17 ene 2007

AS MULLERES E O PORNO


Sempre me preguntei por qué a maioría das mulleres ven o porno como algo sucio, detestable e para pajilleros, e cabilando cheguei á conclusión de que o porno esta feito para os homes. As películas teñen un claro sentido de dominación masculina, e isto pode chocar un pouco co público femenino.

Por outra banda na maioría das peliculas os preliminares duran o xusto e o necesario, pero creo que nas peliculas orientadas a mulleres deberían durar un pouco máis e ser máis insinuantes. Como distinción de xénero, elas son moito máis sensitivas, mentres que a nós case nos entran todas as cousas polos ollos.

Tamén creo que para elas o sexo anal é un tema que as retrae un pouco(a min non me gustaría que me deran polo cú), é unha especie de sometemento, isto creo que é debido a tabues sexuais da sociedade occidental, e nas peliculas soe saír con bastante frecuencia.

Ademáis as escenas lésbicas poden ser algo incómodas(non sei por que estraña razón á maioría dos tíos ponnos moito estas cousas, imaxino que é porque é moito máis estético dúas mulleres que dous homes) pero non sei realmente o grado de rexeitamento que producen estas esceas entre as féminas, pero estrapolandoo ó plano masculino as esceas entre dous homes non se dan nas peliculas porque á maioría non gusta.

Polo tanto creo que as mulleres consumen menos porno porque case non se fai material para elas, que de algún modo seguira as pautas anteriores, de tódolos xeitos espero as vosas opinións para tratar de explicar este fenómeno(espero que non se recurra ó típico de que os homes somos uns quentes)

Un saúdo do Sr. Blanco

11 comentarios:

Anónimo dijo...

Opinións para explicar o fenómeno?
Que as pelis porno habituais son case todas iguais, que non son aplicables á realidade (cousa que ás tías nos encanta), que, mesmo nelas, se parte de presupostos machistas de que ás mulleres non nos gusta o sexo (de aí o habitual papel dominante do home), que lles falta erotismo e lles sobran primeiros planos de penetracións... E que nos falta saber ónde atopar algo que nos guste e aprender a que nos dea igual o que nos vexan compralo.
Por certo, cavile, Señor Blanco. Pero cavile con "v", por favor.

que_me_importa_a_min dijo...

Nada, nada...é obvio que as pelis porno deben ser tan sofisticadas como as "mulleres" no sexo; a súa impresionante capacidade sensorial, case teñen superpoderes, caga pola do home que ao fin e ao cabo é unha polla con carne morta ao rededor.
Xa vedes, claro e sintético...porque ao fin e ao cabo son home e como dixo unha gran filósofa "os homes sodes simples e as mulleres somos moito máis complexas...que fácil resulta entendervos e satisfacervos".

TRESILLO

Anónimo dijo...

ENEIDA


O que nos diferencia a muller e ao home neste campo é fundamentalmente que nós aínda non estamos liberadas sexualmente e as que o dín estar, son auténticos esperpentos (vease o citado Sexo en Nueva York). Certamente as pelis porno están determinadas cara un público masculino que (excepto algunhas excepcións) gustan delas porque, aínda que sexan ciencia ficción, estimulan a súa imaxinación. Agora, o mercado produce para quen consume, e as mulleres aínda que vaiamos de liberadas, danos reparo tales productos pola educación represiva milenaria que sufrimos respecto dos nosos desexos. Que distintas serían as relacións home-muller, se nos consideráramos honestamente o que sentimos e desexamos e lles plantexaramos abertamente as nosas apetencias e sentimentos. Pregúntome, ¿cantas historias maravillosas de amor e paixón se perderían neste tempo pola falta de iniciativa da muller namorada?. Somos iguais en dereitos, pero quedanos moito que percorrer para chegar ao camiño da coherencia cos nosos sentimentos e desexos.

que_me_importa_a_min dijo...

Para entender o que supon o cine porno para un tio so tedes que acudir o centro social da "trivu-cervense".Ali dase renda solta a toda a imaxinacion e sapienza acerca do sexo.Vinte tipos vendo pelis guarras dan moito de si!Asique ainda que a min ,as pelis estas parecenme do mais aburrido(ainda que seguro que non e asi cando as ves cunha tia)teño que recoñecer que nos poñen coma burros e despois pasa o que pasa LUMA!.
O HIPER..

Anónimo dijo...

Mea culpa por escribir cavilar con b, pero e que na escola suspendia todos os dictados, supoño que por eso fun por ciencias

Anónimo dijo...

ai que ver que insensibles somos os omes,a verdade e que tdes razón que o somos pro eso e polo distinto desenrrolo dunhas partes do cerebro nos omes, e outras no das mulleres. Nos estanos faltos de esto pro; x exemplo conducimos mellor, pensamos de forma mais simple e non lle buscamos 3 pernas o gato coma as mulleres.

Anónimo dijo...

Estou dacordo que o publico feminino nesto do porno e minoritario, e eso observase na vida real porque o porno aparte de ser cine pa entreter ou poñer quente directamente tamen nos axuda a aprender novas cousas pa non caer na rutina , novas posturas,xoguetes, fantasias ocultas.... .
e neste aspecto podese deducir que non temos por aco moita muller adicta o porno polo que creo que deberian velo un pouco mais, haber si algun dia nos sorprende algunha muller con novedades nas relacios sexuais porque ...

sin animo de ofender clara de noche

Anónimo dijo...

home, tampouco hai que pensar que ás tías só nos gustan as ñoñerías, no?
haivos de todo, buscade, que hai de todo.
e voto viva o bondage.
e ahí queda.

Anónimo dijo...

meu amor platonico coma ti temos poucas

clarita de noche

Anónimo dijo...

Sorprendeume gratamente o comentario de Eneida. Si señora, posiblemente o mellor comentario que fixeche ata o momento (sen ironía). Xa non digo eu nada sobre o tema porque dixo ela suficiente.

Anónimo dijo...

[b][url=http://svezachok.net] windows xp tabulorasa edition (titanium) [/url][/b] у нас также можно найти [i][b][url=http://svezachok.net/films/hudfilms/4853-poslednyaya-zima-the-last-winter-dvdrip1400.html ,1,S] darkstar one [/url][/b][/i] и всегда все самое СВЕЖЕЕ!!
[b]Весь свежак на http://svezachok.net [/b]