11 ene 2007

O ARTE DA SEDUCCIÓN por tresillo


Podería comezar este artigo largando o tópico..."como cambian os tempos". Pero a cuestión máis ben é máis ben como dí a canción..."malos tiempos para la lirica". Onte cando ía no bus universitario presentín que en vez de chegar ao piso ía chegar antes ao "Juan Canalejo" nunha ambulancia. Aos mandos do carro ía un tipo que, máis que un chofer, parecía un dese chorbitos tuneros que van co regueton tan a tope coma o propio pedal do acelerador. E preguntarédesvos, ¿que coño ten que ver eso co arte da seducción?...prosigo. Inmediatamente pensei que o chorbiway ese tiña que ter moza e imaxeneime seducíndoa, facéndolle as beiras...entrándolle, vamos. A cuestión á que ía; automaticamente a memoria levoume a dous tempos pasados, un vivido e outro non, e logo compareino co actual.
Primeiro imaxinei a ese empedernido romántico decimonónico, estudiante de universidade, ir coa tuna a cantarlle debaixo da ventá, cunha rosa vermella na boca, a súa particular namorada. Imaxenei tamén, a ese cursi abocado ao suicidio, escribirlle poemas de amor e deixarllos entre as paxinas dos libros de "Historia Medieval Española" (que contraste) ou, tal vez, recitándollos baixo a lúa tendidos os dous no verde chan dunha campiña, brindando con dúas copas de viño tinto. Imaxinei, finalmente, a esa rapaza envelesada deixarse levar por ese sono de paixón...e logo, tras tres ou catro anos de relación, irse casar co gordo fillo herdeiro dun burgués que lle chama preciosa (nome de cadela, por certo) e a pon a traballar como unha negra mentres el se vai de putas. En fin, cambiemos de escenario.
En segundo lugar, acordeime da xente da xeración do meu irmán...desa época que identificamos co fantástico grupo coñecido co nome de "Hombres Gue" e a súa archifamosa canción "Sufre Mamón". A sociedade aquí tuvo unha clara evolución. Tal vez o proceso de seducción foi similar, aínda que situado noutro contexto. O tío que se encona pola pavita, que vai todos os días a clases particulares de "inglés y matemáticas" no seu "Vespino GL" herdado do avó ou, con máis nivel, na súa "Derbi Variant"; de súpeto ten un día de valor e dille a coleguita - que tía, ¿anímaste a vir ao Cine Mon conmigo? -. De ahí a pedirlle para salir e seis ou sete meses de mozos. Claro, pero chegou o típico "Jony" de chupa de cuero e vaqueros apretados cunha TZR de 80 que o flipas...o tipo é moi duro, estudia electrónica en FP. A todas as tipas do insti lle caen as bragas por el, pero o moi fillo de p... fixouse na moza do pringadillo que quitou seis notables, tres bienes e un aprobado en ximnasia. A rapaza que lle dá por chorar e dille ao "tonto a las tres" que "necesita pensar"...que gilipollas!!!. Ás dúas horas xa está montada na TZR e coa lengua do outro rozándolle a campanilla. Menos mal que este pringao xa non é un suicida coma o ramanticón decimonónico, non; este, agora, logo de escoitar cinco mil veces "Nada cambiará mi amor por ti" de "Glen Medeiros", monta un grupo supermegagüay en plan vinganza e fai versións de "Bon Jovy" e "Hombres Gue" - agora que tome polo cu a zo... esa e se poña a cola -. Que pedazo conciertos no patio do insti.
Deixei de imaxinar e comecei a texer unha tese cuasi sociolóxica. Se a sociedade foi progresando, evolucionando, a idea do "tunerismo" está plenamente xustificada. Agora o burgués de turno e o macarra dos '80, son parte do pasado, o presente presenta (valga a redundancia) a un novo especimen evolucionado; xa non é preciso tirarse dunha ponte ou escoitar as cintas que regala a Super Pop para sacar a espiña da dor de amor do corazón, non. Por fin as feminas aprenderon a amar sempre a un mismo tipo de home e non deixarse levar pola corrente, nin pola primeira mirada. Agora xa se aforra facerlle sufrir ao pardillán de sempre. Fixádevos, agora un tipo cos pantalóns na punta do cú, vintecinco pirsins nas orellas, dous no fuciño e un no pi.., cun super Onda Civic mega tuneado, cun Alpine que te cagas e trinta subwoofer's e sesenta etapas de potencia chega ao portal do piso da "nena" escoitando a Don Omar a todo o que dá o parato. A tipa, que xa non precisa que lle canten na ventá, nin que lle timbren no portal, baixa toda emocionada porque xa "está preparada" (que fuerte)...a Manoli de turno escoitou nos cuarenta que o semén non engorda, menos mal. É unha tipa moderna, leva catro anos estudiando Ciclo Medio de peluquería e esteticién e xa leu cinco veces o manual de instrucción do DVD que lle regalou o tal "Cheta", a sexta vai a vencida. ¿Como non enamorarse dun tío que lle bota cinco euros de gasofa ao coche e a pasea por todo o pobo?. Ela sabe que esa relación ten futuro. Ten claro que el vai entrar a traballar con seu pai poñendo na plaqueta (hai moita obra de nuestro señor), eso sí cunha funda sete tallas máis grandes e sen quitar os pirsins nin a gorra de "Bad Boy". Xamais renunciará a ese amor que lle dixo un día - nena, queres ver como peta agora o coche co novo chip de potencia que lle metín -...joder, aquel día foi inolvidable

21 comentarios:

Anónimo dijo...

unha verdade coma un mundo. Pero o peor de todo e que o amor tamén se da no outro sentido, ese pelopincho namorado da rapaza que pon 5 kg de maquillaxe e vai vestida como un espantallo, que bonito. Unha gran reflexión, ainda q te enrollas mais q unha persiana, hai que ir ó concepto, xa o decía manquiña

Luika dijo...

querido tresillo, penso k te chamas asi, non queria entrar neste roll, pero lendo o voso blog, encontreime con este articulo e non podia deixar de dar a miña opinión.
para empezar decir k cada persoa e un mundo e k non a todas as mulleres nos teñen k gustar os homes pijos con patalóns de pinzas ou vakeros axustados, eu sentinme identificada coa suposta rapaza da k falas, pois a min tamen me veñen buscar a casa nun coche baixado e cos cristales tintados, etc, pero nunha cousa estas ekibocado, non todos ecoitan a Don Omar,poderias flipar con algunhas das cancións k teñen , ata poderia asegurar k alguns comparten gustos musicais contigo, non son tan diferentes a vos,poden levar piercings ou tatuages, pero son homes coma vos simplemente teñen un hobie diferente e ese e o tunning, non os podes criticar sin coñecelos, gran defecto k tedes os de cervo, hai k coñecer a xente para criticala non so por como visten ou k coche teñen, hai k ter unha mente mais aberta.
un saudo

Anónimo dijo...

Mi madriña, a que che vai caer Luika, estou chorando de risa mentres escribo, Tresillo, dalle tu que a min dame mal!!!

Anónimo dijo...

xena
Eu tamén me reafirmo na veracidade de Tresillo. Non me gustan ese tipo de persoas, máis que nada, fisicamente. Non poido opinar delas noutro sentido se non as coñezo. En Cervo non hai persoas dese tipo ou si (a nova xeración de rapaciñas que veñen pisando forte). As que as suceden en anos son distintas. Son moi normais, non putas, como algún afirma noutro comentario. Algún de vós se empeña en que iso é así pero equivócase. Que algunha delas non acabara con algún de vós, non quere dicir que sexa puta. É que soubo escoller ben e é que a algún de vós, cos vosos pensamentos, non hai quen vos aguante.
Pero si me alegro de que digades algunha cousa clara como fixéstedes na sección "A min que me ves..." ou algo así cando falades dos calatrava. tresillo pronunciou "putas" en fin de ano. alégrome, non por ela, pero polo que lle toca calar a algún (que por certo fala e máis critica por envexa) que lle cae moi cerca e xa todos sabemos quen é ela.
Dicía algunha cousa clara porque non todo o dicides á cara aínda que algún puxo nun comentario que non tiñades problemas. ¿Pode dicirnos putas á cara o que o escribiu? non sei quen é porque non me molestei en miralo. Pero se tantos collóns ten que se atreva e non é unha ameaza, so é que me gustaría moito presenzar a situación.

que_me_importa_a_min dijo...

Hai ben o HIPER....:
Como tedes o patio....ta a cousa kente de carallo!UFF!Tesillo fai o favor de deixar de chorar polas mulleres e dalles co pix...na cabeza!As chorwitas sempre se fixaron no macarra de turno,o malo-malote da pelicula,eso ven de vello.Mira pa luika ke intaligente e.....!jejeje!

Anónimo dijo...

teño k admitir k esto do blog estame a gustar,botarse as cousas a "cara" pois mais ou menos todos sabemos kenes somos.
desta vez querolle dar a razón a xena,respeto os seus gustos e pode k este tipo de homes non lle atraigan, pero polo menos non os critica sen coñecelos.por suposto tamen estou con ela no comentario dos de cervo, tendo algo k añadir, pois hai algun k moito fala e moi machito se cree e e o primeiro k deberia calar a boca.
polo k di hiper, tes razón, ainda k moita xente pense k non, estando con este malo malote, como lle dis ti, sei o k hai e non me pode defraudar, doutro xeito, estando con alguen coma ti, sempre cabe esa posibilidade.
un consello, irse de copas cos amigos sempre estivo ben, papar tamen, pero non tratedes as mulleres como facedes, si non estou mal informada xa rondades os 30 e como ben se di, ta a punto de pasarsevos o arroz.

que_me_importa_a_min dijo...

Miña nai querida!!!
Os ánimos andan moi caldeados por aquí! pero como non me dou por aludido respecto ó comentario de Xena, vou tentar que POR UNHA VEZ NESTE BLOG os comentarios vaian ó asunto, ó tema, ó conceuto!!!! e non a resolver os problemas persoais entre asiduos do Quemeimportaamin.
Habería mil cousas que rebatir ó teu comentario, Luika, pero céntrome nunha, xa pasando por alto os sempre discutibles gustos musicais ou a tamén discutible estética...
O tunning non é un hobby simplemente, é unha forma de vida; ¿por que? porque ese pedazo de subwoofer criminal que lle queremos meter ao Seat Panda costa moitos eleuros de nuestro señor, e cando un invirte a maior parte dos seus cartos (case todos) nunha afición, a dita afición engrandecese ata converterse nunha forma de vivir; alá van tamén os esforzos e as ilusións... ben sabemos que a maioría da xente q ten o coche tuneao son obreiros, e joder, non cobran uns sueldazos endemoniabeles... así que para esta xente o tunning é algo máis que unha afición!
Que sí muller, que os tuneros poden ser moi bos chavales...
Pero consideramos que é moi triste (lamentábel!!!) que maquear o buga sexa un obxectivo de vida (igual non o único, pero sí un deles), cremos que é puro materialismo... e por iso o criticamos, ayer, hoy y siempre.

Atentamente, XOGADOR DE CHICA.
Que me importa a min o Depotivo...

Anónimo dijo...

Advertencia a "Xena": si non sabes leer non entres no blog. En que parte lle chamo eu putas ás de cervo? Nos ó facer entradas xeneralizamos. E tu, miña pobre, leelo como si estubera dedicado a ti. Ten claro que vos admiramos moitíiiiiiiiisimo polo que papastes nun pasado e polo ben que soubestes asentar a cabeza todas á vez en plan "ya es otoño en el corte inglés". Parafraseando ó sabio Tresillo, este blog é como un espello que enseña o que cada un quere ver. Si tu dun comentario de 200 palabras solo te quedas con unha será que é ca que máis te identificas.
PD: Gran Nick, sempre me gustaron as princesas lesbianas con dous cazos nas tetas.

Anónimo dijo...

querido xogador de chica, eu nunca dixen k tunear o coche fora barato e tou dakordo contigo en k a maioria da xente k o fai non ten recursos económicos susficientes para darse ese luxo, eu defendoos porque a maior parte deles caenme xenial,porke non me parece ben que se critiquen so polo feito de como visten ou como teñen o coche, pero, como persoa normal k son, admito que moitos fan locuras,de feito a min gustame poñer o coche un pouco guapo, non poñer unha discoteca no maletero ou un casino dentro do coche como teño visto, eso pareceme esaxerado, pero volvendo o tema, si e un hobie, ainda k sexa demasiado caro, tamen tes que saber, meu kerido amigo, que no tema tamen se critica a sua forma de vestir ou de ser, e iso e algo k defendo, pois volvo a decir k non se pode criticar a xente sin coñecela.
un saludo

que_me_importa_a_min dijo...

Pero a ver, coraçao...

Unha afición que teño é a música, e non gasto o 90% dos meus eleuros, plans, paciencia e enerxías en mercar discos, ou baixar no eMule ou ir a concertos.
A afición do meu amigo Amarillo S. é a bebida e o xogo e isto non significa que o gaste todo... eeeeste... ben, isto saiume sen pensar, deixémolo ahí... jijiji.

Bromas aparte, hai unha clara diferencia; a maior parte desta xente (eu non sei nada da túa vida e que me importa a min, falo dos tuneros en xeral) vive por e para o tunning!!! que terán moza e colegas e serán muy simpáticos e guapitos de cara e moi boa xente... vale, muller! créote! (e por unha vez, vai sen retranca).
pero non fales dunha simple afición; non me veñas con paxareadas, que esta xente fai un modo de vida diso.

E facer un modo de vida diso paréceme simplemente un esterco... puro aparentar! e digo de novo que o que xuzgo son os seus fins e obxectivos, que me parecen dun aburrimiento criminal.

Se me das unhas boas razóns polas cales o tunning mola (e pode convertirse nalgo que eleve a túa existencia de forma marabillosa!!!! -engádase a esta frase todo o flowerpower posible), pois ata igual me convences e póñolle un spoiler criminal ó R5 (isto sí vai con retranca). iso é o que deberías facer, e non adueñarte da tópica e típica frase de "cada un é cada un..."

XOGADOR DE CHICA

que_me_importa_a_min dijo...

by TRESILLO

Eu non son ninguén para establecer leis...pero recomendarialle unha ao Parlamento...impoñer a obriga de aprender a leer...pero aprender a leer...non só saber que a "p" coa "a" é "pa". De verdade que sodes a hostia!!!e refírome ao sector feminino porque coincide, non por nada especial. Fago un artigo, case un puro ensaio sociolóxico. Non poño nomes, nin apodos, nin referencias personais...e sodes tan hábiles que pensades que fago referencia a vós. Os conceptos "ler entre liñas", "autocrítica", "esperpento" son demasiado profundos para vós. ¿Que vos queda?...ao marxe de non saber escribir, ir sempre ao terreo do personal (vexo que o de argumento "ad personam" é demasiado para vós) para poder fundamentar as vosas paiasadas de argumentos. A min non me importa nin o que vos pasou cos de Cervo, nin si vamos camiño dos trinta, nin ostias en vinagre...pero tanto ego tedes que pensades que a nosa vida xira entorno ás vosas decisións?Cando falamos da muller, non falamos de vos nin cando falamos dos homes falamos das consquistas de "x" ou "z"...pero a nós que nos importa?concretamente, a min xamais me importou. Pero, como xa manifestei, sodes incapaces de ver a árbore e só mirades para o monte.
Vós listedes o que quixestedes ler...a min importame un güevo a vida dos tuneros, cada quen fai o quere coa súa miserable e triste vida, eu teño que levar a miña para diante e punto. A cuestión é que na visión total do artigo esperaba que forades máis hábiles, que tiverades sentido do humor e verades o punto de autocrítica para con nós mesmos, hombres del siglo XXI. Pero non, a dicir estupideces...mamonadas que non teñen pés nin cabeza e que só me molestan porque parece que queredes darnos a razón sempre...si, sempre. Unha preguntiña final, ¿sodes tan gilipollas que non tedes a capacidade de discernir (separar, para que entendades) o personal do xeneral? Estou ata os mismisimos de aguantar panfletos recheos de tópicos e chuminadas varias...cando teñades a suficiente madurez e estabilidade emocional como para contestar algo crítico e coherente, estarei disposto a respostarvos...mentras eu só me adicarei a escribir artigos e seguir a aguantar tanto infantilismo barato.

que_me_importa_a_min dijo...

P.D. O quero que teñades claro e que xamais lle adicarei unha "crónica" a unha persoa ou persoas e en concreto. Basicamente porque eu respeto moito a dignidade de cada quen. Pero, por outra parte, teño todo o dereito de expresarme con total liberdade e dicir o que penso con toda claridade. Se o problema reside en que vós non entendedes o lenguaxe "literario" (metáforas, símbolos, paradigmas, etc.), xa sabedes, ler máis...ou, simplemente, cando vos poñedes a parir unhas a outras, fixadevos no que falades, de verdade, son auténticas clases de "recursos estilísticos" e "discursos narrativos".
Bueno, logo de todo isto, espero tomar un café tranquilamente e saudarvos sin ter que aguantar miradas de desprecio, non por nada, senón porque así saberei que non sempre levades todo ao terreo persoal...aínda que o dubido.
Ah!que sepades que incluso temos corazón e sentimentos...pero podenos a razón, cando menos a min.
Un bikiño.
Tresillo.

Anónimo dijo...

non engorda pero trasmite a sida

que_me_importa_a_min dijo...

Que fuerte me parece ti@...!!!pero tu de que nacon saliche!!!me acabas de dejar parapléjeco...non che sabía eu eso...bueno, pois xa as avisarei cando vai verter...e lámbete algo!!!
Non me extraña que poñas anónemo cun comentario tan arriscado e politicamente incorreuto. Ostia, todo un Pérez Reverto de la laif.


Os direutores do blogue

Anónimo dijo...

Eu aboio cos comentarios que se fixeron aquí. Refírome de xeito especial a Xena que falou do que lle pareceu, e por riba de forma embarullada. Gustaríame aclarar (coa esperanza de ter que facelo só unha vez) que un adxectivo como “putas”, dito de forma ofensiva, sería mal recibido neste blog, tanto se é adicado ó xénero feminino en xeral como a unha muller en concreto. Polo que eu me lembro, dito adxectivo tiña unicamente a finalidade de enfatizar unha expresión (coma no artigo “Non sei se poñer música ou darche unhas ostias”), ou ben no momento de producirse a situación relatada atendía a unha finalidade puramente cómica (coma no caso de “O indignamento dos Calatrava”).

Cambiando de tema quero felicitar a Luika por ceñirse ó tema do artigo, e polos ovarios que lle botou! Agora a miña opinión:
Mira Luika, todo en exceso é malo, e o tunning é un exceso de moitas cousas: de tempo adicado a un miserable coche, de diñeiro gastado, de mal gusto....
En xeral paréceme unha afección triste. Porque é triste obsesionarse ata ese punto cunha afección tan puramente material. É triste limitar tanto a túa cultura e os teus temas de conversa como é frecuente entre os amantes do tunning. É triste tentar impresionar a unha rapaza facendo un trompo co coche, é triste. E posiblemente moitos de nós fixemos cousas tan tristes como estas nalgún momento das nosas vidas, pero é triste orgullecerse delas.
En canto á estética, é simplemente unha moda, e como todo o mundo sabe seguir unha moda ó pé da letra non denota máis que falta de personalidade.
Despois de dicir todo isto, non dubido que os tuneros que ti coñeces sexan moi boa xente; salvo que sexan deses que acostuman a facer carreiras cos seus horteras coches, poñendo en perigo a súa vida e a dos demais, e ás veces incluso baixo os efectos dalgunha droga. Neste último caso xa me parece excesivo seguir xustificando a súa bondade como persoas.
Para rematar, dis nun dos teus comentarios “estando cun malo malote sei o que hai e non pode decepcionarme. Con alguén coma ti sempre cabe esa posibilidade”. Eu non sei se ti querías poñer realmente o que todo o mundo entendeu! Quero que mo aclares, porque, ¿a ver si me entero? Entón o que fixeches foi escoller ó peor que atopaches pensando: a peor non vai ir! Que astucia, que pillería, que estratega!! Déixasme abraiado! Realmente confío en que non fora isto o que querías dicir, e sexas un pouco máis ambiciosa. Ánimo que todo o mundo pode aspirar a algo máis.

Un cordial saúdo.

Anónimo dijo...

querido faragullas, por fin leo un artigo con xeito.ahora tocame a min contestarche.en primer lugar eu non defendo o tunning en exceso, so falo de poñer o coche un pouco guapo e eso faise, segun o meu parecer, por gusto.mira, miña nai non kere k faiga tatuaxes nin k poña piercings, claro k o vou facer, pero o peor e k ela non entende pork o vou poñer nun sitio donde non se me vexa, e a miña contestacion e porque me gusta, non fai falta k naide mo vexa e moito menos teñen k saber o k significa, e pa min o tunning e mais ou menos o mesmo, gustame nun limite e non e por presumir, simplemente GUSTAME.
claro k tou en contra dos k fan carreiras co coche e moito mais si van drogados e tamen che poido asegurar que non todos son boas persoas, pero como creo recordar k xa dirxera, neste mundo de dios hai de todo, tampouco os k non son tuneros son todos bos.
e polo de escoller a esta persoa, non a escollin polo feito de k xa e malo e non me poido esperar nada peor del, en principio escollina pork me gustou, e en segundo, pork despois do meu ex e a persoa que mellor me trata, tivo un pasado malo, pero toda persoa pode cambiar, ademais, non e nada serio, ahora non me poido permitir ter unha relación, simplemente con el teño o necesario, cariño e sexo.
penso k coa idade k teño mo poido permitir, son demasiado nova para coller mozo formal, e con esto non defendo a teoria do Hiper de foder todo o k se poida, tampouco son asi, simplemente teño unha persoa o meu lado k me da o necesrio, e coincideu k lle gusta o tunning, que non quere decir k sexa tunnero, pois a min tamen me gusta e non me considero tunnnera.
sinto tolearte tanto, pero espero k ahora che keden resoltas as tuas duvidas.
un abrazo moi forte dunha amiga forever.

que_me_importa_a_min dijo...

Simplemente:...aboio!!!

Anónimo dijo...

querido amigo, en primer lugar,deberias poñer o teu nome, si realmente tiveras huevos, e en segundo o meu comentrio era para contestarlle a faragullas, un gran amigo para min, o teu comentario non ten ningun sentido, pois si aboias, podes calar a boca que seguro k ests mais guapo.
ah!! e aprende de alguien k sempre da a cara e k lle importa 3 collos o k pensedes dela
un saludo

que_me_importa_a_min dijo...

era tresillo querida luika...non son perfecto, esquicínme de poñer o "nick". Pero bueno, a pesares dos teu improperios, incido no tema: aboio!...é que se me solicita moito que sexa breve, sintético.

Anónimo dijo...

Apreciada Luika.
Coincido con Tresillo. Non sei se polos mesmos ou por diferentes motivos pero eu tamén aboio.
A verdade é que lle volves a botar bastantes ovarios. Para o meu gusto quizás das demasiados datos persoais, íntimos. Bueno, é unha forma de que nos enteremos de que é da túa vida (pero todos).
En fin, a pesar de que esto non é un consultorio astrolóxico si me gustaría facer un par de comentarios sobre esto que dis:
Para empezar, "escollino porque despois do meu ex é a persoa que mellor me trata". Da que pensar isto....
A elección dun home (xeralmente de estilo malote) por parte dunha muller, para despois tentar cambiar parte da súa forma de ser é un tema que está ahí, pero do que non vou dicir nada nesta ocasión.
Centrareime no dos piercings e tatuaxes. En principio debería quedar claro de que non da tanto gustiño facelos como que che den unha masaxe, áínda que supoño que isto non te preocupa. Deixando a parte a discusión estética, xa que cada caso é diferente, non teño nada en contra dos piercings, posto que se por calquera motivo acabas ata o carallo deles quítalos e infraestructura de comunicación (vía, carretera, pista...). É moi mala, xa o sei (vou ter que durmir máis, ou menos, jiji).
O dos tatuaxes e algo máis problemático porque meter tinta debaixo da pel pode non ser o máis sano do mundo, e especialmente porque despois hai que aguantalos toda a puta vida. Tu imaxínate que lle pos un pedazo alerón criminal ó coche (independentemente de que sexa un R5, un saxo, un focus, ou un BMW). Imaxínate que ademais de gasta-los cartos despois non che gusta ou che resulta cargante, e non llo podes sacar. Non digo que non se deban facer tatuaxes, digo que hai que pensalo moi ben. Pero, se o tes realmente claro podes facer o que che de a santa gana porque para algo o corpo é teu, e sempre pode acollerse un á filosofía "que me importa a min" o que diga a xente.

Anónimo dijo...

Vendo que o artigo segue dando de si, decidín descansa-los dentes e afrouxar tensións (as miñas) participando así nesta polémica quinceañera.
Manifesto, a pesares de Luika, que me agrego ó club dos aboiadores.
Concretamente: mencionas ese grupo de persoaxes como indivudos entrañables, a sociedade non entende o seu apaixoado modo de vida e ti deixas entrever unha clara devoción hacia eles, ¡quen os coñecera!, para darse conta da súa complexidade e aportación social. Confiando no teu ben facer espero que o colectivo do que falas sexa descoñecido para nós, un círculo de xente que ti descubriches e que sorprendentemente conxuga facetas ata o do agora impensables de encaixar, mentes privilexiadas que dende a variante a 200 km/h se preguntan, filosóficos eles, como é que non nos unimos o resto, pobres autómatas duha sociedade febril; porque, de non ser así, de estar a falar de persoaxes comunmente coñecidos entre nós e ti, aproveito a ocasión e declárome a favor de antigos e inconfesables métodos de tortura para aqueles que vivan de certo modo. Sí, son un esaxerado, pero cadaquen barre para a súa casa.
Xeralmente: os ollos tórnanseme cuncas de barro cando leo, estupefacto, como declarades ós catro ventos total indiferencia por calquera opinión que o veciño poida manifestar sobre vós (¿leva til?), por suposto que hai que gardar consideración coas posturas que os nosos colegas de sociedade poida manifestar a partir das consecuencias dos nosos actos ou da nosa forma de pensar, xa que nunha sociedade que se considere democrática (a min tamén se me enche a boca co vocablo) non son válidas tódalas ideoloxías ou formas de proceder, máis que nada polo ben de do grupo, “respeto a túa opinión pero non a comparto”, e unha merda, proclamo. Actúa de forma que non teñas que pedir perdón, e cando o consigas, cando alcances ese cume da sabiduría, poderás actuar con total indiferencia, se aínda che interesa.
Respecto ás vestimentas, o asunto véxoo de fácil resolución pero de fronteiras difusas nas diferentes opinións que pode causar. ¿De donde parte a problemática? O detonante poderíase situar en anos pasados cando só xente de determinados grupos cerrados posuía ornamentos, adornos persoais ou roupas peculiares que inmediatamente se identificaban cunha certa forma de pensar e actuar. De aí que moitos destes artículos como piercings, tatuaxes ou prendas de vestir singulares que hoxe en día todo o mundo adquire estañan comezando a ser vistos con normalidade e sen provocar sorpresa polas novas xeracións simule un xesto de rebeldía a ollos de outras non tan novas. Non obstante, non nos olvidemos de que este proceso é un bucle orixinado pollo afán de diferenciación da maioría dos seres humáns ó longo da súa vida e que por suposto non garda lado negativo sempre que se execute de forma solidaria. Agora ben, sexamos consecuentes e maticemos, temos dereito a queixarnos se alguén nos menosprecia precipitadamente pola nosa forma de vestir, pero non sexamos hipócritas e poñamos o grito no ceo, serán daquela os nosos actos os que poñan as cousas no seu lugar. Dacordo con isto, coincidiremos en que á hora de facer unha tatuaxe, leva-los pantalóns polos xeonllos ou colgarnos un pendiente, sexa na orella ou na pixa, sabemos ó que nos expoñemos, sexa xusto ou non.
Respecto á moda (para nada deporte ou arte) de personalizar o automóvil surxida alá polos 60´ nos EEUU cos “Muscle Cars” e hoxe popularmente coñecida como “tunnig”, qué decir como fan do automovilismo que son, o afán de mellorar a seguridade a seguridade, areodinámica ou estética do vehículo dun non ten porqué ser algo negativo, por iso admiro o traballo dalgunhos preparadores que ben se poden considerar artistas no seu e detesto toda a parafernalia chusqueira e barriobajera que hoxe en día infecta cidades e pobos, ¿quen lle deu permiso a ese energúmeno que o único que leu na súa vida é a Maxitunning a poñer unha sonrisa de satisfacción cando pasea no seu bodrio-sacrilexio- modificado co máis insultivo gusto que Pinninfarina ou Giugaro puideran contemplar? ¡Son xente especial! a min unha isla deserta, manifesto.
En fin aí queda para que non se diga que non aporto o meu gran a esta sociedade, esperando que non vos moleste no zapato.
PD:choros de crocodilo, dinme conta da extensión cando rematei. Saúdos a faragullas e tresillo e sorte cos exames.
PD2:Luika:co asunto das relacións cada un é libre de medrar experimentando como lle de a gana, agora ben, chegados a certa idade é hora xa de actuar dunha forma máis responsable para con un mesmo, pois xa o dixo a filosofía: a promiscuidade pode causar certa satisfacción a corto plazo e incluso pode ser a vía de escape para apuros polos que pase a alma, pero é ben seguro que á larga só pode xerar un vacío existencial cada vez máis difícil de ver.