6 sept 2007

GRANDE LUCIANO!!! por Tresillo


Descanse en paz o máis grande tenor do século XX, xunto con Enrico Caruso. Aínda que moitos descoñezamos o canto lírico, sen dúbida algunha ninguén é alleo á figura do xenio do bel canto Luciano Pavarotti. Recordarei sempre a primeira vez que me aproximei á ópera por curiosidade (coa ignorancia por bandeira, a cal aínda me cubre) foi da súa man e escoitando o mítico Nessun Dorma do Turandot de Giacomo Puccini na final do Mundial de Fútbol do ano 1994 en Estados Unidos...http://www.youtube.com/watch?v=VATmgtmR5o4. Sen ser para nada pretencioso, creo que é digno sinalar que a súa trascendencia vai máis alá do seu arte e, sen lugar a dúbidas, ten un sitio privilexiado no panteón dos xenios da humanidade. Baixo o meu punto de vista el é o exemplo de que todo ser humano garda no seu foro interno un atisbo de beleza...no seu caso a voz, a cal xamais deixará de facer vibrar á miña alma.


Aquí vos deixo mostras da súa xenialidade a xeito de humildísima homenaxe:


Il Pagliacci de Ruggiero Leoncavallo: http://www.youtube.com/watch?v=Ky271W94VHA




I lombardi de Giusepe Verdi: http://www.youtube.com/watch?v=HFFcWUSyaRM


Una furtiva lágrima do L'elisir d'amore de Gaetano Donizetti: http://www.youtube.com/watch?v=KxyrphGgLH4


15 comentarios:

Anónimo dijo...

Unha marabilla escoitalo cantar, sin duda. Creo que é emocionante para calquera, coñecedor ou non deste xénero... ademáis, sempre o recordarei como un dos músicos que fixo máis por acercar a ópera ó gran público, e dos poucos que se atreveu a falar ben da canción popular (e incluso a intervir en grabacións), arte de segunda para certos "chorbitos".

Anónimo dijo...

Xa tamos frivolizando coa morte dun ser humano. Joer tamé morren de fame no 3º mundo e ninguén di nada.CAGUNDIOSSSSSSSS. Ala

Anónimo dijo...

Vale hotman tu sigue vendo videos de morte subita.

Din os entedidos que a sua voz non era un portento dentro do mundo da opera pero que suplia estas carencias coas suas dote interpretativas. A min sempre me transmitiu simpatía este tío, parecía estar sempre feliz.

Anónimo dijo...

A ver molimeiro, entendo que che gustara a palabra frivolizar, pero se queres empregala polo menos intenta entender cando debes facelo...

-"O SEU CORAZÓN NON PUIDO RESISTIR MÁIS, FOISE UNHA GRAN PERSOA E UN GRAN FUTBOLISTA, D. E. P." Xirolo dixit.
-"¿POR QUEEEEEEEEEEE?" Portada do Marca ó dia seguinte da morte de Puerta.
-O TOMATE: Puerta tenía una novia de 40 anos, veinte más que el, y esperaba un hijo, y tenía dos churumbelas de la misma edad del futbolista, y se llevaban de perlas, y ahi vemos las imágenes de los familiares, destrozados, y ahora vamos a repetir ese vídeo, impresionante documento, donde se retira del campo cagándose en los mareos y su puta madre...

Iso é frivolizar sobre a morte. Preguntarse POR QUEEEEEEEEE sobre a morte repentina dun fubolista e non POR QUEEEEEEEEE sobre a morte dun rapaz do terceiro mundo. Dicir que foi unha gran persoa sen telo coñecido. Hurgar no drama familiar con imaxes en exclusiva, como corresponde a uns grandísimos fillos de puta.

Aquí Tresi fixo unha homenaxe a un músico que lle gustaba, a alguén co que o "unía" algo; a emoción que proporcionaba ó escoitalo. E fíxoo sen paksareadas tipo "que irreparable traghedea" ou "siempre se nos van los mejores..." O día que morra Ismael Serrano, entendo que ti escribas algo parecido... Agora, non me sigas a esa clase de merdáns que derraman lágrimas de cocodrilo por Puerta sen telo coñecido nin amado, e mirando de reollo á cuenta corriente...

O cariño e o respecto ás persoas (e non o impacto dunha morte inesperada), é o que marca que che doa unha morte e outra che sexa bastante máis indiferente; e isto (creo) é perfectamente comprensible. Ou somos uns cabróns por acordarnos da Quechua neste blog cando hai mil quinientos accidentes cada día?

Unknown dijo...

Vale que morra moita xente no 3º mundo cada día,pero non creo que sexa tan malo honrar a unha persoa que,aparte de cantar marabillosamente opera como todos sabemos cantou tamen con cantantes mais populares e doutros xéneros e case sempre que o facía era en concertos beneficos para recaudar fondos para esa xente menos favorecida asique non podemos decir que está sexa so unha mala noticia para a música senon tamén para os habitantes de paises pobres os que sempre estivo moi unido.

Anónimo dijo...

Relax rapaces...entendo o comentario de Hotman (eres previsible, sabía que ías saír por ahí) e comparto absolutamente todas e cada unha das verbas do Xogador de Chica. O outro día falábamos Doríforo e eu que o tema dos que morren no terceiro mundo era acudir a un argumento un tanto demagóxico...esa idea creo que está clara. Pero é que considero que eu simplemente fixen unha homenaxe dunha voz sen comparación...e digo isto para aclararlle ao Sr. Blanco que estas un tanto equivocado, unha cousa é que non fora unha das persoas con mellor e máis ampla formación no eido do Gran Xénero Operístico, pero sen lugar a dúbidas suplia con moito esas carencias coa súa portentosísima voz na lóxica dun talento innato. Ninguén ata agora foi capaz de realizar nove "do" de peito nunha soa actuación coma el e, por engadir, se escoitas algunha versión do Nessun Dorma, nada é comparable á súa,...como resultado, case ninguén do gremio se atreve a cantala para evitar comparacións. Pero máis alá diso, o tipo era capaz de interpretar un día a Rigoletto outro a Puccini, ao seguinte a Rossini e logo a Verdi. Nun mundo onde se tende á especialización (hoxe os cantantes de ópera especializanse dun autor e non soen saír da ahí) ese mérito é inigualable.
Non falarei da súa calidade humana; ahí están os seus coñecidos para alavar a súa persoa, da cal falan particularmente ben...pero si quero deixar claro que para min escoitalo durante tres minutos e suficiente para, como xa dixen, que vibre a miña alma e que se eleve o meu espírito, sen máis...

que_me_importa_a_min dijo...

Tresillo, tamen entendes de opera?
Cada dia me asombras mas!Paraplejeco ma he quedao!
Es moito!
Xogador de chica,que sabras tu de Pavaroti,se o que oiche de opera na tua vida e cando vas po trono e vai duro!

Hiper....

Anónimo dijo...

Mira Hiper, tesme ata os mesmisimos güevos!!! Aclarei no articulo que son un puto ignorante no tema da Ópera e, por engadir máis, tamén na música en xeral. Eso non quita de que teña oído, mellor ou peor, e de que guste de cousas tan diametralmente opostas coma a Ópera ou Luis Miguel y sus boleros.
Parece que a panda de mamóns que non tedes máis conversación que o futbol, a pixa e...que, máis, as putas das pixas!!!vos molesta que o resto teñamos algunha que outra inquietude...sexan coches, ordenatas, Montesquieu ou a Penhouse!!! Hai xente no mundo con curiosidade, cojones!!!

¿Teño eu culpa das vosas putas carencias panda de inútiles? Pois aceptadeas como eu acepto as miñas...joher...macagoendios!!!

Ah...e aprendede a xogar ao mus...capullos!!!

Anónimo dijo...

Vale pacifistas do carallo!!!!, dios como encendedes!!!VEÑA FUEGOOO!!!!

Anónimo dijo...

Hai que joderse, era o que me faltaba por oír... agora vai haber que pedir perdón por terche gustado algo... pois si, home, sendo un descoñecedor total e ointe non asiduo do mundo da ópera, encantoume, por exemplo, o concerto dos 3 Tenores que vin, entre Hotman e Doríforo, na clase de música do instituto... "Salgo del armario musicalmente" Padre Hiper, lamento haber traspasado la ortodoxia "Rammstein, Marea y demás excelsos autores del MORRE FILLO DE PUTAAAAAAAAA!!!!", y emocionarme con mi mayor o menor sensibilidad (ignorante, en todo caso) ante tan "alternativa" música...

Anónimo dijo...

Tresillo,defínelle a estes mulimeiros en qué consiste cantar ben.Tú sábelo e a veciña que tiñamos tamén.Ambos vos emocionábades, como con Pavaroti, cando interpretaba algunha canción de Alejandro Magno o el Canto del Corzo.Que minutos de vino y rosas.
Esto que vos comento só se pode disfrutar en contadas ocasións.

Doríforo.

Anónimo dijo...

Eu pouco coñecia desta persoa.Pero polo pouco que teño visto e oido decian que era un dos millores.


Parade xa de facer sangre co de Puerta que foi un lapsus,xa puxen un comentario novo.

Ale remolachos seguide actualizando.

Xirolo

Anónimo dijo...

Alguén debería mostrarlle a Hotman (amén de prohibirlle escribir borracho) que un torresmo é parte de carne provinte do cocho, de forma rectangular e pouco sana, e, por outra, que a velocidade é estudada pola física e defínese pola distancia recorrida dun corpo en movemento en un determinado intervalo de tempo.
O artículo é bon, cheira á túa destreza escribindo, é sinxelo, medido e non leva tópicos ou alusión a estes; tamen, recórdanos ós mierdas coma min e os papanatas coma vós que levamos toda a vida sen dedicarlle un minuto a esta marabillosa e relaxante música.

que_me_importa_a_min dijo...

Bla,bla,bla,bla,bla.....



HIPER...

Anónimo dijo...

Interesante artigo, si señor. Curiosa confrontación entre "sensibilidade artística" e "je pasa, 16 cubalibres & doble pivote". Esto é o bonito que temos. Diría Gererd: "un día desayuno champagne coa jet set nun hotel de luxo e ó día seguinte vou recoller as patacas á Senra".

Por certo, o 1º comentario do Xogador de chica é incontestable, para encadrar. ¿A que sí Hotmiño?