29 ene 2007

TRES CHALADOS Y MUCHAS CURVAS. by xogador de chica


A cousa foi seria. Son as 7 pm e camiñas cara o Almacén, o bar de tódalas túas tardes. Case es capaz de dicir o que alí estará a pasar sen entrar, desde fóra...
Probabelmente, Quentacaldos estará tras da barra dándolle chuchos á botella de Carlos III mentres canta a "Los Pecos"; Val Elo fumará unha faria e rajará do Barça aínda que estea vendo unha peli de Van Damme; YaFrua e Rafa Plas, seguramente, situados nunha esquina, analizarán murmullo a murmullo a actualidade futbolística mariñana; na partida de tute, coma sempre, as hostias flotarán no ambiente (aínda que ó final nunca pasa nada, quizáis porque Val Elo esperta dunha sesta de dez minutos na silla e nese mesmo intre emite un xuízo indiscutíbel sobre o xogo: "tiñas que haber arrastrado...", e quen llo rebate???); tamén andarán por ahí Fashion e o Montón de Óxido, Tresillo e Hotman no billar, e Levotodaavidaescapado lendo marabillado "El País de las Tontaciones" (agora Ep3)...

Pero vaste achegando e oes ruído... Estás máis preto agora e... mecagon...!!! Soa "Carabirubí", ese clásico atemporal do Fary. Antes de que abras a porta, o cristal racha en pedazos (xa o veredes, que botará uns cantos meses así), metáfora perfecta do que se aveciña... E cando abres o poxigo...

As frases son: "Aboio", "Miña nai querida", "Pero que comedia é esta???" (excepto un benquerido veciño cervecense que dixo, "Aínda habemos de poder foder hoxe...") A imaxe é surrealista. Un carro de people criminaaaaaal, as luces semiapagadas, a música a todo meter, e unha pila de vellos (sobre todo vellas) dándolle a cacha ó compás de pasodobles de ayer, hoy y siempre (co xa habitual DJ destas ocasións, o home de fígado sen fondo)... Toda unha sesión vermú das festas de Penas Agudas no noso benquerido bar!!! Pero a cuestión non é tan sinxela, pois no medio das respectabeis señoras (que confundiron o Almacén co Centro Cívico de Cangas ou o Rosalar), había un grupo de papadores impenitentes!!! Entre eles, Cerveciñafría que a piques estaba de por en práctica o baile da pixa (consistente en (re)percutir -que diría un amigo- coa rodilla nos lugares máis recónditos da anatomía feminina) cunha señora que recorda a Fraga cando era novo; ChegouoHome, que, demostrando a súa variedade de rexistros (recordemos como se move no Oasis no medio das féminas prometedoras da night burelesa), miraba con ollos de desexo a unha cuarentona de branco que saíu viva dalí de puto milagro... (probabelmente, porque o Home da susodita andaba por alí e era demasiado grande para que o noso heroe se plantexase discutirlle o título); e Charlie, que cansado de que todomariasantísima lle negase ó seu querido Bolipo o Balón de Ouro, optou por mover as cadeiras en vista dun posible éxito cunha venerable muller que debeu criar cinco netos coa cartilla de racionamiento... As mulleres, encantadas de estar alí coa juventú, miraban de refilón os apolíneos galáns, pensando "ay, se te pillara cando non tiña reúma..." Os xogadores do Sanrro, que viñan de celebrar unha victoria épica contra o Folgueiro, aprendían as artes de seducción (destas tácticas debías escribir, Tresillo) destes tres fenómenos.


Dicía nun artigo meu ben prezado Doríforo que sen este mítico bar non seríamos ninguén... canta razón!!! e é que no Almacén... non se para!!!

5 comentarios:

Anónimo dijo...

eh oh???

que_me_importa_a_min dijo...

quen carallo e ese?onde andades a meter os fuciños?traduceme ahi oh!.
Efectivamente a disco de cervus abriu pa todios este sabado pasado,nin muimenta nin o corgo xuntos fan sombra o que ali pasaba!Xogador de chica igual tiñas a oportunidade de entrarlle a unha desas veteranas e facerte un home!Xa ves que cerveciñafria non perde o tempo e elle igual unha de quince que de cincuenta.E MOITO!como diria o noso bon amigo MOITOOO!

O HIPER...

Anónimo dijo...

Cangondios! pérdomas todas, anque hai algunhas que é mellor perder!!!


PD: Gran radioloxía dos feitos, andas moito mi joven Padawan!

Anónimo dijo...

Ola VECIÑ@S!!! Non puiden pasarme antes por este blog, e xa me tardaba porque está dando moito que falar.Hai xente que non entende as vosas críticas, pero..("Que me importa a min; si, está claro, que Cervo é un mundo aparte!).Porque xa me diredes: en qué sitio se arma un juerga así, un sábado calquera pola tarde??!?! E..quen lle dera ó Painin, ter un DJ de tanto nivel!!jeje.

Un saúdo a tod@s.

E.Y.R

Anónimo dijo...

Aquí publicidade nada, cagondios. E trapalladas en inglés tampouco, cagonavirgen.

Noutra orde de cousas quería recalcar o gran papel desempeñado tamén neste improvisado festival folclórico atemporal polo Rei de Copas, que en aqueles momentos debía levar xa unhas 20 horas ininterrompidas de cante e baile (ou algo parecido) ó son dos xeos dentro dun vaso de tubo. Polo menos a última vez que fora avistado por unha forma de vida "intelixente" quedaba arrolándose polo Caseto mentres un individuo chamado Andrés Suárez intentaba "lo más difícil todavía": tocar unha guitarra, cantar, piarlle ás paisanas que pasaban cara o baño, e aguantar os 14 cubalibres que levaba no lombo (todo isto ó mesmo tempo, todo un xenio!).
Volvendo de novo a ese universo paralelo que foi o Almacén aquela tarde de sábado, non nos podemos esquecer da promesa feita por unha das integrantes da comparsa "Cuéntame como pasó", que aseguraba que volverían en primavera. Supoño que ata daquela estarán entrenando para soportar o ritmo do Machus cabríus cervensis. Recomendamos sentidiño á dona elixida como víctima preferente nesta 1ª edición por Chegouohome (e por tódolos demáis presentes). Se repite os contoneos cos que nos deleitou non a salva nin Cristo!
Como última reflexión, teño que dicir que Chegouohome non se afastou moito do seu comportamento habitual: el elixiu á máis nova do local.