5 ene 2007

A TRANSCANTRABECA por tresillo



Cando volto, unha e outra vez, a esta Mariña ben querida dende a nacon da República Independente de Nova Artabria de Don Paquiño La, La, La el Grande (máis coñecida como el Excelentísimo Concejo de La Coru) teño o placer de pasar pola fermosa e fría Terra Chá. Dende hai un tempo as imaxes que se proxectan na miña retina son certamente sorprendentes. Xa pasando a doce Vila da Alba poido ver, ao lonxe, o porto de Burela, o de San Cibrao e de fondo, observo a saudenta presenza dos Farallóns (ás veces, case que parece que escoito o son dos bígaros a chamar pola Maruksaina).
Pecho os ollos, refregos e volvos a abrir...e sigo a ver esa imaxe!!!Pregúntome a min mesmo - tan arraigada teño no meu subconscente a imaxe da miña terra matria? - Entón, xa en Martiñán, atrévome a preguntarlle a miña compañeira de viaxe - ti podes ver o teu amado Lago dende aquí?, ela respostame cun sorriso. Nos seus ollos só poido ver a "verde" imaxe da Serra do Xistral. Pero é que eu non estou esquizofrénico!!!
Por fin son conscente do sucedido...o problema deriva desa nova AUTOVÍA coñecida coma a TRANSCANTABRECA. Sempre souben da miña agudeza "visionaria", o futuro sempre apareceu na miña mente de forma intuitiva. E é que tampouco contaba que os políticos (sexan españois, galegos ou frexulferos) teñen este mesmo "sesto" sentido. Rememorei un documental que vira do "presi tongado" All Gore (titulado coma UNHA VERDADE INCÓMODA) que o cambio climático está próximo. Se como sosteñen un alto porcentaxe dos científicos, o mar vai cubrir as zonas costeiras europeas...o MINISTERIO DE FOMENTO, A KSUNTA E AS INSTITUCIÓNS LOCAIS DE LUGO deben ter en conta este feito para pasar a citada TRANSCANTABRECA preto da Vila da Alba. Que será de nós cando teñamos que ir tomar o sol ás praias de Abadín!!!

P.D. Mazo Leggs dille a Fatal que lea este gran artigo e dille que non se quede paraplégica...perpleja non...paraplégica!!!

1 comentario:

que_me_importa_a_min dijo...

Amarillo S.
Como podes criticar as maravillosas vías de comunicación mariñanas? Olvídaste do FEVE (Ferrocarriles Españoles Velocidad Espectacular) que te leva de Burela a Ferrol tan rápido que apenas te tes que afeitar catro veces antes de chegar, por si esto fora pouco, a inmellorable selección musical, propia da banda sonora dunha peli porno, fai o viaxe máis corto si cabe.