18 sept 2007

A VIDA Ó REVÉS>>Amarillo S.


Sei que é unha gilipollada e que algunhos xa o escoitarían nalgunha conversación perdida de bar, de feito a idea non é miña, e tampouco me acordo de a quen lla roubei, pero como últimamente andamos filosóficos e un pouco fatalistas, volveume á cabeza esta absurda "utopía":

A vida debería ser ó revés, nacer de vellos e morrer de novos.

Todo comezaría coa vellez. Paz, tranqulidade e sabedoría. Irónicamente precisando das atencións dos demáis, que é como realmente comeza. Nacer cos coñecementos de toda unha vida, para avanzar nun viaxe ata a xuventude e o descoñecemento. Non me parece mala preparación.

Unha vez conscientes do que queda por andar, comezaríamos o camiño. O traballo. Unha larga, e moi posiblemente ardua etapa que salvaríamos gustosos, sabedores do premio que agarda na meta. A xuventude, lonxe de responsabilidades e preocupacións, a diversión por obxetivo e o ceo como límite.

Pero dende o meu punto de vista o clímax chegaría na niñez. A guinda da tarta O recoñecemento desa larga e hipotética vida chegaría no cúlmen da incosciencia, quizais a única maneira de saborear realmente o triunfo, sen ataduras, sen condicións, totalmente libres.


PD: Pido desculpas por anticipado por esta palla mental tan kantiana e nihilista. (A quen lle poida ofender).

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Creo que o teu subcoscente recordouche un anuncio da televisión e, de seguro, os publicistas e a sección artística da compañía o sacaron de calquera outra palla mental similar.
Ben, a cuestión é, os relatos, novelas e guións cinematográficos teñen como estructura básica: un comezo, un nudo e un desenlace. Logo, cada quen xoga co tempo da novela; para iso existen recursos formais como as elípsis, os flash back, etc.. Ai! pero eso é un "producto" exclusivamente humano, porque nós figuramos, imaxinamos, etc..efectivamente, o teu é puro kantismo, figurar un "deber ser"...pero a realidade é que "somos"...e sen ser a vida algo lineal en sentido estricto, o certo é que se asemella máis a unha estructura básica narrativa que a "Reservoir dogs"...e menos mal, porque bastante fodida e vivila así como para andar con perugrulladas...

Anónimo dijo...

Quizais non me expresei ben, eu non creo que a vida fóse máis sinxela así, ben sabes que eu non comparto a idea do "deber ser", tan só expuxen a idea con algúns apuntes subxetivos.
Respecto á similitude da vida coa estructura aristotélica é ovbia, esas tres partes perfectamente diferenciadas e de proporcións estipuladas básanse na vida e na sección áurea, que é a unidade de medida da natureza. Pero bueno, xa me estou indo polos cerros....solo quero dicir que a min non me parece tan "fodido vivila así", é cuestión de actitude. Podes pasar a vida preguntándote que sentido ten e lamentándote das túas desgracias, ou podes disfrutar do que tes e aceptar que toda historia ten un fin sen deixar que eso te afecte.

Anónimo dijo...

http://www.youtube.com/watch?v=uswvZul1Z2s

que_me_importa_a_min dijo...

mimá...si que lle dades á cabeza...
XD

un biko

PR