16 ene 2007

ATREVINME A ABRIR A BOCA (mais non me deterei) por tresillo



I
[...]eu non son senón un insignificante madeiro abandoado pola resaca
un puñado de area e follas mortas
e confúndome coas areas e cos restos do naufraxio.
Oh! desconcertado, frustrado, humillado ata o pó
oprimido polo peso de min mesmo
POIS ATREVINME A ABRIR A BOCA
sabendo xa que no medio desa verbosidade cuxos ecos oio, afogaría.

Xamáis sospetei que o quen son
a non ser que, ante todos os meus arrogantes poemas
o meu eu real esté de pé, impasible, ileso, non revelado
señeiro, apartado, escarnecéndome con señas e reverencias burlonamente amables
con gargalladas irónicas a cada unha das verbas que escribín
indicando en silencio estos cantos e, logo, a area en que asento os meus pés.

Agora sei que nada comprendín, nin o obxeto máis pequeno
e que ningún home pode comprendelo.

A naturaleza está aquí á vista do mar
aproveitándose de min para golpearme e para ferirme
PORQUE ATREVINME A ABRILA BOCA PARA CANTAR.

[...]Existo como son, con eso basta,
E se ninguén o sabe doume por satisfeito,
O mesmo que si todos e un a un o saben.
Hai un mundo ao que teño polo maior de todos, que son eu e que o sabe.
[...]
A base onde poño os meus pés é de granito.
Riome cando din que pode disolverse,
porque conozo o que dura o tempo.

Fragmento de "Co refluxo do océano da vida", de Walt Whitman.

II
Non deixes que remate o día sen medrar un pouco,
sen ter sido feliz, sen ter aumentado os teus soños.
Non te deixes vencer polo desalento.
NON PERMITAS QUE NINGUÉN CHE QUITE O DEREITO A EXPRESARTE,
PORQUE CASI É UN DEBER
.
Non abandoes as ansias de facer da túa vida algo extraordinario.
Non deixes de crer que as palabras e as poesías
si poden cambiar o mundo.
[...]
Non caias no peor dos errores:
o silencio.
A maioría vive nun silencio espantoso.
Non te resignes.
Fuxe.
"EMITO OS MEUS ALARIDOS POLOS TEITOS DESTE MUNDO".

Fragmento de "Non te deteñas", de Walt Whitman

5 comentarios:

Anónimo dijo...

ENEIDA

É que meu amigo tresillo (xa me explicarás o do nick) se che queren tapala boca? Eles son os necios, non ti. Confunden os teus intelixentes e provocadores exabruptos con insulto. ¿E que?. Sei que resulta difícil ser un inadaptado coma ti, pero disfrutao mentras podas. Máis cedo que tarde volveraste un burgués e deixarás o politicamente incorrecto para mellor vida, sobre todo túa. Coido que disfrutamos case todos das túas "peculiares" teses, esteamos ou non dacordo. En calquera caso, eu non che confundo a pedantería coa altura crítica. De novo, que sepas que gosto do que escribes e que, máis alá da túa cerrada e provocadora visión do mundo feminino, prefiro sentirme estimulada intelectualmente que engalanada por cadeliños quentes de pouca monta.

Anónimo dijo...

Joder Tresillo, menos mal que estás tu pa poñer algo de agricultura no bló. Eu tiña preparada unha tesis sobre o pensamento nietzscheano, pero xa que entrache tu con Walt, reservóma. Ademáis estas pezas veñen moito máis a conto. Pa cando unha análise da obra de Joyce? jeje.

que_me_importa_a_min dijo...

Tresillo, coa súa habitual retranca, pon a nota cultureta neste blog cun tema que ven como anel o dedo ó que está a pasar nesta casa de tol@s... Walt Whitman!!! entendes??? o poeta das Follas de Herba... sería americano ou de Sanci? (jijiji, só unha mente prodixiosa sería capaz de facer un chiste tan malo. E xa aproveitando, saúdos cordiais á pixinada toda).

Por suposto, e con tódalas consecuencias (ex. ter que aguantar improperios de todo tipo), súmome a este berro (mandamento do quemeimportaamin!!!) de NON CALARÁS. Ja me maten.

XOGADOR DE CHICA.

Anónimo dijo...

Efectivamente, atrevichete a abrir a boca, e en certo comentario escribiche(cito textualmente): "O home que mellor "leva" ás damas "bailando" do mundo". A ver campeón!!!. Sabes que ainda tes moito que andar para chegar ao nivel de o mellor bailador de cervo, que como xa sabes rexenta un bar, e ademais está disposto a retarte cando, como, e donde ti queiras a un duelo de levadores de damas. Polo de agora inda che falta un pouquiño de soltura na cadeira, inda non das feito os oitos, e tamen se bota de menos unhas pequenas plataformas, xa que a moitas damas, meteslles o fuciño no canalillo. Corta o pelo e faite un home. Sin rencor!

por: PACO JONES OSMEUS

P.D: inda che falta moito para cantar como Marc Antonio, escolle algo mais facil nos karaokes.
Hasta ayer. un saúdo.

que_me_importa_a_min dijo...

Chavaliño, tes que darte conta de que ao marxe da altura, teño que superar un obstáculo que me dificulta o movemento da "cucaracha" (os oitos, vamos)...tal obstáculo define por suposto o meu nick. E é que ao marxe do mesmo, non se trata de bailar mellor ou peor, senón que, cando as mulleres se sinten acollidas polo meus brazos, derrítense no escaso aire que lles queda entre o seu corpo e o meu...eu son un clásico, un llentelman.
Ti o que fás e marealas como perdices e extenualas con tanto "xirarei de Gil Regos" (aínda que non tes o nivel de cerveciñasfríaas).
En fin, paksariño!!!recordoche que a Marco Antonio Electroman cantámolo a dúo, incluso recibimos aplausos, hei de reconocer que somos criminales pero baixalle doce ou quince tonos antes de pintar a mona no karaoke!!!

Un saúdo dende a biblioteca de Dereito!!!Buff, vaia sudada levo!!!aquí si que lle daba eu á cucaracha!!!

TRESILLO