22 ene 2007

MENSAXES SUBLIMINAIS. By Paco Jones Osmeus


SI SI SI. TI A MAIS EU XA O IAMOS SABENDO!!!

Creo esta entrada con fins informativos, xa que sen darnos conta, estamos rodeados de cancións que conteñen mensaxes subliminais que nos intentan comer o tarro.
Dende os derradeiros exitos recen saidos do forno ata as mais antigas melodías, sen esquencernos do tanquerido repertorio popular, intentan transmitirnos unha mensaxe.

Dende aqui iremos informando dos novos descubrimentos. Polo de agora deixovos o analise deste inquedante tema como é CATRO VELLOS MARIÑEIROS.

"catro vellos mariñeiro,catro vellos mariñeiros
todos metidos nun boteeeee............."

Ata aqui todo vai indo ben, o follon enpeza cando di...

"voga voga mariñeiro vamos pa viveiro xa se ve s. roque"

Ben, eu creo que está claro. Claramente estas verbas teñen o fin de promocionar o turismo da cidade do Landro.
Pero o mellor de esta canción incumbenos a nos os cervenses, xa que no seu grupo de ailalelooos que teñen o fin de ser o estribillo, fan unha homenaxe a unha persoa moi querida neste pobo e que todos coñecemos como é esa gran persoa que pasa as horas agarrado a un pachuzo, xa que o contido orixinal destes alaridos era o seguinte:

"ai valelo
ahi vai valelo
ai valelo
ahi vai bailar

ai valelo
ahi vai valelo
ahi vai valelo
ahi vai bailar."

Tomade a vida con humor.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Creo que a canción de catro vellos mariñeiros é un icono gay da galiza bravú. Hai algo máis homosexual que 4 homes nun espacio reducido e sudando coma cochos?
Sinceramente creo que o de Viveiro é un tapadillo, eles ían a unha cala a desafogarse e tiñan que voltar rápido xq se non íase descubrir todo o fregado.