22 ene 2007

MULLERES INFIEIS por Tresillo


Que as mulleres son infieis cando se aburren no seu matrimonio parece ser a conclusión á que chega esta película, despois de moitas obviedades e diversificacións do guión sen moito sentido. A película quédase únicamente no lado frívolo do tema que trata . Os homes só teñen na súa cabeza os seus estúpidos intereses que non lles permiten satisfacer as necesidades das súas respectivas (realizadas via terceiros ou non). Elas só responden á ausencia ou á vinganza, logo, sempre cabe xustificar tal comportamento porque na maioría dos casos hai un sentimento de por medio, cousa da que carece a infidelidade masculina. Recoméndolla ver a todo dios aínda que é malísima...pero en fin, seguro que pode dar que debatir a natureza da infidelidade sexa masculina ou feminina e como se tratan as mesmas nesta etiquetada sociedade.

11 comentarios:

que_me_importa_a_min dijo...

Tresillo, volta outra vez co mismo... está claro que es un MISÓGHENO!!!

XOGADOR DE CHICA.

Anónimo dijo...

Eu pasao das tuas recomendacios de cine e non quero VOLVER a ese tema quedache claro .

iceman

que_me_importa_a_min dijo...

Efestivamente,cando poñemos nos os cornos somos uns cabros e fillos de ...,e cando son elas e que e culpa nosa por non facerlles caso ou porque necesitan un tempo.En fin unha historia de nunca acabar....
Tresillo,tio, xa ta ben con tanta muller por medio,que non o merecen

O HIPER..

Anónimo dijo...

hai que ver cómo vos rallades coas tías... a ver si vades crer que unha muller nunca pon os cornos porque lle apetece un bo polvo ou porque bebe de máis, sen sentimento nin nada que lle reprochar ao respectivo...
é unha putada, fáigao quen o faiga

Anónimo dijo...

Querido Iceman...non nos importa se queres ou non volver, quédate onde estás, ousexa, en ningún lado.
Respecto da película, a min non me digustou. Máis alá en que coincido que é un tanto frívola no tratamento do tema, pareceume unha comedia de situación bastante decente.
En canto o tema, pois coincido con Tresillo en que é complexo tratar a natureza da infidelidade, sexa feminina ou masculina. Dende logo a película parte de tópicos e trata de facelos reais a través de historias que se amoldan aos mesmos. Pero creo que, sobre todo as mulleres, precisamos ver este tipo de relatos para saber quenes somos, onde estamos e a onde vamos; e tamén, se a visión mitificada da feminidade ten algo de real ou non.

ENEIDA

que_me_importa_a_min dijo...

Prezada Eneida, gran debate o prantexado pero, permíteme que eu non che de cumprida resposta sobre o mesmo. Creo que ese debate sobre a mitificación da feminidade do S.XXI e as súas consecuencias, é un tema interesante para discutir, pero creo que vos concirne máis a vós e, en calquera caso e sin ánimo de situarme nunha posición victimista, creo que todo o que puidera expresar aquí estaría mal entendido (como no caso que nos trae, é dicir, a película). Espero que "algunha das asiduas" a este foro, ao marxe de aportar as súas sustanciosas e brillantes disertacións sobre os algoritmos de DIJKSTRA ou HUFFMAN, teñan a capacidade e o gusto de debatir contigo deste tema que para elas supón algo máis trivial e moi por debaixo das súas capacidades. Eu abstéñome polo de agora, ou polo de sempre (exercendo de bo galego, que coño!!!).

TRESILLO

Anónimo dijo...

Sintoe moito, pero non creo que deba ver este tipo de películas para saber quen son, onde estou ou onde vamos. Todos somos persoas, e como tales somos diferentes...todos somos infieis algunha vez..con amigos, con familiares, con nos mesmos....Cada caso é diferente e esta película segue un tópico como aquel de que "todos os homes son iguais", tópico, entre moitos outros, co que non estou de acordo.

Anónimo dijo...

querida Eneida e moito mellor parecer parvo por non falar que falar e despexar todas as dudas. O comentario que fixen ben sabe o meu querido Tresillo a donde vai dirixido. Eu non teño que VOLVER a ningun lado porque non vai por ahi o tema, pero si non sabes de que se fala e mellor......... QUE CALES.

ICEMAN

que_me_importa_a_min dijo...

Iceman...esta Eneida é brava de carallo, oichessss!!!Eu non digo nada porque, para unha que fala ben de min, mellor non meter a pata. Pero teño que dicir ao teu favor que tés razón, para unha vez que utilizas unha licencia literaria coño!!!O de VOLVER, querida Eneida, vai por esa película de PEDROOOOOOOOOO!!! que non foi nominada aos Oscar, pero que me pareceu moi decente. Aquí o Iceman, ten unha opinión un pouco distinta (je,je!!) e o chaval parece que non comparte moito os meus gustos cinematrográficos: excepto no veneno, claro.
Iceman machiño, xa veremos Roqui Vilaboa para compensar!!!

TRESILLO

Anónimo dijo...

Voume xuntar un día co Iceman e vamos ver "serpientes en el avión", "los bingueros", "misión imposible 3" e a fundamental "fue a por trabajo y le comieron lo de abajo". QUE LLE DEN POLO CÚ Ó ALOMODÓVAR!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

Anónimo dijo...

Tase amariconando o debate. Aquí xa non hai paus nin hai nada. Salvo Eneida que segue igual de batalladora. Bravo por ela!! Eso sí, rompícheme con que necesitas ver esas pinículas pa saber quen eres e a onde vas. Cómo oh???