fumes co voso atuendo de espantallos, chulería de kikos e predilección polos libros pasteleros (independientemente do "gran proveito" que lle poidades sacar).

Anónimo dijo...

totalmente dacordo, que mellor cousa hai que que rajar dos mais, se todos fosemos iguais perderia toda a gracia
PD:Asta os collos dos comentarios tan largos parecen entradas chico

E punto.

Anónimo dijo...

Dacordo co dito por Xogador de Chica, e partíndome o cú debido ó persoaxe estrafalario que é Amarillo S. (tranquilo, fasnos rir), pois dígolle, a este último, que as nosas posturas, anque diferentes, entón e polo que dis (que eu non creo) estamos todos na mesma merda de situación, eu intentando tapar o que verdadeiramente son con floridos comentarios e resultona vestimenta, e ti, o mesmo, pero na outra liña, intentando que quede claro, mediante coletillas varias de filmes baratos de risa e unha vestimenta que di "me cago en la moda aquí están mis andrajos para decirlo" mentres gasta-los cartos en outras cousas(que por outra, é asunto dun). Aquí hai merda para dar e tomar, e recordando a Xogador, que acerta, non tería sentido sacala ou recordala máis. O artículo está claro para qué é, e a quen se salla da liña (defino o que eu fixen como un ensalzamento,non como un cambio de dirección), que o fodan. Polo demáis dacordo.

Anónimo dijo...

A estupidez humana ten pouco que ver coa imbecilidade humana. Porque ser imbécil consiste, entre outras cousas, en dicir algo escaso de sentidiño, improcedente e que, xeralmente, molesta. A estupidez, por outra parte, implica que hai certa torpeza ao aprender. Non creo que ningún destos dous conceptos admitan moita subxectividade en canto á definición, outra cousa é aplicalos como adxetivo sobre un suxeito que, claro está, na maioría dos casos é absolutamente subxectivo. Nesto estou dacordo contigo, amigo Methodoman, tal vez eu ás veces resulte estúpido e ata imbécil, dependendo dos "ollos" que miren ou dos "oidos" que escoiten. Pero, en calquera caso, eu non admito, como xa dixen, perdas de tempo con tales imbecilidades ou estupideces por moi nobre que sexa o fin. Evidentemente, e a xeito de concesión aos teus prantexamentos, esto pode ser unha equivocación nos tempos que vivimos, onde as relacións sociais esixen certa paciencia e "comprensión" para lograr os obxectivos previstos; esto que o "inigualable e endiosado" ZP chama "talante"; algo ao que o noso amigo Doríforo lle chama "diplomacia" e que el, que mira que ten que aguantar estupideces e imbecilidades case que todos os días, practica con mestría como bon home que é. Agora, non todos pasamos polo aro, non todos temos esa cualidade e calidade humana de aguantar e incluso introducirnos en conversas e accións espúreas. En pura lóxica non vamos ser comerciais, nin tampouco o pretendemos; mais, tampouco eso nos converte en seres asociais. Aínda que xa sei que soa a tópico, porque realmente é un tópicazo, nos o único que non eliximos é a familia, que nos ven dada, o resto depende de cada quen e da súa capacidade de discernimento á hora de elixir.
Outra cousa coa que concordo contigo é de que nos somos o producto do noso propio coñecemento e experiencia, de xeito que, pouco existe de personal en nos. Pero nese pouco atopase a virtude ou o erro de encaixar as pezas que nos ofrece a propia vida. E é que todos temos coñecementos e experiencias similares e outras absolutamente distintas, pero cada quen dálle o sentido que quere. Para min eso é o esencial da personalidade, o como cada persona se forxa a si mesmo como desexa, sempre, claro está, que non estea coaccionado. Podería citarche moitas formas de coacción subliminal que cada día temos que soportar e que modifican o comportamento das persoas, nunhos casos positivamente, na maioría, negativamente. Eu non vivo nunha burbulla e sen lugar a dúbidas non estou impermeabilizado para con esta realidade cotiá; agora ben, o meu esforzo está en comprender os resortes que me fan menos libre e segundo, tentar evitalos na medida do posible.
En definitiva e ao caso, para min e para moitos, non poden caber moitas concesións a hora de seducir ou ser seducido. Esto, que a maioría das mulleres teñen máis claro que nos (en tempos pasados moito máis), parece que no mundo da "frivolidade" fede. No mundo da razón os cánones e os hábitos non deixan de ser convencións expresas ou tácitas. Vivimos nun mundo onde os hábitos sociais e os cánones estéticos e éticos responden ao puro hedonísmo e ao narcisismo máis radical, que sumado á obsesión pola inmediatez, fai que algúns rexeitemos absolutamente todo o que nos transmita o "sabor" a eso. E dígoche, para rematar, nas noites de marcha que disfrutamos moitas veces e mellor encherse para non ver nin sufrir.

Anónimo dijo...

bueno chavales bueno,como ben sabedes eu suelo contextar cando van morrendo os temas,xogador de chica xa non ai que facerlle,faragullas como non iba papar a miña prima se è mais quente que o lume,asta metodomen a papou...,e o hiper que lle vai contar a papà se non ten pa donde ir,vaia pila de paksariños,vou ir facendo o 2 volumen deste tema que vai estar interesante,xa que quedan moitos sectarios polemicos,jem,jemmmm...,e punto

Anónimo dijo...

Vaia, vaia. A cabra tira ó monte e ti acabas tirando pedras ata ó tellado do teu compadre(agora só de artículo). Polo demáis, coidado ó escribir, porque as túas palabras "preparando" e "volumen" relacionadas, poden levar a confusións, como a de pensar que ti tes algo que ver na escritura do tema, feo, pichón.

Anónimo dijo...

Vaia par de mulimeiros, nin pa dar caña vos poñedes dacordo. Esperaba moita máis guerra nesta entrada...(creades unha guerra de baciles e acabamos en discusión filosófica, pa variar, que non me parece mal, pero apetecíanme unhas queimadas)

Anónimo dijo...

Prezado Amarillo S., antes de entrar en divagacións no meu exame oral sobre o IRPF, IVA, Imposto de Trasmisións Patrimoniais, etc.., ti ben sabes que o meu escaso talento permíteme levar as discusións ao terreo que a min me sae dos güevos...que esta entrada tiña que dar xogo? Pos a tomar por puto culo...aquí o jefe é papa e dí...a sacar a vena erudita da xente ou a calar...e fíxose o silencio...joder, non sabedes pasar do exabrupto!!!

Anónimo dijo...

P.D. Se, como dí Chegouohome, vai haber un segundo volume, prometo non inmiscuirme no debate...basicamente para non desnaturalizalo...eso si, esixo unha análise concienzuda de: Mr. Bostas Man, Cazador de Medianoite, Barrilete Cósmico, Cerveciñafría, Funky Man, Doríforo, Rei de Copas e vós mesmos...algo de autocrítica ou é que non hai cogones!!!

Anónimo dijo...

Au contraire, mon petite merde!!!!
Non me gustaría que quedases ó marxe de ningún debate, pero creo que tu tamén me entendes no que eu suxería. Relede o comezo da entrada, fala de buscar as cosquillas intencionadamente...

Anónimo dijo...

Eu creo que levamos a discusión por onde queremos, e punto, uns fan rir, outros pensar, moitas veces, todos facemos as dúas cousas. Tresi, é unha boa idea e prométocho, con autocrítica e todo, pero, iso sí,excluiremos aos emparellados(excepto eu).