
A Candelaria is different. En Rúa, calquera acontecemento (partida de tute, cea de amigos, reparto da herencia, adiantamento en coche) pode, de súpeto, converterse nun western. O sábado puidemos comprobalo no campo da Granda, no clásico entre o equipo local e o dream team da Península de los Porros y de la Paz. Un partido que os piksis pareceron deixar sentenciado no primeiro tempo, pero que coa entrada de VillaGol (quen se non?) púxose emocionante. O ambiente comezou a caldearse tras algunhas entradas a destempo e algúns
a mi no me toques pavo chorbo respostados polos conseguintes
vouche partir a cabeza. No medio de tanta tensión, o grandioso Braveheart, unha vez máis impecable ó cruce, recibiu un pisotón (quizáis involuntario) dun
forasteiro. E acto seguido, tras apuntar co dedo índice ó infractor, cual Hierro nos mellores tempos, soltou unha frase antolóxica coa que soñaron mil e un guionistas das
vaqueradas (e dobladores da Galega), sen poder conseguilo:
"CHAVAL, ACABAS DE SENTENCIALA..........................."
No hay comentarios:
Publicar un comentario