12 ene 2007

O LEGADO DO BOSTEIRA


O Bosteira foi (é!!!) un central implacable... Un home comprometido co equipo (lembremos aquel estiramento do “chalano”, retorcéndose cual serpiente pitón), e tamén un home comprometido co espectáculo (evoquemos o maxistral “control da gaviota”...). Eterno capitán das noites de Arsenal (aínda que ás veces levase o 14 ó día seguinte), foi un xogador emblemático para as xóvenes promesas cervecenses... Nunca olvidaremos como miraba emocionado a Bidueira na previa de cada partido, pensando “vaia prado... e vaia resaca da caldupada de ontes”. Nunca olvidaremos o seu sublime marcaxe a Guerreiro (de manual!!!). Nunca olvidaremos aquela frase que nos adicaba ós debutantes, con voz de Clint Eastwood nas vaqueradas, logo de botar un eructo de brontosauro; unha sentencia ritual que era un coma un bautizo para nós...

“CANDO TI ESTABAS NOS COLLÓNS DE TEU PAI, EU XA XOGABA NA PRIMEIRA REXIONAL”

Cos pelos de punta e fonda admiración, O Xogador de Chica.

3 comentarios:

que_me_importa_a_min dijo...

Non podes olvidar tamen que fixo un espactacular debut coa casaca azul na rexional preferente contra un equipazo como era por aquel momento o "OBRERO",de sabedios.Tes que mencionar o formidable golpeo de balon co exterior cando xogaba de lateral zurdo(co 3 que sempre tivo a bon recaudo).O bosteira sera sempre un "JEIPERMAN"(palabra de Abilio,oremos),aquel boneco de goma de hai vinte anos.O bosteira, un central coma a copa(ou copas)dun pino.Xogador de chica,porque te retirache,xa sabemos que a tua lesion de cegato cronico acabou coa tua carreira,que se non tiñas moito que aprender do bosteira.
O HIPER:saudos os torcebotas

que_me_importa_a_min dijo...

sei que a Bidueira aínda clama pola miña ausencia, pero as novas xeracións de centrais cercevenses (refírome por suposto a Luca Poni, ese sucesor auténtico inspirador do tiki-staka) pisaban demasiado forte. a miopía tamén puido ser un factor a ter en conta, jijiji. aínda así, a ausencia do bosteira acompañándome no eixo da zaga (ou do banquillo) foi un pau irreparábel. pese a todo, non desespero e conto con que o meu número 4 sexa engadido a ese mausoleo dos torcebotas que é o Rincón do 3, ó lado de xogadores como Bosteira, Braveheart, Regis Laconi ou o elegantísimo Triguero, o grande kaiser de Valdemouro.
XOGADOR DE CHICA, MÁIS COÑECIDO COMO "EU? O MELLOR CENTRAL QUE PASOU POLO CERVO" (e punto!)

Anónimo dijo...

ken lle dera o cervo volver a recuperar e ese pedazo central, ainda k agora este en oras baixas.Non necesitarian pasar o cortacespede ademais de dar espectaculo cagandose en... e marcando jolazos pola escuadra o que lle sirbeu para que o largaran xa k despois dakela non volveu xogar partido. SIMON 13 temporadas 2 goles(porteria contraria), 800 eslagañadas, 8000 pinchadas, 300 controles de gaviota.