21 ene 2007

NOTÁBEL DEBUT DO HOTMAN crítica do concerto polo xogador de chica


Non podemos deixar de recalcar un dos moitos e importantes acontecementos do sábado: o debut do noso benquerido Hotman como músico na Night Burelesa. O cantautor cervecense repasou no "Rincón do Ten", acompañado das súas guitarras acústica e eléutrica, éxitos de gran calado como "A rapariga dontes" de Antón Veiga, "Déixame e arrebólate por un prado abaixo" de Os Segredos, ou "Petando ás portas do ceio" de Boh Dylan, temas fortemente coreados polo público alí congregado, que hai que citar como abundante. Entre o respectable puidemos identificar ás nonseperdenunha rapazas de Cordi; unha ampla representación das mulleres cervecenses, comandadas por Nori, a Futura Muller con Tricornio, Caperu e Little Bell, co seu respectivo mozo; e tamén, por suposto, unha ampla delegación do elenco corzo, liderada por Xogador de Chica e Barrilete Cósmico, que, fartos de paella e cubalibrels, amañaban o mundo enzarzados na súa quincuaxésima discusión (véxase SanFroi 06) sobre se "Flaquita" (non a de Faragullas, a de Andrés Calamares) é unha canción de soul. Tamén entre os presentes, os proxenitores do Ismael Serrano cervio, MoitoMan (tamén coñecido como Te reviento!!! ou Animal con roupa!!!) e numerosa peña típica burelesa. A actuación colleitou unha considerábel ovación. Como crítica e por tocar os... un pouquiño, non hai repertorio que aguante a inclusión de "Sufre mamón" de Homes Gue entre os bises... cachisendiez, canto dano fixeron os oitenta...!!!


En fin, agardamos a próxima actuación... de aquí á disco de Muimenta!!!

Noraboa Hotman!!!

3 comentarios:

que_me_importa_a_min dijo...

Seguramente que foi unha lastima perdela pero un repentino malestar xeral obligoume a deitarme e non poder acudir a ese masnifico concerto.Tras este exito,como todos nos que hotmen actua ,estou deseando que chegue o proximo,ainda que seña na zepellin ou nas festa da candelaria.

P.D:Xogador de chica,seguro que onte a noite ,no rincon do ten,tu e maila botella de herbas non parastedes de darlle a cacha.

P.D 2:Hotman,haber cando o teu cede.Queroo firmado e dedicado.

O HIPER....

que_me_importa_a_min dijo...

Pois moitas grazas por esas palabras xogador de chica,o memso lle digo a HIPER.

Pero hai que ser Autocrítico tamén. Non estivo mal a actuación, pero puido estar mellor, sempre se pode mellorar. Como inexperto e novato que son no tema recoñezo que fun demasiado pesismista xusto ó acabar a actuación e que taba rallado, pero pensándoo friamente non tivo mal. Ainda que ó principio tiña os collo na gorxa.

grazas chavales

que_me_importa_a_min dijo...

Bueno bueno tampouco te crezcas eeeehh!Que asi tamen empezou Jezulin!

O HIPER...