3 ene 2007

POR UN PUÑADO DE DÓLARES...


POR XOGADOR DE CHICA

Sempre soubemos que o noso estimado amigo Doríforo tiña unhas excelentes cualidades para a práctica do fútbol, pero nunca chegamos a pensar que fose a ter unha carreira tan prolífica coma a da gran Massiel; chegar ó cumio de Eurovisión para logo arrastrar a súa apolínea figura polas aldeas. Na última entrevista no “Retroceso”, Doríforo defendeu a capa e espada a súa fichaxe polo Molimeiros, equipazo de Rexional Preferente que lle permite probarse en novos retos ó enfrontarse a institucións tan poderosas coma o Ferreira de Valdemouro. Incluso o impoñente heredeiro do English claudicou ante o novo Valerón, pero nin na derrota os grandes perden a súa categoría e acabou por exclamar: “fai de nós un pandeiro!!!”. Volvendo á entrevista, o futbolista cervio incidiu no contento que está de ter cambiado a filosofía “arriba villalba” do Larazza polo tiki-taka para sibaritas do seu novo clube. Sen embargo, olvidou comentar (sempre foi un home discreto), a infinidade de cartos que perde na procura de dar un definitivo pulo á súa carreira, que ten como obxectivo final levar ó Candelorios a Segunda Rexional. Seguiremos ó tanto das novas que nos cheguen deste xogador, e da súa prometedora traxectoria!!!

1 comentario:

Anónimo dijo...

Esperamos ter en breve a presencia deste singular xogador no campo da Chá. Penso que non tería ningun problema polo bon xogo que está a despregar o Sanro, ademáis ofreceránselle varios ferrados e unha burra como soldo base, ademáis de varias primas, tales como pipas gratis e cerveciñas frías no bar da chá.