20 ene 2007

Análise antropolóxico By: Rey de Copas


Nun mundo cheo de racismo, terrorismo, corrupción, etc.…

Existe un pobo inmerso entre unha chea de porcallada (pixís, pataqueiros, etc…), que intenta conquistar o seu territorio, aínda que sexa imposible, pois estes corzos e corzas axúdanse do seu druida (Gordonamikx), o cal fai una poción máxica denominada QUEIMADA, que lles da una forza sobrenatural. Esta poción soena compartir co resto do mundo unha vez ó ano. Aínda que foron poucos os que empezaron, cada ano achégase máis xente de tódolos rincóns do planeta para probar a famosa QUEIMADA, e a maior parte acaban perdendo toda conexión coa civilización, pois non coñecen a forza desta.

Esta xente non só ten esta poción, senón que tamén existe o fenómeno cubalibre “a poción da longa vida”, da cal se fai moi bon uso dela os fins de semana e festivos, nos cales caen os litros de alcohol como se da Tella estívesemos a falar. Outra moi boa fecha pa este fenómeno, ven sendo aló polo 25 de julio, cando estas persoas, se así se poden denominar, perden todo sentido da orientación, nunha farra de longos anos de tradición cervense. Esta tradición que se remonta a cando a miña persoa camiñaba aínda nos collóns de meu pai, é moi famosa entre os xóvenes, e igualmente moi odiada entre os nosos maiores, pois según eles “xente nova, leña verde todo é fume”. Así e todo, os xóvenes cervenses seguen a disfrutar dela como se fose o primeiro día.
Para todos vostedes

1 comentario:

Anónimo dijo...

Amarillo S.: Déixate de ostias e firma tu.