25 ene 2007

GALEGOS OF THE WORLD... DEFINÍDEVOS!!! xogador de chica


A esas horas da noite, Farruquito excusábase na tele. Que sí, vale, que atropelei a un tipo nun paso de cebra, veña... Que conducía coma un tolo? Sí home sí, se nin sequera tiña carné e incluso me dín á fuga, jua, jua, jua... Non é gracioso? Pero é que eu, con este pelaso que gasto, creo que teño dereito a pasarme polo forro dos collóns a Pepa, a ONU, a Gómez de Liaño e o código penal enteiro... entendes??? Que fun á cárcel porque quixen eu, que se entere tododiós.

Pero este non é o caso ó que vou referirme. Resulta que, mentres vía cun ollo como Farruquito estaba a piques de explicar a nova “prepa” que lle fixo ó coche, lía co outro a edición galaica de “El País” (que naconalistas estamos todos agora que gobernamos “en Bloque”), e atopei unhas verbas realmente inspiradoras que me fixeron ve-la luz; o gurú en cuestión era Don Xosé Ramón Barreiro Fernández, presidente da Real Academia Galega. Falaba dos sinais de identidade do pobo galego, referíndose á lingua: “non é a única (diferencia), pero sí a máis importante, a máis visible; é a fronteira simbólica, porque nos permite saber os que están dentro da FORTALEZA e os que están fóra...” Tamén falaba doutros elementos que nos fan distintos ó resto; “un folclore propio, uns usos e costumes, unha forma de entende-la vida, unha forma de entende-la morte...”

En tempos de galeguismo "light", Barreiro deu coa clave; posiciónate, estás fora ou non da FORTALEZA? A partir de agora, teño claro o meu obxectivo vital; axudar a marcar as diferencias, determinar o paso ou non cara a nosa heroica e inquebrantábel muralla numantina (que non se me enfaden, é so un adxectivo)... galega (por suposto!!!). Para iso, elaborei este humilde cuestionario (que falades galego dámolo por suposto, considerámosvos intelixentes...):

FOLCLOR: Prefires as cancións dese negro fumeta que só se duchaba os días de eclipse de sol, Bob Marley, ou defendes como un home (galego) os temazos atemporais de Montse & Luís Queimada???
-Elixe un tema: 1) “A laranxa foi á fonte”, monumental cançao da nosa compañeira de blog, Uxía. Ou 2) Yesterday, balada melodrámatica dese grupo de chuliweys ingleses que tiñan por batería a un tipo con nome de can e pelo de Mazo Legs.

USOS E COSTUMES (ex. SOBREMESA): Antepós a trapallada esa da pizza margarita ó sublime e con maiúsculas Cocido De Lalín???
-Cervexa alemana ou Ribeiro (Albariño)? Non me veñades coa Estrella Galicia, estamos nunha situación dramática e non hai términos medios.
-Lava-los dentes ou escarbas co palillo como as persoas decentes???
-Café, chupito e faria ou Chester e a mariconada esa da infu relax???
-Para rematar; practicas o xogo castelán e centralista do Mus, ou o auténtico, xenuino e noso, tute????

FORMA DE ENTENDE-LA VIDA: Que figura foi historicamente máis importante, Nelson Mandela ou Xosé Manuel Beiras???
-Prefires os monólogos de Quique San Francisco ós do heroe da nacóm Carlos Blanco, que nos fai rir á par de limparnos a cabeza de parafernalia?
-Cambias a auténtica Biblia do entretemento televisivo que é “Luar” polo puto pimpín ese de “House”, que vai de guay e aínda non probou o licor café???

FORMA DE ENTENDE-LA MORTE: O enterro; 1 cura ou 7? Con plañideiras ou sen plañideiras?

En fin... Defínete porque, na FORTALEZA, non queremos galegos “a medias”; só pura raza.

6 comentarios:

Anónimo dijo...

Eu debo ser galego fortalecido, porque non sei...depende...pa gustos...eu vótolle ó que me asfalte a entrada da casa...e xa non se pode ir ós lámparos...Teño que ser galego a forza porque non me decido!

que_me_importa_a_min dijo...

Criminaaaaaaaaaaaaaaaaaallllllllllll!!!parece que este Xoves pide unha mangada ao besta, porque estamos dun inspirados que nin a Virguen do Pílar. Vaia putada esta de ter exames...ter exames, non estudiar!!!Noraboa por esta ENSAIO profundo da NÓSA AGRICULTURA COPULAR, CAMIÑO DA NACON DE BREOGÁN e que me importa a min o mundo.
Eu elixo ser SUPERGALEGO, pónseme a coleta de punta (a do pelo, a outra está todo o día igual, tanto chapar na biblioteca de dereito é o que ten) e de cor amarela como eses fantásticos debuxos de SONGOKU, que xa son patrimonio da cultura naconal. Só que nunca chegarei a ter o nivel 4, do KIN BALL GZ (as pelotas de Quintana son supergalegas) porque no referente á morte son coma o ARAGÁN DE SEVILLA (cultura superchunga de moros) que, segundo conta a historia...

Disque había un tipo tan folgazán, vago e maleante (viva paco!!!) en Sepixa que dado que o rapas non quería nin levantarse na cama, os veciños meterono no ataude para enterralo vivo. O tipo sei que non fixo ademán de rebotarse, así que se dispuxeron a ir en procesión cara o cementerio coa caixa ao hombro (FUNERARIAS HONORATO, LO MEJOR Y MÁS BARATO patrocina este entierro). A cuestión foi que un quillo con certa compaixón dixo:

- Oztia quillos, haber johe, que tampoco eh pá ponrze azí, cohone...haber Aragán, macho, no hase falta que haga ná, si quiere hazta te damo nozotro de come...

Entón o Aragán, todo cheo de razón, larga a cuestión esencial da vida do folgazán:

- ¿Masticado o por masticar?

Ao que o outro responde:

- Oztia quillo, por mazticar, mi santo cohone..

E o gran filósofo contesta:

- Pué que ziga el entierro...

Eso sí que é identidá naconal, e non mamonadas...

TRESILLO

Anónimo dijo...

Pues debo estar fuera de la "fortaleza" porque el primer requisito ya no lo cumplo...eso no quita no me sienta tan gallega como el que más....e que conste que eu tamén sei falar a miña lingua, eso si, e isto seguro que lle gusta o meu tresillo...o meu galego si é normativo, e polo tanto...non vale nin para ir a patacolandia. galego é o voso...pero...non deixarei de intentalo. bicos

Anónimo dijo...

Buuu neno, taba eu por eiquí nesto do internet vendo chorbas en bolas cun colega que sabe ler e escribir(no desguace nadie te obriga a dominar eses arte, mamones) cando me preguntei “¿pero que di este pavo?”, eu son galego nacido no hospital de burela e non sei de que diantres estás a falar. ¿esas persoas que mencionas existen ou son unha coña tío?. De todas formas, e pola proximidade dos nosos pobos intentarei respostarche:
En canto ó folclore, despois de que a cabeza me comezara a botar fume acabei por decatarme de que eses termos e cantates dos que falan non figuran na miña base de datos; pero meu, ¿é que non sabes quen é Erik Morillo ou Carl Corx? ou, máis próximos, ¿Dj Tiesto ou o do almera gris?, joder meu, a merda da que falas non a botan no Cairo, menos mal…
¿De que me falas?, maldito pijo ricachón…¿pensas que cando miña nai volta á casa despois de realizar horas extras co patrón de turno ten cartos ou tempo pa darme comida desa que dis?, so a veces McCoy me deixa levar algún anaco de pizza pa casa se non caín ese día da moto mentres facía algún reparto. Logo do papeo, nada como o fumeteo e de poker nin me fales que xa tiña fundido o soldo a día catro.
¿Sigues cos nomes raros?joder cos que tendes agricultura…eu non vexo esas mamonadas, a esas horas tou no quinto sono e cando esperto o único de interese é Cuatrosfera, e digo interese pola Kira Miró(moito), porque…¿quen soporta a ese clon de Curro Jiménez que é Ernesto Sevilla?, ¡din que ten gracia!, ¿onde?(ou será dese humor intelixente e contemporáneo do que tanto se fala agora, sexa como fore non o capto). E do chuletas ese de House nin me fales tío, menudo noxo, aquí o menda a única sangue que soporta é a que lle sae ó meu colega polo nariz ás dez da mañá cando voltamos á casa pola vía do tren.
En fin meu voume que auí o meu colega chusky (con “k”, eh?!)vaime ensinar as novas llantas 17” que mercou en Frenos Carpe aproveitando a extra de navidade e a chochería de súa avoa e recente cobro da pensión. Vai flipar o saxito. Aí ficas pasmón, eu son galego de pura cepa e que carallo me contas.

PD: perdón polo espallamento
METODISTA

Anónimo dijo...

Amarillo S., a túa indecisión e os teus principios políticos fante galego de pura cepa; estás salvado, compañeiro!

Tresillo; trataremos de eliminar esa túa vagancia conxénita (xa sabes que na nosa nacóm vaise á horta incluso os domingos). Pero penso que aínda estás a tempo de ser un galego de verdade (iso sí, non te tires da moto, que Quin Ball GZ é tan galego que os seus pelos do peito debuxan o mapa antigo das 7 provincias.)

Quechua (intúo), guapísima, quedas absolutamente excluída da nosa FORTALEZA impenetrábel, que distingue entre os galegos que irán ó ceo e os galegos que irán o inferno... que o Deus Castelao perdoe os teus pecados! (dí Xosé Ramón Barreiro, galego de nível 4).

(un bico e cuidese moito).

Respecto a ti, adefesio humano, ese "bu neno bu" pode facerche gañar puntos no proceso que se che vai abrir por crimes contra a cultura galega (como o de cambiar o tute polo poker, Cuatroesfera polo Supermartes, ou comer as sobras de pizza de McCoy antes que tres platos de caldo). Da grazas que non te acusemos de sedición!!!

Que me importa a min o deportivo.

Anónimo dijo...

Non te deixes enganar polo meu nick, son galego de pura cepa. Senón aí vai a proba.
1.-Nin Bob Marley nin po..., donde estea Cañitabrava.
2.- Como tema en galego, non olvidar o clásico "Fai un sol de carallo" de Antón Reixa.
3´.- Para comer un bo churrasco (de todos é sabido que non me gusta a pizza, e sen chiste fáciles, que me gusta a pixa tanto coma o que máis, como diría rochostone: o churrasco comese coas mans e a pixa coa boca), e que corra o caldo frío ¡viva O Rosal!. E para rematar, café e chupito de herbas, por suposto, o do puro vamolo deixar, ter todos os vicios faiseme moito para o corpo e quería chegar a vello.
Logo non pode faltar o tute, e se falta xente cabrón, non te quero insultar xogador de chica, refirome que si solo hai tres, se xoga o tute cabrón.

Un saúdo e non vos enchades moito este finde, xa bebo eu algo por vosoutros ja,ja.