9 sept 2007

GRANDE GLENN!!!!! (xogador de chica)


Descanse en paz (non morreu, pero musicalmente sí que no da palo al agua) o máis grande cantante de música popular do século XX, con permiso de Julio José Iglesias ou Jesulín de Ubrique. Aínda que moitos descoñezamos a canción pastelera, sen dúbida algunha ninguén é alleo á figura do xenio da canción romántica Glenn Medeiros. Recordarei sempre a primeira vez que me aproximei á balada por curiosidade; foi da súa man (coa ignorancia por bandeira, e incitado polo seu nome tan suxerente, mestura de galán norteamericano e leñador portugués) escoitando o mítico Nothing´s gonna change my love for you de George Benson nos 40 Criminales, cunhas dolorosas e punzantes nostalgheas da muller deseada, traghedea de amor mediante. Sen ser para nada pretencioso, creo que é digno sinalar que a súa trascendencia vai máis alá do seu arte e, sen lugar a dúbidas, ten un sitio privilexiado no panteón dos xenios da humanidade. Baixo o meu punto de vista el é o exemplo de que todo ser humano garda no seu foro interno un atisbo de beleza... no seu caso, a voz e as intensas interpretacións dos seus amagos de ambolia ó peito, as cales xamais deixarán de facer vibrar á miña alma.

Aquí deixo, a modo de humilde homenaxe, algunhas das pezas mestras do seu inigualable e variado repertorio:




1 comentario:

Anónimo dijo...

Moi bo. Onde andas Tresi?
Así deben ser as homenaxes, cando o protagonista aínda está vivo, aínda que agonizante. Este si é un artista incomparable, cun repertorio amplísimo e de inigualable calidade polo que parece.